Guía de procedementos e servizos

PR460A

Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 16/05/2017 00:00 - 15/06/2017 23:59

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de Galicia (en diante, AVPC), segundo recolle o artigo 72 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva.

Con estas axudas preténdese colaborar economicamente coas AVPC nos gastos de natureza corrente para posibilitar o seu funcionamento dentro dos respectivos concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.

As subvencións poderán ser destinadas a:

1. Equipamento e vestimenta persoal de uniforme, de acordo co establecido no Decreto 123/2014, do 18 de setembro, polo que se regula a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario, e a Orde do 24 de febreiro de 2015 que o desenvolve.

2. Equipamentos de prevención e de protección, sempre que se trate de material funxible (incluído material de caixa de urxencias sanitaria).

3. Gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil.

4. Gastos ocasionados pola conservación, mantemento e/ou alugamento da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, así como os gastos de comunicación fixos e móbiles de voz e datos.

5. Pagamento de seguros do persoal voluntario de protección civil ou outro tipo de seguros relacionados cos medios e desenvolvemento do traballo e das tarefas da AVPC.

6. Gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.

7. Equipamento do material informático e de comunicacións, sempre que en ambos os casos se trate de elementos funxibles.

As AVPC de Galicia legalmente constituídas, sen fins de lucro.

As persoas beneficiarias das subvencións deberán cumprir as obrigas sinaladas con carácter xeral no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; en concreto as seguintes:

a) Cumprir o obxectivo ou realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Comunicarlle, vía telemática, á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a súa aceptación ou renuncia no prazo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución. Transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

c) Someterse a calquera actuación, comprobación e control financeiro efectuado tanto polo órgano concedente como polas entidades de control competentes autonómicas, estatais ou comunitarias, para o cal se achegará calquera información solicitada no exercicio desas actuacións. En especial deberán facilitar a información que lle sexa requirida por esta vicepresidencia e consellería, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou polo Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a modificación das circunstancias que desen lugar á concesión da subvención, en canto se coñeza ou ben, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Presentar os documentos xustificativos tal e como se prevé no artigo 15.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto de actuacións de comprobación e control. En calquera caso este período non será inferior a 5 anos.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Emerxencias de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294551

Fax: 982294561

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil

Servizo de Protección Civil

R/ Roma, 25-27. Fontiñas

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546024

Fax: 981546002

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Emerxencias da Coruña

Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184455

Fax: 981185994

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Emerxencias de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386052

Fax: 988386056

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Emerxencias de Pontevedra

R/ FERNÁNDEZ LADREDA, 43-9º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805500

Fax: 986805404

Servizo de Protección Civil

Prazo de presentación: PECHADO

16/05/2017 00:00 - 15/06/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

a) Estaren inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil ou teren presentado oficialmente a solicitude de inscrición nel; neste caso, a concesión da subvención quedará condicionada á inscrición efectiva, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como máis tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.

b) Teren dependencia funcional dun concello de menos de 50.000 habitantes, mancomunidade ou agrupación de concellos.

c) Xustificaren o investimento e liquidación de subvencións concedidas en anos anteriores, segundo o disposto nos artigos aplicables da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e concordantes, e do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de tal forma que a non xustificación deste investimento e liquidación comporta non poder optar ás subvencións nos seguintes exercicios.

d) Non ter sido condenados por sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións públicas, estar ao día do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Cumprir o disposto no artigo 54 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e contratar un seguro de accidentes, así como de responsabilidade civil.

  • As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR460A) a esta orde, onde se acepta e declara o seguinte:

    • a) Que a entidade que solicita a subvención cumpre e acepta as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria.

    • b) Que reflicte o conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

    • c) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.

    • d) Que a AVPC non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 10.3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

    • e) Que a AVPC está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro.

    • f) Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a AVPC está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedores por resolución de procedemento de reintegro.

  • As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Memoria das actuacións levadas a cabo pola agrupación no ano 2016.

    • b) Certificado da compañía aseguradora das pólizas subscritas (accidentes e responsabilidade civil) na cal conste o número de persoal voluntario de protección civil asegurado. No caso de estaren incluídos dentro das pólizas de seguro do concello, mancomunidade ou agrupación de concellos, remitirase unha certificación do/da secretario/a destas entidades, na cal se indique o número de persoal voluntario de protección civil incluído na póliza.

    • c) Certificado do órgano competente da mancomunidade ou agrupación de concellos no cal se indique a prestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil.

    • d) Certificado ou declaración das xefaturas provinciais de emerxencia ou das entidades locais a que se refire o artigo 11.2 desta orde.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a enmenda.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2017).

Outros procedementos relacionados

PR461G

Inscrición proceso de acceso por promoción interna categoría de inspector principal de Policia Local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 12/06/2025 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano