Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

PE201E - Axudas a servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 01/10/2016 - 31/10/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo I.
  • Anexo II. Declaración de non inicio do investimento, se e o caso.
  • Anexo III. Formulario do investimento.
  • Anexo IV. Pluralidade de persoas físicas, se e o caso.
  • Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elexidas, se e o caso.
  • Anexo VI. Declaración de empresas asociadas e vinculadas, se e o caso.
  • Documentación complementaria:
    • 1. Documentación xurídico administrativa da entidade solicitante:
    • 1.1 Para persoas xurídicas:
      • Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
      • Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a documentación económico-financeira que acredite a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto:
        - Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
        - Recursos alleos: prestamos de entidades de credito.
      • Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; estado de fluxos de efectivo; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos, diferenciando gastos fixos de variables; previsións de resultados; evolución do activo circulante e a súa rotación; previsións de entradas e saídas de tesourería; estado de orixe e aplicación de fondos; cash-flow; ratios económico-financeiros; ratios de rendibilidade; análise de custos e cálculo do punto de equilibrio ou limiar de rendibilidade; cálculo do VAN, TIR, prazo de recuperación do investimento e apalancamento operativo e financeiro.
      • Copia do NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      • Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
      • Copia do poder de representación da persoa que asina a solicitude no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.
      • Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se e o caso.
      • Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
      • Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso nos que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se e o caso.
      • No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se e o caso.
      • Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
      • Co fin de aplicar o criterio de valoración establecido no artigo 15.C) I d.: informe de vida laboral dos últimos 3 anos (2013, 2014 e 2015).
    • 1.2 Para persoas físicas:
      • Copia do DNI da persoa solicitante só no caso de non autorizar a súa consulta.
      • Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
        - Certificados bancarios actualizados das contas bancarias da persoa solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamen dos recursos alleos (prestamos de entidades de credito).
      • Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.
      • Declaración da renda dos últimos tres anos da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      • Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso nos que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se e o caso.
      • Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
      • Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.
      • Co fin de aplicar o criterio de valoración establecido no artigo 15.C) I d.: informe de vida laboral dos últimos 3 anos (2013, 2014 e 2015).
    • 1.3 Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas:
      • Copia do DNI de cada persoa solicitante só no caso de non autorizar a súa consulta (anexo IV).
      • Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto: certificados bancarios actualizados das contas bancarias de cada persoa solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamen dos recursos alleos (prestamos de entidades de credito).
      • Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.
      • A conta bancaria sinalada neste anexo deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario deberase achegar documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.
      • Declaración da renda dos últimos 3 anos, de cada persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      • Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso nos que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada solicitante, se e o caso.
      • Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante.
      • Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, de cada solicitante.
      • Co fin de aplicar o criterio de valoración establecido no artigo 15.C) I d.: informe de vida laboral dos últimos 3 anos (2013, 2014 e 2015).
    • 2. Declaración doutras axudas solicitadas (incluíndo prestamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída neste anexo de declaracións do solicitante. Deberá achegarse a resolución da axuda, de ser o caso.
    • 3. Facturas ou, no seu defecto facturas proforma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
    • 4. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de que cada persoa solicitante estea ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • 5. As persoas empresarias que estean entrando no sector deberán presentar un plan empresarial que inclúa unha avaliación do impacto ambiental, e cando o custo dos investimentos sexa superior a 50.000,00 € , un estudo de viabilidade. As axudas previstas en materia de acuicultura só se concederán cando se demostre claramente, mediante un informe independente de comercialización, que existen boas perspectivas de comercialización sostible para o produto.
    • 6. Seguro de responsabilidade que garanta posibles danos a terceiros, agresións ao ambiente ou perdas por circunstancias extraordinarias nas propias instalacións.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    • Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do do¬cumento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    • A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel (en orixinal e unha copia simple) en cal¬quera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novem¬bro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación comple¬mentaria para cada procedemento.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami¬tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE PESCA, ACUICULTURA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ACUICULTURA

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DA ACUICULTURA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981546300 Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.gal

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento.

Beneficiarios:

Empresas acuícolas.

Requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

b) Non incorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non ter cometido infracción grave:
- Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;.
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

f) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).

g) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE. Con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.

h) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros, agresións ao ambiente ou perdas por circunstancias extraordinarias nas propias instalacións.

i) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os posibles beneficiarios, ao formalizar a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.

AUTONÓMICA

Orde do 15 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016 (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2016).

Prazo de presentación pechado (01/10/2016 - 31/10/2016)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional