Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE609E
Bolsas de formación en materia de investigación mariña de persoas con titulación superior.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Convocar dúas bolsas en materia de investigación mariña de persoas con titulación superior, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para os anos 2023, 2024 e 2025.
Persoas con titulación universitaria de licenciada/o ou de grao no campo da investigación mariña.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546751
Email: servizoapoio.mar@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
17/10/2023 00:00 - 16/11/2023 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. Estar en posesión do título universitario de licenciado/a ou de grao en bioloxía ou ciencias do mar. As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a esta titulación no ano 2020 ou posterior.
2. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.
4. Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación para a especialización en materias de investigación mariña na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses.
5. Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
6. Non ter a titulación de doutor/a, nin atoparse matriculado nun programa de doutoramento do sistema universitario nacional.
7. Estar en posesión do permiso de condución de vehículos de categoría ou clase B.
Solicitudes.
1. As persoas solicitantes deste procedemento dispoñen da capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, segundo o establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia: «do mesmo xeito, e de conformidade co artigo 16.5 da lei 39/2015, do 1 de outubro, regulamentariamente poderase establecer a obriga de presentar determinados documentos por medios electrónicos para certos procedementos e colectivos de persoas físicas respecto dos cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen o acceso e a dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios».
2. De acordo co disposto no punto 1, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, deberán dirixirse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5. Será motivo de exclusión que unha mesma persoa presente solicitudes para as dúas especialidades.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación, acompañada dun índice, e ordenada segundo se indica:
a) Certificación académica completa dos estudos realizados, con detalle das materias cursadas e das cualificacións obtidas, en que conste a nota media do expediente académico da titulación.
b) Xustificación do pagamento dos dereitos de expedición no caso de non ter o título académico de licenciada/o ou grao.
c) Poder de representación da persoa representante, de ser o caso. A representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
d) Currículo da persoa solicitante, acompañado dos documentos acreditativos dos méritos alegados (debidamente relacionados e paxinados). Non serán computables aqueles méritos alegados que non estean convenientemente xustificados.
e) Certificado de Celga 4 ou equivalente, no caso de non estar expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
f) No caso de persoas estranxeiras, certificado de residencia con data da última variación de empadroamento da persoa solicitante.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sen prexuízo do sinalado nos puntos anteriores, poderá requirirse a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos e aclaracións resulten procedentes para a tramitación do procedemento.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Serán causas de exclusión a demostración da falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais e a incorrección na documentación presentada.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, se for o caso.
c) NIF da persoa representante, se for o caso.
d) Verificación de títulos oficiais universitarios.
e) Datos de matrícula universitaria.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
i) Condición de persoa bolseira.
j) Certificado do Celga 4 ou equivalente, expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
k) Permiso de condución de vehículos de categoría ou clase B.
l) Concesións de subvencións e axudas.
m) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de outubro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan dúas bolsas de formación en materia de investigación mariña para persoas con titulación superior (DOG nº 196 do 16 de outubro de 2023).
-
Extracto da Orde do 5 de outubro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan dúas bolsas de formación en materia de investigación mariña para persoas con titulación superior (DOG nº 196 do 16 de outubro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Prazas de residencia e comedor nos centros dependentes da Consellería do Mar.
Prazo aberto: 17/07/2024 00:00 - 02/06/2025 23:59
Autorización de cursos de titulacións náutico-pesqueiras para entidades.
Aberto todo o ano
Matrícula dos cursos de titulacións náutico-pesqueiras.
Aberto todo o ano