Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR460A
Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de Galicia, en diante AVPC, segundo recolle o artigo 72 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e convocalas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva.
Con estas axudas preténdese colaborar economicamente coas AVPC nos gastos de natureza corrente para posibilitar o seu funcionamento dentro dos respectivos concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.
Destino das subvencións.
As subvencións poderán ser destinadas a:
1. Equipamento e vestimenta persoal de uniforme, de acordo co establecido no Decreto 123/2014, do 18 de setembro, polo que se regula a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario, e a Orde do 24 de febreiro de 2015 que o desenvolve.
2. Equipamentos de prevención e de protección, sempre que se trate de material funxible (incluído material da caixa sanitaria).
3. Gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil.
4. Gastos ocasionados pola conservación, mantemento e/ou alugamento da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, así como os gastos de comunicación fixos e móbiles de voz e datos.
5. Pagamento de seguros do persoal voluntario de protección civil ou outro tipo de seguros relacionados cos medios e desenvolvemento do traballo e das tarefas da AVPC.
6. Gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.
7. Equipamento do material informático e de comunicacións, sempre que en ambos os casos se trate de elementos funxibles.
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as AVPC de Galicia legalmente constituídas, sen fins de lucro.
Obrigas das entidades beneficiarias.
As entidades beneficiarias destas subvencións deberán cumprir as obrigas sinaladas con carácter xeral no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; en concreto, as seguintes:
a) Cumprir o obxectivo ou realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
b) Comunicarlle, vía telemática, á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a súa aceptación ou renuncia no prazo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución.
Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
c) Someterse a calquera actuación, comprobación e control financeiro efectuado tanto polo órgano concedente como polas entidades de control competentes autonómicas, estatais ou comunitarias, para o cal se achegará calquera información solicitada no exercicio desas actuacións. En especial, deberán facilitar a información que lle sexa requirida por esta vicepresidencia e consellería, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou polo Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a modificación das circunstancias que desen lugar á concesión da subvención, en canto se coñeza, ou ben, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Achegar os documentos xustificativos, tal e como se prevé no artigo 16.
f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto de actuacións de comprobación e control. En calquera caso este período non será inferior a 5 anos.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Emerxencias de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294551
Fax: 982294561
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil
Servizo de Protección Civil
R/ Roma, 25-27. Fontiñas
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546024
Fax: 981546002
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Emerxencias da Coruña
Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184455
Fax: 981185994
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Emerxencias de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386052
Fax: 988386056
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Emerxencias de Pontevedra
R/ FERNÁNDEZ LADREDA, 43-9º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805500
Fax: 986805404
Prazo de presentación: PECHADO
20/01/2021 00:00 - 19/02/2021 23:59
A correspondente solicitude, dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Xustiza e Turismo, presentarase dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
a) Estaren inscritas no Rexistro de agrupacións de persoal voluntario de protección civil ou ter presentado oficialmente a solicitude de inscrición nel; neste caso, a concesión da subvención quedará condicionada á inscrición efectiva, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter dependencia funcional dun concello de menos de 50.000 habitantes, mancomunidade ou agrupación de concellos e posuír o NIF propio como asociación.
c) Xustificar o investimento e liquidación de subvencións concedidas en anos anteriores, segundo o disposto nos artigos aplicables da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e concordantes, e do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de tal forma que a non xustificación deste investimento e liquidación comporta non poder optar ás subvencións nos seguintes exercicios.
d) Non ter sido condenados por sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións públicas, estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Cumprir o disposto no artigo 54 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e contratar un seguro de accidentes, así como de responsabilidade civil.
Iniciación de presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR460A) a esta orde, onde se acepta e se declara o seguinte:
a) Que a entidade que solicita a subvención cumpre e acepta as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria.
b) Que reflicte o conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións, solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
c) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que a AVPC non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.
e) Que a AVPC está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro, de acordo ao previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia; esta declaración será documento suficiente para a dita acreditación.
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria das actuacións levadas a cabo pola agrupación no ano 2020.
b) Certificado da entidade aseguradora en que indique o número de persoal voluntario de protección civil asegurado no seguro de responsabilidade civil e accidentes. No caso de estar incluídos dentro das pólizas de seguro do concello, mancomunidade ou agrupación de concellos, remitirase unha certificación do/da secretario/a destas entidades en que se indique o número de persoal voluntario de protección civil incluído nela. O número de persoal de protección civil asegurado no seguro de responsabilidade civil e accidentes será consignado no anexo I na epígrafe correspondente.
c) Certificado do órgano competente da mancomunidade ou agrupación de concellos no cal se indique a prestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil.
d) Certificado ou declaración dos servizos de emerxencia provinciais ou das entidades locais a que se refire o artigo 11.2 desta orde. Tanto os datos de mobilizacións do certificado ou declaración de entidades locais coma dos servizos de emerxencia provinciais serán consignados na epígrafe correspondente.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se deba presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. A presentación da solicitude leva implícita a autorización para a publicidade, inscrición no rexistro procedente e o tratamento necesario dos datos persoais das entidades beneficiarias para esas finalidades, así como a especificada no artigo 12, por exixencia normativa, segundo se establece no artigo 19 desta orde.
4. O defecto na solicitude seralles notificado aos interesados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que é o órgano competente para a instrución do procedemento, por medios telemáticos, e de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo improrrogable de dez días para emendaren os erros ou omisións.
Transcorrido este prazo e de non se producir a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante no caso de non ter solicitado a subvención no ano 2020 ou existir variación de datos respecto a esa solicitude.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración doutras axudas para os mesmos fins (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 11 do 19 de xaneiro de 2021).
-
Extracto da Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 11 do 19 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 23 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos (Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro de 2021) (DOG nº 86 do 7 de maio de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de agrupacións de persoal voluntario.
Aberto todo o ano