Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR712A - Subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios.
O obxecto destas bases é establecer o réxime das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para a execución de proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, no marco da medida 7.4 do PDR de Galicia 2014-2020.
As axudas consistirán en subvencións de capital.
O procedemento tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).
Proxectos subvencionables
1. Nos termos destas bases reguladoras, serán subvencionables as obras de rehabilitación e/ou reforma de mercados e prazas de abastos municipais.
2. Requisitos dos proxectos.
a) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, con excepción das parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web da Agader pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.
b) Que as actuacións propostas se executen en inmobles de titularidade municipal.
c) Que se axusten á normativa sectorial (autonómica, estatal e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
d) Que sexan viables técnica e financeiramente.
e) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os que se concede a axuda. Non se admitirán fases de proxectos.
f) Os investimentos propostos non poderán estar iniciados na data de presentación da solicitude de axuda. A comprobación de que os investimentos para os cales se solicita a axuda non están iniciados na data de presentación da solicitude de axuda fundamentarase na declaración que, para estes efectos, presenta a persoa representante da entidade solicitante e verificarase coa documentación que integre o correspondente expediente de contratación das obras subvencionadas.
g) Non se admitirán proxectos cun orzamento base para a licitación inferior a 10.000 €.
3. As actuacións propostas deberán encadrarse nun único proxecto de obra, co contido que se determine no artigo 10.1.d) destas bases reguladoras.
Os concellos poderán presentar, como máximo, un proxecto ao abeiro destas bases reguladoras. O proxecto que se presente deberá comprender as obras de rehabilitación e/ou reforma nun mercado de venda de produtos agroalimentarios ou praza de abastos.
Gastos subvencionables
1. Serán subvencionables ao abeiro destas bases reguladoras:
a) Obras de rehabilitación e/ou reforma de mercados e prazas de abastos; en particular:
1º. Obras de rehabilitación e/ou reforma construtiva da edificación.
2º. Obras para a habilitación, dentro dos inmobles xa existentes, de espazos de uso común.
3º. Instalacións de uso colectivo dentro dos inmobles.
b) Custos de redacción do proxecto e dirección de obra, ata un máximo do 12 % dos custos subvencionables.
2. Con carácter xeral, non serán subvencionables:
a) A construción de novos mercados, recintos ou novos espazos de comercialización alleos ao mercado e praza de abastos existente.
b) Actuacións exclusivamente ornamentais, as de simple reparación ou mera substitución de elementos existentes que non acheguen valor engadido á edificación.
c) A instalación de casetas ou puntos de venda móbiles.
d) Achegas en especie e gastos executados con medios propios.
e) Custos de funcionamento da actividade subvencionada.
f) Equipos de calefacción, climatización ou vinculados ás enerxías renovables.
g) Redes de telefonía e telecomunicación.
h) Mobiliario e equipamento móbil.
i) Adquisición de terreos.
j) O IVE e demais impostos.
k) Os conceptos do orzamento sen desagregar, así como partidas a tanto global.
l) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude de axuda.
m) Os investimentos que substitúan a outros financiados anteriormente con fondos comunitarios e respecto dos que non transcorresen cinco anos desde a certificación da súa realización, así como os investimentos de rehabilitación de locais cuxa construción ou adquisición fose xa subvencionada con fondos comunitarios e aínda non pasasen cinco anos desde a súa execución.
Poderán ser beneficiarios das axudas xestionadas ao abeiro destas bases reguladoras todos os concellos de Galicia.
Obrigas dos concellos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:
1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.
As obras deberán ter unha garantía de mantemento de cinco anos, contados desde a data de pagamento final da axuda, e serán por conta do concello os custos necesarios para a súa conservación. O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
2. No caso de que o concello solicitante asumise o compromiso de realizar actividades de información, promoción e difusión do mercado local a través da súa páxina web, nos termos previstos no artigo 15.3.b) destas bases reguladoras, este contido deberá proporcionar información suficiente sobre a identificación e localización do mercado, o seu réxime de funcionamento e apertura; conter una relación dos postos de venda e produtos ofrecidos, información sobre as campañas de promoción e difusión da vantaxes do comercio local. Estes contidos deberán manterse durante o período de cinco anos contado desde a data de pagamento final do expediente. O incumprimento deste compromiso dará lugar á rebaremación do proxecto, podendo comportar, de ser o caso, o reintegro da axuda concedida.
3. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.
4. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme coas prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.
6. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
7. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
8. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006 e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.
9. Cumprir coas obrigas de publicidade que se especifican a seguir:
Deberase publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia; en particular, do seguinte xeito:
a) Deberá colocarse en lugar visible ao público unha placa con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, coa inclusión do seguintes elementos: a bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a inclusión do lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Ao mesmo tempo, incluirán unha referencia á participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas, mediante a inclusión do logotipo deste organismo. As placas, que se colocarán nun lugar visible ao público, serán de material resistente e ríxido, non sendo admisible a simple impresión en papel.
A Agader facilitará a través da súa páxina web os modelos, oso formatos e as dimensións das placas informativas.
b) No caso de que o concello teña páxina web, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.
