Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE601C
Bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para as persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería do Mar
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura, así como proceder a convocar catro (4) bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvo.
Titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546139
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
R/ Ramón y Cajal, nº 2 -5º
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Avda. Gerardo Harguindey Banet, 2
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555003
Fax: 982555007
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
R/ Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817102
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa
Niño do Corvo, s/n
36626 Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986527101
Fax: 986527161
Prazo de presentación: PECHADO
21/08/2018 00:00 - 20/09/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.
a) Estar en posesión dun ciclo formativo de Acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Poden presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas e/ou técnicos/as superiores en Produción Acuícola/técnicos/as superiores en Acuicultura.
b) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.
d) Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, acompañada dun índice, e ordenada segundo se indica:
a) Xustificación do pagamento dos dereitos de expedición do título académico non universitario de técnico/a de ciclos formativos correspondente, só no caso de que o título aínda non fose expedido.
b) Poder de representación da persoa representante: a representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
c) Certificación académica completa dos estudos realizados indicados nesta convocatoria, con detalle das materias cursadas e as cualificacións obtidas.
d) Curriculum vitae da persoa solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados (debidamente relacionados e paxinados). Non serán computables aqueles méritos alegados que non estean convenientemente xustificados.
e) Unha memoria asinada polo/a aspirante que incluirá os seguintes puntos:
– Unha planificación da produción para cultivar un total de 5 millóns de exemplares de cría de ameixa babosa de 3 mm de tamaño.
– Un estudo sobre as actividades de cultivo por área de produción que se levará a cabo nunha instalación piloto de acuicultura tipo minicriadoiro de bivalvos.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou da persoa representante.
b) Título académico (non universitario) de técnico/a de ciclos formativos correspondente.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT (Axencia Estatal de Administración Tributaria).
d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga (Axencia Tributaria de Galicia).
f) No caso de persoas estranxeiras, certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
g) Consulta da condición de bolseiro/a.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación das solicitudes.
1. As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentaranse conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria, por calquera das seguintes vías:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, sita na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).
Prazo de resolución: Tres meses.
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 3 de agosto de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de Acuicultura e se procede á súa convocatoria (DOG nº 157 do 20 de agosto de 2018).
-
Extracto da Orde do 3 de agosto de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de Acuicultura e se procede á súa convocatoria (DOG nº 157 do 20 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.
Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59
Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.
Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59
Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo aberto: 01/07/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano