Guía de procedementos e servizos

PE607C

Matrícula dos cursos de titulacións náutico-pesqueiras.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

As persoas candidatas interesadas nos cursos impartidos nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, así como nos cursos organizados pola dita dirección xeral nos portos e nas confrarías de pescadores, solicitarán a correspondente matrícula mediante o modelo de solicitude que figura como anexo II nesta orde

As persoas candidatas interesadas nos cursos de titulacións náutico-pesqueiras.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

R/ Aneiros, s/n Serantes

15405  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981317611

Fax: 981328005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira

Praia de Coroso, s/n

15950  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 981874476

Fax: 981874368

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Beiramar, nº 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986235609

Fax: 986201286

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Tanto nos centros de ensino oficiais así como nos cursos impartidos en portos e nas confrarías de pescadores, os interesados terán un prazo de 10 días previos ao comezo do curso para realizar a dita matrícula.

1. A asistencia aos cursos por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.

2. Cando o incumprimento da asistencia supere o 10 % das horas lectivas do curso será motivo de baixa no dito curso, así como a baixa no dereito a participar no exame correspondente.

  • Inscrición para a realización de probas ordinarias e extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca e mergullo ( 30.19.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Acreditar unha formación mínima mediante calquera dos seguintes medios:  

    • Certificación expedida pola Consellería con competencias en materia educativa ou por unha administración educativa equivalente do Estado de ter superado o nivel 1 de ensinanzas básicas inicias ou certificado equivalente.

    • Certificado de ter superado un curso de alfabetización en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, expedido por unha entidade pública ou privada. - Declaración responsable do/a solicitante de ter coñecementos básicos de lecto-escritura en calquera das linguas cooficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, marcando a casilla que figura no seguinte cadro.

  • Xustificante de aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

  • Declaración responsable de posuír aptitude para realizar unha proba de natación previa á realización do exame teórico-práctico de mariñeiro/a pescador/a, marcando o recadro correspondente no cadro de declaracións.

  • Copia do título profesional, de ser o caso, ou da folla da libreta onde se acredite estar en posesión do referido título.

  • Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a, no caso das titulacións de patrón/a local de pesca e patrón/a costeiro/a polivalente.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 156 do 19 de agosto de 2014).

    • Corrección de erros. Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 161 do 26 de agosto de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE155B

Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59

PE155D

Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros

Tramitar en liña

Prazo aberto: 10/07/2025 00:00 - 11/08/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano