Guía de procedementos e servizos

PR461E

Inscrición proceso selectivo unitario vixilante municipal. Oposición Libre.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 10/07/2023 00:00 - 07/08/2023 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Aprobar as bases xerais reguladoras e convocar o proceso selectivo unitario para o acceso por oposición libre nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade, subgrupo C2.

Persoas aspirantes a vixilante municipal.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206109/ 886206116/ 886206135/ 886206127

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

10/07/2023 00:00 - 07/08/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén nos boletíns provinciais das catro provincias galegas.

As persoas interesadas en participar no proceso deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal funcionario os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, se é o caso, da idade de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do título oficial de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Así mesmo, haberá que aterse ao establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario de que a persoa fose separada ou inhabilitada.

f) Carecer de antecedentes penais por delito doloso.

g) Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que é o anexo I desta orde.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Taxas.

1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar dentro do prazo de presentación de solicitudes en concepto de dereitos de inscrición o importe de 26,99 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes.

Para o pagamento da taxa deberase actuar da seguinte maneira:

– Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

– Pagamento electrónico-con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterán o xustificante 730 correspondente.

– Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na solicitude, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira deberá achegarse coa solicitude de participación no proceso o xustificante selado pola entidade bancaria.

Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Deportes   Código 04

Delegación: Servizos Centrales   Código 13

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública   Código 19

Taxa: Denominación: Inscrición nos procesos selectivos para a selección de vixilantes municipais   Código 30.03.04

A falta de pagamento da taxa correspondente, se é o caso, determinará a exclusión no proceso da persoa aspirante, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

A presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

Exención e bonificación no aboamento da taxa.

1. Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

– Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

2. Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

– Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste artigo, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a documentación que figura nas letras b), c) ou d) do punto 3.5.1 desta orde.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas no proceso deberán achegar coa solicitude correspondente ao procedemento PR461E (anexo I) a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa (código 30.03.04).

b) Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

c) Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

d) Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e) Certificado de Celga 3 ou equivalente, sempre que non sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, de ser o caso.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

Para a tramitación do proceso consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Título oficial non universitario exixido (graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente).

d) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

e) Consulta dos permisos de conducir da persoa solicitante.

f) Certificado de Celga 3 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia.

b) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

c) Situación de desemprego.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para o acceso por oposición libre nunha praza de vixilante municipal no concello de Rábade (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2023).

    • Resolución do 24 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso na praza de vixilante municipal no Concello de Rábade, convocado pola Orde do 6 de xuño de 2023 (DOG nº 165 do 31 de agosto de 2023).

    • Resolución do 9 de outubro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o ingreso nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade (DOG nº 199 do 19 de outubro de 2023).

    • Resolución do 19 de outubro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Resolución do 14 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a convocatoria do proceso selectivo unitario por oposición libre de praza de Vixiante Municipal no Concello de Rábade (BOE nº 162 do 8 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469A

Rexistro de Protección Civil: sección de agrupacións de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano