Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE201B
Axudas destinadas a pemes do sector transformador.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura sustentables desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
Finalidade das axudas.
As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
• Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.
• Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.
• Axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.
• Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.
• Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) núm. 834/2007.
• Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.
Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas, xurídicas, pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546292
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182010
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Celeiro)
AVDA. RAMON CANOSA, S/N - CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555035
Fax: 982555007
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Vigo)
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817129
Fax: 986817118
Prazo de presentación: PECHADO
08/02/2018 00:00 - 07/03/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
1. Ser unha peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.
2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
3. Non poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Non ter cometido infracción grave:
– Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
5. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
6. Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
7. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
8. Coa solicitude achegarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do seu representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2 ao 7 deste artigo.
9. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
Requisitos específicos das persoas beneficiarias.
Sen prexuízo do anterior, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Os investimentos teranse que realizar nun centro produtivo localizado en Galicia.
b) Deberán figurar de alta na Axencia Española de Administración Tributaria dentro das epígrafes relacionadas coa transformación de produtos procedentes da pesca, do marisqueo ou da acuicultura.
c) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).
d) Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio desles nos termos indicados no artigo 11 desta orde.
No caso de que o solicitante conte cunha certificación de non inicio anticipada, os investimentos non poderán estar finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a súa non finalización por parte dos servizos da Consellería do Mar.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
Anexo II da declaración de non inicio do investimento, de ser o caso.
Anexo III do formulario do investimento.
Anexo IV.1, de pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
Anexo IV.2, de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.
Anexo V, de relación de ofertas solicitadas e elixidas.
Anexo VI.1, de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa física, unha pluralidade de persoas físicas, unha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica.
Anexo VI.2, de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa xurídica.
Anexo VI.3, de declaración de peme só para as persoas relacionadas no punto 3 do anexo VI.2.
Anexo XI, nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude.
Ademais, as persoas interesadas deberán achegar:
i) Se o solicitante é unha persoa física:
a) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
b) Plan de financiamento do proxecto, con indicación da forma de financiamento do proxecto diferenciando os recursos propios e os recursos alleos, e a documentación correspondente:
– Recursos propios: certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde se indiquen os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
– Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito e/ou outros que non sexan entidades provedoras.
ii) Se o solicitante é unha persoa xurídica:
a) Certificación rexistral actualizada en que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
b) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
c) Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
d) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluído informe de auditoría, se é o caso.
e) Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
f) No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas polo solicitante ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas onde o solicitante estea incluído por consolidación, do último exercicio económico pechado, incluído informe de auditoría, se é o caso.
g) Plan de financiamento do proxecto, con indicación da forma de financiamento do proxecto diferenciando os recursos propios e os recursos alleos, e a documentación correspondente:
– Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
– Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito e/ou outros que non sexan entidades provedoras.
h) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
iii) Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas físicas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado e, na súa falta, co que figure en primeiro termo:
a) Documento de constitución da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, se é o caso.
b) No caso dunha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica que estean en réxime de atribución de rendas, deberán presentar o modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas.
c) Anexo IV.1, de pluralidade de persoas físicas, ou anexo IV.2, de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.
d) Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
e) NIF da comunidade de bens ou sociedade civil.
f) A conta bancaria sinalada neste anexo deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario deberase achegar documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.
g) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España de cada solicitante, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
h) Plan de financiamento do proxecto, con indicación da forma de financiamento do proxecto diferenciando os recursos propios e os recursos alleos, e a documentación correspondente:
– Recursos propios: certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde indiquen os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
– Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito e/ou outros que non sexan entidades provedoras.
i) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
iv) Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, e liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada solicitante, se é o caso.
v) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias de cada solicitante, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
vi) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas (xa incluído no anexo I). Deberá achegar resolución de concesión destas, no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia para o mesmo proxecto.
vii) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros, no caso de execución de obras, ou de 18.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores e deberá cubrir o anexo V desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
viii) Facturas pro forma do investimento que se vai realizar, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipamentos e sistemas que os integran, con achega, de ser o caso, dos planos, bosquexos ou vistas 3D necesarias para a súa correcta definición.
ix) Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita que está en posesión dela ou solicitude desta, sen prexuízo da súa achega segundo establece o artigo 22.4. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.
x) Se a realización do investimento require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por un técnico competente. O proxecto tamén deberá xuntarse en soporte informático, en formato jpg ou pdf. Deberán achegarse os planos de localización de antes e despois da realización do investimento que se solicita.
xi) Documentación que demostre que a titularidade da instalación onde se van desenvolver os investimentos é do solicitante da axuda, que virá dada pola nota simple do Rexistro da Propiedade da instalación. En caso de que a instalación estea alugada á empresa solicitante, xuntarase contrato de alugamento elevado a escritura pública notarial.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude.
c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica, de ser o caso.
d) NIF da persoa xurídica solicitante, da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen persoalidade xurídica, segundo corresponda.
e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas de cada persoa física solicitante, dos últimos dous anos.
f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
h) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
i) Informe acreditativo de acharse ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga).
j) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido pola Unidade de Sancións e Reclamacións da xefatura territorial correspondente da Consellería do Mar.
k) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores, conforme o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
l) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
m) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais cando o solicitante sexa unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, certificado de carecer de antecedentes penais dos seus integrantes. Os certificados deberán ser obtidos a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
n) Informe acreditativo do Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP.
o) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
p) Resolución de concesión doutras axudas para o mesmo proxecto concedidas pola Xunta de Galicia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude (anexo I, anexo IV.1 ou anexo IV.2), segundo corresponda, e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, as comunidades de bens e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de forma presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para efectos de presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes. A acreditación da representación deberá realizarse, mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo XI da presente orde.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato no admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Nomeamento de representante aos efectos de presentación da solicitude (Anexo XI)
- Declaración de peme (Anexo VI.1)
- Declaración responsable de non inicio do investimento (Anexo II)
- Relación de ofertas solicitadas e elixidas (Anexo V)
- Declaración relativa á condición de peme (Anexo VI.2)
- Pluralidad de persoas fisicas: Consulta de datos, distribución de compromisos, importe da subvención solicitada para cada un dos solicitantes e nomeamento de representante (Anexo IV.1)
- Agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, compromiso de execución e non disolución da agrupación, consulta de datos e nomeamento de representante (Anexo IV.2)
- Declaración de persoa física participe na persoa xurídica (Anexo VI.3)
- Formulario do investimento (Anexo III)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Listaxe de xusrificantes (Anexo IX)
- Declaración responsable de fin de obra (Anexo VII)
- Declaracion responsable doutras axudas no pagamento e compromiso do requisito de admisibilidade (Anexo VIII)
- Explicación das diferenzas entre os investimentos previstos e os realizados (Anexo X)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
-
Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2018)
-
Extracto da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2018).
-
Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), convocadas pola Orde do 18 de decembro de 2017 (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2018)
-
Extracto da Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), convocadas pola Orde do 18 de decembro de 2017 (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2018).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.
-
Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.
-
Outros procedementos relacionados
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Aberto todo o ano
Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Prazo aberto: 04/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59