Guía de procedementos e servizos

MT101A

Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Os Plans xerais de ordenación municipal dos concellos de mais de 50.000 habitantes, así como os plans especiais non previstos no planeamento xeral ou os plans especiais de protección que conteñan a ordenación detallada do solo urbano consolidado deberán remitirse á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para ser informados antes da súa aprobación definitiva.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Dirección Xeral de Urbanismo

Subdirección Xeral de Urbanismo

Edificios Administrativos. San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544336

Fax: 981544336

Subdirección Xeral de Urbanismo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude segundo o Anexo I

  • Documento de planeamento aprobado provisionalmente

  • Copia do expediente completo tramitado polo concello debidamente dilixenciado

  • Outra documentación (especificar)

Prazo de resolución:

Tres meses no caso dos Plans xerais de ordenación municipal de concellos de mais de 50 000 habitantes e dous meses no caso dos plans especiais indicados.

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016).

    • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2016).

    • Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia. (DOG nº 224 do 25 de novembro de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana (BOE nº 261 do 31 de outubro de 2015).

Outros procedementos relacionados

MT101D

Resolución de instrumentos de planeamento urbanístico. Aprobación definitiva

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT101E

Trámite posterior á aprobación inicial do planeamento xeral

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT105B

Autorización autonómica de usos en solo rústico, previa á obtención do título habilitante municipal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT107A

Protección da legalidade urbanística.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano