Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR710A - Axudas proxectos de cooperación LEADER. PDR de Galicia 2014-2020. Submedida 19.3
1. Esta resolución ten o obxecto de convocar, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2018 e 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación).
2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural (submedida 19.3 da medida Leader), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), que se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 30 de xullo de 2018 (DOG núm. 153, do 10 de agosto).
Os grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febrero de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).
Obrigacións dos beneficiarios .
1. Son obrigacións dos beneficiarios as establecidas, con carácter xeral, no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En particular, as previstas nos artigos 10, 11 e 29 destas bases reguladoras e mais na resolución de concesión das axudas. En particular, os beneficiarios da axuda terán as seguintes obrigas:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto ou realizar a actuación que fundamentou a concesión da axuda, de conformidade coa documentación presentada na solicitude e coas condicións sinaladas na resolución de concesión.
b) Garantir a permanencia dos investimentos e o cumprimento da finalidade do proxecto durante polo menos 5 anos contados desde a data de notificación da resolución de pagamento final do proxecto.
c) Comunicar á Subdirección de Relacións cos GDR, a través do grupo coordinador ou, se for o caso, do grupo coordinador específico para Galicia, calquera eventualidade que poida alterar ou dificultar o desenvolvemento das actuacións subvencionadas, co fin de que poida modificarse o contido ou a contía da resolución, que, en todo caso, necesitará autorización da Dirección Xeral da Agader. A comunicación deberá realizarse, como máximo, no prazo dun mes desde que o beneficiario teña coñecemento da eventualidade.
d) Facilitar á Administración autonómica, estatal ou comunitaria a información que esta solicite sobre a actuación subvencionada, conforme o artigo 46 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Comunicar de inmediato á Subdirección de Relacións cos GDR da Agader e, en todo caso, con anterioridade á xustificación, calquera subvención, axuda ou ingreso que para a mesma finalidade e de calquera procedencia solicitase ou lle fose concedida ou pagada.
f) Someterse ás medidas de control e fiscalización que leve a cabo a Agader, así como ao control financeiro da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou doutros órganos de control nacionais ou comunitarios.
g) Xustificar a realidade dos gastos ou investimentos realizados mediante os documentos correspondentes nos prazos e condicións que se determinen nestas bases e nas convocatorias, facilitando o acceso dos técnicos para a comprobación material dos investimentos realizados.
h) Conservar os documentos xustificativos en tanto poidan ser obxecto de comprobación e control.
i) Comprometerse a levar a contabilidade relacionada co proxecto de cooperación segundo a normativa vixente que lle sexa aplicable.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, xunto cos seus xuros de demora, nos supostos previstos na normativa aplicable.
k) Calquera outra obrigación imposta aos beneficiarios na normativa nacional ou autonómica aplicable, na convocatoria ou na resolución de concesión.
l) Levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.
m) Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación completa do proxecto de cooperación.
2. Os bens subvencionados quedarán afectos á operación subvencionada un mínimo de cinco anos desde a resolución do pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes. No caso de que se subvencionen gastos dos cales resulten estudos, publicacións ou outros de natureza similar, garantirase o acceso de calquera interesado ao seu contido durante un período mínimo de tres anos contados desde a data da resolución do pagamento final do expediente. Neste senso, a Agader poderá en calquera momento requirir ao beneficiario que facilite a súa entrega coa finalidade da publicación na web da Agader.
Para ser beneficiarios destas axudas, os Grupos deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Estar ao corrente das súas obrigacións tributarias, tanto coa Facenda do Estado como coa da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa seguridade social e non ter débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Comprometerse a destinar as dotacións financeiras asignadas exclusivamente á preparación e realización das actividades de cooperación.
c) Dispoñer dos medios materiais e humanos necesarios para levar a cabo de forma adecuada, tanto técnica como economicamente, as tarefas correspondentes.
d) Participar a título de coordinador ou cooperante, de acordo cos artigos 10 e 11 deste anexo, nun proxecto de cooperación seleccionado de acordo con estas bases reguladoras no marco da submedida 19.3 do PDR de Galicia 2014-2020.
e) Non ter rescindido o Convenio de Colaboración asinado por Agader, xa sexa de mutuo acordo ou por acordo da Agader debido a grave irregularidade no exercicio das funcións que como Grupo lle son propias.
f) Cumprir o resto de condicións que prevén as bases reguladoras e as convocatorias.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Lugar da Barcia 56, Laraño
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547362
Cita previa no teléfono 981 54 73 62
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Resolución do 30 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).
Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 193 do 9 de outubro de 2018).
Extracto da Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 193 do 9 de outubro de 2018).
Corrección de erros. Resolución do 30 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 215 do 12 de novembro de 2018).
Resolución do 31 de maio de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 107 do 8 de xuño de 2021).
Resolución do 6 de xullo de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 28 de xuño de 2022, polo que se modifica o Acordo do 30 de xullo de 2018 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 134 do 14 de xullo de 2022).
Corrección de erros. Resolución do 6 de xullo de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 28 de xuño de 2022, polo que se modifica o Acordo do 30 de xullo de 2018 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
10/10/2018 00:00 - 15/11/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 15 de novembro de 2018.
A solicitude de axuda presentarase segundo o modelo normalizado establecido na Resolución do director xeral da Agader do 30 de xullo de 2018 (DOG núm.153, do 10 de agosto).
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Para cada proxecto de cooperación presentarase unha soa solicitude de axuda, xunto co proxecto de cooperación e o documento vinculante. A solicitude será subscrita polo grupo coordinador, ou polo grupo coordinador específico para Galicia, se for o caso, no seu propio nome e en representación dos grupos cooperantes que reúnan os requisitos para seren beneficiarios. A solicitude de axuda dirixirase á Agader, segundo o modelo normalizado que se incorpora a estas bases reguladoras como anexo IV que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación será o que determine a convocatoria.
No caso de proxectos de cooperación interterritoriais ou transnacionais, a información presentada na solicitude de axuda corresponderá á parte do proxecto cuxa execución estea previsto que efectúen os grupos da Comunidade Autónoma de Galicia participantes.
- O impreso de solicitude de axuda incluirá as declaracións responsables sobre os aspectos que se relacionan a continuación, que o grupo coordinador, a través do seu representante, ratificará mediante a sinatura da solicitude:
- a) Que a conta bancaria que recolle o impreso de solicitude onde se debe ingresar o importe da axuda pertence ao beneficiario da axuda.
- b) Que os grupos solicitantes non están sometidos ás causas que impidan adquirir esa condición, establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- c) Que as copias achegadas durante calquera fase do procedemento reproducen de xeito fidedigno os documentos orixinais correspondentes.
- d) Que cantos datos figuran na solicitude son certos e que se compromete coa Administración, no momento e forma en que esta indique, a achegar a documentación precisa para a resolución da súa solicitude.
- Xunto coa solicitude de axuda, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
- a) Documentación acreditativa da representación da entidade solicitante.
- b) Descrición e resumo do proxecto co contido mínimo que se detalla no anexo II.
- c) Un documento vinculante, co contido mínimo que se detalla no anexo III, que estea subscrito polo Grupo coordinador, os Grupos cooperantes e no seu caso, as entidades colaboradoras.
- d) Desagregación dos gastos por cada Grupo participante e por concepto de gasto.
- e) No seu caso convenios con terceiros.
- f) Calquera outra documentación que se considere de interese para a descrición e valoración do proxecto.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
- a) DNI/NIE da persoa representante.
- b) NIF da entidade solicitante.
- c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
- d) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- e) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses.
Sentido do silencio: Negativo
- Fase posterior á solicitude
- Declaración sobre as ofertas solicitadas e elexidas (Anexo XI)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"