As referidas obrigas de publicidade deberán cumprirse durante un período mínimo de cinco anos contado desde a resolución de pagamento final da axuda.
10. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. De conformidade cos artigos 24 e seguintes do citado regulamento, entre estas actuacións de comprobación efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, así como os controis sobre o terreo e controis a posteriori que se determinen. Ademais, e en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013, deberán proporcionarlle á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa.
11. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta orde, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.
12. Cando o concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo IV.
As entidades solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigadas, antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude de axuda.
b) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 17 destas bases reguladoras.
c) Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural
Lugar da Barcia, 56. Laraño
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547382/ 981542690
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2020).
Extracto da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2020).
Resolución do 29 de maio de 2020 pola que se modifica a Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (código do procedemento MR712A) (DOG nº 109 do 5 de xuño de 2020).
Resolución do 21 de xullo de 2020 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria de subvencións a proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, correspondentes ao ano 2020. (DOG núm. 152 do 30 de xullo de 2020)
Prazo de presentación: PECHADO
22/01/2020 00:00 - 06/03/2020 23:59
O prazo para presentar as solicitudes de axuda será de corenta e cinco (45) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), os prazos expresados en días contaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Cando un día sexa hábil no concello e inhábil na sede do órgano administrativo, ou á inversa, considerarase inhábil en todo caso.
Presentación da solicitude
1. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.
Dentro do prazo establecido na convocatoria, os concellos interesados deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Agader https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda.
Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que o concello solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
2. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:
a) Darse de alta na aplicación informática para a xestión das axudas. O nome de usuario será o NIF da entidade solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.
b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 10 destas bases reguladoras.
c) Unha vez cuberto o formulario, a entidade solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.
No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación e xerará de forma automática os anexos II (solicitude de axuda) e III (memoria-resumo do proxecto). A publicación no Diario Oficial de Galicia dos citados anexos ten carácter puramente informativo.
3. Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Agader pon á disposición dos concellos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 981 54 73 82/981 54 26 90, e o enderezo de correo electrónico infoagader@xunta.gal.
Documentación que teñen que presentar as entidades solicitantes
1. Xunto co formulario normalizado de solicitude (anexo II), os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:
a) Memoria xustificativa da actuación proposta, segundo o anexo III.
Deberase ter en conta que a información resultante desta memoria terase en conta, se for o caso, para a baremación do proxecto, nos termos establecidos no artigo 15 destas bases reguladoras.
b) Certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes extremos:
1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.
2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación nesta convocatoria de axudas.
3º. Da titularidade municipal dos inmobles onde se van realizar os investimentos.
c) Certificación da persoa titular da Secretaría ou da Intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.
d) Proxecto de obra das actuacións propostas, segundo proceda, co seguinte contido mínimo:
1º. Memoria descritiva das necesidades detectadas e das actuacións propostas.
2º. Orzamento desagregado, indicando unidades de obra, medicións, prezos unitarios e descompostos.
3º. Planos de situación e de detalle.
4º. Referencia catastral e coordenadas UTM das actuacións propostas.
e) Informe asinado por técnico/a municipal competente, indicando se a actuación proposta foi obxecto ou non de subvencións con fondos comunitarios nos últimos cinco anos, ou incide en locais cuxa construción ou adquisición fose xa subvencionada con fondos comunitarios no mesmo período.
f) De ser o caso, certificación expedida pola persoa responsable da Secretaría municipal, acreditativa da boa xestión do concello, nos termos previstos no artigo 15.2 destas bases reguladoras, indicando, se procede, o seguinte contido:
1º. O concello rendeu as contas do exercicio anterior dentro dos prazos legalmente establecidos.
2º. O concello cumpriu coa estabilidade orzamentaria no exercicio anterior.
3º. O concello aprobou o orzamento anual no prazo legalmente establecido e non o ten prorrogado.
g) De ser o caso, declaración asinada polo representante legal da entidade respecto da asunción do compromiso de información, promoción e difusión do mercado local a través da páxina web da entidade municipal, nos termos establecidos no artigo 15.3.b) destas bases reguladoras.
h) De ser o caso, declaración ou informe asinado polo representante do concello ou pola persoa que dentro da Xunta de Goberno Local teña atribuídas as competencias en materia de comercio indicando se concorren as circunstancias referidas no artigo 15.3.f) das bases reguladoras.
i) De ser o caso, declaración ou informe asinado polo representante do concello ou pola persoa que dentro da Xunta de Goberno Local teña atribuídas as competencias en materia de comercio indicando se concorren as circunstancias referidas no artigo 15.3.g) das bases reguladoras.
Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015. As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Agader poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica.
3. Se algún dos concellos interesados presenta a documentación complementaria de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. No caso de que o proxecto de obra supere o tamaño límite establecido pola sede electrónica ou teña un formato non admitido, os concellos promotores poderán dividir o arquivo correspondente, xerando varios de menor tamaño, ou ben optar pola súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos, en formato CD. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Non será necesario que as persoas solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, poderán acollerse ao establecido nos artigos 28.3 da Lei 39/2015 e 20.3 da LSG, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade a que se formule a proposta de resolución.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"