Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT105B
Autorización autonómica de usos en solo rústico, previa á obtención do título habilitante municipal.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
a) O promotor deberá presentar a solicitude ante o concello acompañada de anteproxecto redactado por técnico competente, co contido que se detalle regulamentariamente.
b) O concello someterá o expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que deberá publicarse no taboleiro de anuncios do concello e nun dos xornais de maior difusión no municipio. O anuncio deberá indicar, como mínimo, a localización, o uso solicitado, a altura e ocupación da edificación pretendida e o lugar e horario de consulta da documentación completa.
c) Asemade, solicitaranse os informes ou autorizacións sectoriais preceptivos.
d) Concluída a información pública, o concello remitirá o expediente completo tramitado ao órgano competente en materia de urbanismo, incluíndo as alegacións presentadas, os informes ou autorizacións sectoriais e os informes técnico e xurídico municipais sobre a conformidade coa legalidade urbanística.
Transcorrido o prazo de dous meses sen que o concello remita o expediente completo, as persoas interesadas poderán solicitar a subrogación ao órgano competente en materia de urbanismo, que lle reclamará o expediente ao concello e proseguirá a tramitación ata a súa resolución.
e) O órgano competente en materia de urbanismo poderá requirir do promotor ou promotora a documentación e información complementaria que considere necesaria ou ben a reparación das deficiencias da solicitude para adaptarse ao disposto na Lei 2/2016.
f) O órgano competente en materia de urbanismo examinará a adecuación da solicitude á Lei 2/2016 e aos instrumentos de ordenación do territorio e resolverá no prazo de tres meses, contados desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellaría. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, esta entenderase outorgada por silencio administrativo.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Dirección Xeral de Urbanismo
Subdirección Xeral de Urbanismo
Servizo de Planificación Urbanística I
Edificios Administrativos. San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544336
Fax: 981544336
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Servizo de Urbanismo da Coruña
Edificio Servicios Múltiples - Rúa Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184851
Fax: 981182255
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Servizo de Urbanismo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, 28
27002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294396
Fax: 982294422
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Servizo de Urbanismo de Ourense
Praza Eduardo Barreiros, 12 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687326
Fax: 988687338
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Servizo de Urbanismo de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, 43, 1º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805603
Fax: 986805661
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.
Solicitude segundo o Anexo I.
Expediente completo tramitado polo concello debidamente dilixenciado (incluíndo alegacións, informes ou autorizacións sectoriais e informes tecnico e xurídico municipal).
Anteproxecto redactado por tecnico competente.
Outra documentación.
- Inicio
- Documento de solicitude
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 84 do 4 de maio de 2020).
-
Corrección de erros. Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 88 do 8 de maio de 2020).
-
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
-
Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016).
-
Corrección de erros. Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 51 do 15 de marzo de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico
Aberto todo o ano
Resolución de instrumentos de planeamento urbanístico. Aprobación definitiva
Aberto todo o ano
Trámite posterior á aprobación inicial do planeamento xeral
Aberto todo o ano
Protección da legalidade urbanística.
Aberto todo o ano