Guía de procedementos e servizos

PR477A

Autorización para espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Este decreto ten por obxecto regular o procedemento para autorizar a celebración dos espectáculos públicos e das actividades recreativas recollidos no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia, e sempre que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 4.a) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. O código do procedemento para a súa identificación na sede electrónica é PR477A.

Persoa, física ou xurídica, organizadora do espectáculo público ou da actividade recreativa.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Rúa Roma, 25-27

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546417/ 981546412

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor ao mes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. Este decreto será de aplicación a todo tipo de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no ámbito de aplicación da Lei 10/2017, do 27 de decembro, que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para os efectos do disposto no artigo 2.2 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, terán a consideración de actos e celebracións de carácter privado ou familiar:

a) As excursións, andainas, rutas de sendeirismo ou actividades semellantes organizadas polos centros educativos para o seu alumnado.

b) As peregrinacións organizadas por entidades ou asociacións de carácter social, cultural ou relixioso para as persoas membros delas.

c) As actividades de carácter deportivo, turístico ou cultural organizadas por entidades ou colectivos con carácter exclusivo para as persoas membros delas e con menos de 50 participantes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo a este decreto e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. A persoa organizadora do espectáculo público ou da actividade recreativa deberá solicitar a autorización do órgano competente, cunha antelación mínima de 30 días da data prevista para a súa celebración.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co disposto no número 4 do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algún dos suxeitos a que fai referencia o artigo 14.2 e 14.3 presenta a súa solicitude presencialmente, as administracións públicas requirirán o interesado para que a emende, a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https:sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

3. Aquelas persoas organizadoras non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e nas oficinas de asistencia en materia de rexistros das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación necesaria para a tramitación das autorizacións de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter non competitivo

1. As persoas organizadoras deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A memoria co seguinte contido mínimo:

– Os planos do percorrido, a relación detallada de municipios polos que discorre e as vías afectadas.

– A descrición do espectáculo público ou da actividade recreativa que se vai celebrar.

– O horario de inicio e finalización do espectáculo público ou da actividade recreativa.

– A indicación de que non existen instalacións portátiles ou desmontables.

b) O cartel ou programa co cumprimento dos requisitos do artigo 20 da Lei 10/2017, do 27 de decembro.

c) O título habilitante necesario segundo a normativa de aplicación no suposto de existiren instalacións portátiles ou desmontables.

d) A acreditación de ter subscrita e en vigor unha póliza de seguro de responsabilidade civil nos termos establecidos na Lei 10/2017, do 27 de decembro.

e) O xustificante do pagamento da taxa administrativa correspondente (código 30.40.01).

f) A relación do persoal encargado da vixilancia cando se prevexan concentracións superiores a 100 persoas, agás no caso de que os concellos polos que discorre a proba acrediten a disposición dos efectivos de Protección Civil ou de Policía Local necesarios para tal fin.

g) A acreditación da dispoñibilidade dos terreos, achegando todos os informes que sexan precisos emitidos polos distintos organismos ou administracións competentes.

h) A declaración responsable da acreditación do cumprimento das medidas en materia de seguridade, especificando as medidas de sinalización do espectáculo público ou da actividade recreativa e os dispositivos de seguridade con que conta nos posibles lugares perigosos.

i) O plan de autoprotección nos casos en que sexa necesario, de conformidade co disposto no Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia.

j) A acreditación do cumprimento do disposto na Instrución 2/2018, do 26 de marzo, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre instalacións eléctricas temporais de feiras e casetas de baixa tensión, nos casos en que sexa procedente.

k) O informe dos concellos en que se desenvolva o espectáculo público ou a actividade recreativa, sobre a súa viabilidade.

l) O informe da xefatura provincial de tráfico correspondente nos supostos en que afecte a seguridade viaria ou teña lugar o peche total ou parcial dalgunha vía obxecto da lexislación sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

2. As persoas organizadoras obrigadas á presentación electrónica da solicitude deberán presentar a documentación complementaria tamén por vía electrónica. Se algunha das persoas organizadoras presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderase consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos ou falta documentación preceptiva, requirirase a persoa interesada, conforme o previsto nos números 1 e 4 do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que, nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se dará por desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

6. As persoas organizadoras responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa organizadora, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. O órgano competente resolverá outorgando ou denegando a autorización solicitada no prazo máximo de trinta días desde a data de entrada da solicitude no órgano competente para resolver. Unha vez transcorrido ese prazo sen notificarse a resolución expresa, a persoa organizadora poderá entendela rexeitada.

Documentación necesaria para a tramitación das autorizacións de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter competitivo

1. As persoas organizadoras deberán achegar coa solicitude, ademais da sinalada no artigo 8.1, a seguinte documentación:

a) A póliza do seguro de accidentes que teña como mínimo as coberturas do seguro obrigatorio deportivo.

b) A declaración responsable da acreditación dos servizos sanitarios dispoñibles, de conformidade co establecido no artigo 12.

2. As persoas organizadoras obrigadas á presentación electrónica da solicitude deberán presentar a documentación complementaria tamén por vía electrónica. Se algunha das persoas organizadoras presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderase consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos ou falta documentación preceptiva, requirirase a persoa interesada, conforme o previsto nos números 1 e 4 do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se dará por desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

6. As persoas organizadoras responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa organizadora, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. O órgano competente resolverá outorgando ou denegando a autorización solicitada no prazo máximo de trinta días desde a data de entrada da solicitude no órgano competente para resolver. Unha vez transcorrido ese prazo sen notificarse a resolución expresa, a persoa organizadora poderá entendela rexeitada.

Probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos en vías ou terreos comprendidos na regulación sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria

As probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos en vías ou terreos comprendidos na regulación sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria rexeranse pola normativa específica de aplicación.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa organizadora.

b) NIF da entidade organizadora.

c) DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas organizadoras se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas organizadoras a presentación dos documentos correspondentes.

Servizos sanitarios nos espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter competitivo

1. A organización disporá a existencia, durante a celebración do espectáculo público ou da actividade recreativa, da presenza obrigatoria, como mínimo, dunha ambulancia e dun médico para a asistencia de todas as persoas participantes, sen prexuízo da súa ampliación con máis persoal sanitario, na medida en que se considere necesario.

2. Nos espectáculos públicos ou nas actividades recreativas cuxa participación supere as 750 persoas, contarase cun mínimo de 2 médicos e 2 ambulancias, e deberá engadirse, como mínimo, unha ambulancia e un médico por cada fracción suplementaria de 1.000 participantes.

Instalacións portátiles ou desmontables

1. No suposto de que exista algún tipo de instalación portátil ou desmontable nos termos establecidos no artigo 3.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a persoa organizadora deberá achegar, xunto coa solicitude de autorización, o correspondente título habilitante expedido polo concello correspondente para a devandita instalación.

2. De non existir ningún tipo de instalación portátil ou desmontable, a persoa organizadora deberá facelo constar expresamente na documentación achegada coa súa solicitude.

Prazo de resolución:

Treinta días

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 98/2020, do 2 de xullo, polo que se regula o procedemento de autorización da celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 139 do 14 de xullo de 2020)

    • Corrección de erros. Decreto 98/2020, do 2 de xullo, polo que se regula o procedemento de autorización da celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 145 do 21 de xullo de 2020).

    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303B

Autorización modificación de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303C

Cancelación da inscrición de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano