Guía de procedementos e servizos

PE601C

Bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para as persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 28/04/2021 00:00 - 27/05/2021 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura, así como proceder a convocar catro (4) bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos para os anos 2021, 2022 e 2023.

Número, duración, importe e lugar de realización das bolsas.

1. O número de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos será de catro (4), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 9 desta convocatoria.

2. As bolsas terán unha duración de dous (2) anos, contados desde a data indicada na resolución de concesión da bolsa, e sen posibilidade de prórroga.

3. O importe bruto mensual de cada bolsa será de novecentos euros (900 €).

4. Para a concesión destas bolsas destinarase un crédito total de noventa e tres mil oitenta euros (93.080 €). O seu financiamento farase con cargo á partida orzamentaria 15 03 422K 4800 (proxecto 2016 332) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2021 (25.200 euros), 2022 (43.200 euros) e 2023 (18.000 euros).

5. En cumprimento do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, destinaranse, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social, para continxencias comúns e profesionais para no ano 2021 (1.820 euros), 2022 (3.360 euros) e 2023 (1.500 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 15 03 422K 4840 (proxecto 2016 332) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Con este obxecto, aplícanse as regras de cotización correspondentes aos contratos para a formación e aprendizaxe establecidas na respectiva Lei de orzamentos xerais do Estado e nas súas normas de aplicación e desenvolvemento. O cálculo das cotizacións faise tomando como referencia a cota empresarial para o ano 2020, máis unha cantidade adicional para posibles incrementos producidos por altas e baixas na mesma bolsa e no mesmo mes.

6. Cada bolseiro/a contará con titores/as nomeados/as pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

7. Os/as titores/as elaborarán un plano formativo para os bolseiros en que quedará reflectido o horario de traballo e as normas de funcionamento do centro onde realiza a súa formación.

8. Non existirá obriga de cotizar pola continxencia de desemprego, así como tampouco ao Fondo de Garantía Salarial nin por formación profesional.

9. As persoas beneficiarias realizarán as actividades prácticas de produción de cría de bivalvos nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa (Igafa), segundo a programación formulada polo/a titor/a correspondente.

Titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura.

Obrigas dos/das bolseiros/as.

a) O persoal bolseiro deberá desempeñar actividades de formación e de colaboración en relación coas tarefas das áreas a que se adscriban.

b) Co fin de facilitar o seu proceso de formación, os/as bolseiros/as contarán co asesoramento, orientación e dirección de dous/dúas titores/as que definirán as tarefas que se van realizar, así como a formación que deberán recibir segundo o plan de formación do centro. A este respecto, será obrigatoria a realización e superación das actividades de formación indicadas.

c) As persoas beneficiarias deberán manter unha actitude participativa, de colaboración e respectuosa cos demais membros do centro, sen obstrución das tarefas encomendadas nos diferentes servizos.

d) Ao final do período de desfrute da bolsa, o/a adxudicatario/a deberá entregar unha memoria de actividades que será supervisada polo/a titor/a.

e) Estas bolsas non implican relación laboral ningunha co centro a que estea adscrito/a o/a beneficiario/a, nin supoñen ningún compromiso de incorporación posterior dos/das bolseiros/as ao seu cadro de persoal, aínda que si a necesaria e natural coordinación co horario, normas e disciplina do centro onde desenvolve a súa formación.

f) O aproveitamento da bolsa será incompatible con calquera outra bolsa que supoña remuneración directa ou axuda financiada con fondos públicos. Tamén será incompatible con salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria do/da interesado/a, salvo os que teñan carácter esporádico cunha duración acumulada inferior a dous (2) meses por ano, sempre que isto non afecte a actividade habitual no exercicio da bolsa, e que se trate de ocupacións non vinculadas directa ou indirectamente co centro.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

https://mar.xunta.gal/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

R/ Ramón y Cajal, nº 2 -5º

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Avda. Gerardo Harguindey Banet, 2

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555003

Fax: 982555007

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

R/ Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817102

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa

Niño do Corvo, s/n

36626  Vilanova de Arousa  (Pontevedra)

Teléfono: 986527101

Fax: 986527161

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

28/04/2021 00:00 - 27/05/2021 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Poden presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas e/ou técnicos/as superiores en Produción Acuícola/técnicos/as superiores en Acuicultura.

b) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.

d) Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias.

e) Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Presentación das solicitudes.

1. As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentaranse conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria, por calquera das seguintes vías:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se indica:

a) Xustificación do pagamento dos dereitos de expedición do título académico non universitario de técnico/a de ciclos formativos correspondente, só no caso de que o título aínda non fora expedido.

b) Poder de representación da persoa representante: a representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) Certificación académica completa dos estudos realizados indicados nesta convocatoria, con detalle das materias cursadas e as cualificacións obtidas.

d) Curriculum vitae da persoa solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados (debidamente relacionados e paxinados). Non serán computables aqueles méritos alegados que non estean convenientemente xustificados.

e) Certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga cando non fosen expedidos pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.

c) Título académico (non universitario) de técnico/a de ciclos formativos correspondente.

d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

f) Consulta da condición de bolseiro/a.

g) Certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga cando fosen expedidos pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) No caso de persoas estranxeiras, certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 78 do 27 de abril de 2021).

    • Extracto da Orde do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 78 do 27 de abril de 2021).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.