Guía de procedementos e servizos

MR711B

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia no estado de dispoñible en concorrencia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Próxima apertura: 03/11/2025 00:00 - 21/11/2025 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto aprobar a posta en funcionamento do procedemento para a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia no estado de dispoñible en concorrencia, regulado no capítulo IV do título IV (artigos 54.2 e 54.3) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Quedan excluídos deste procedemento os arrendamentos pactados ou de mutuo acordo, recollidos no artigo 55, e os arrendamentos sobre as parcelas en estado de dispoñible sen concorrencia, recollidas no artigo 54.6 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Este procedemento habilitarase na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal e figurará na Guía de procedementos e servizos regulada pola Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, co código MR711B.

Este procedemento vai dirixido a calquera persoa que queira arrendar terras para fins agrícolas, gandeiros ou forestais conforme a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Subdirección de Mobilidade de Terras

Lugar da Barcia, 56 - Laraño

15897  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997193

Email: bancodeterras@xunta.gal

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Prazo de presentación: PECHADO

Establécense dous períodos anuais para a presentación das solicitudes. O primeiro comezará o primeiro día hábil do mes de maio de cada ano e o segundo comezará o primeiro día hábil do mes de novembro de cada ano. Ambos os períodos terán unha duración de 15 días hábiles (artigo 54.3 da Lei 11/2021). Fóra destes prazos, as solicitudes inadmitiranse por extemporáneas.

Non será necesario que se dite un acordo de iniciación expreso para cada un dos prazos e considérase como data do acordo de iniciación o primeiro día hábil do mes de cada un dos períodos anuais para a presentación das solicitudes. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do anexo I accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou desde a páxina web do Banco de Terras de Galicia (https://sitegal.xunta.gal/sitegal).

A presentación electrónica será obrigatoria para:

As administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

Non é necesario que as persoas interesadas acheguen ningunha documentación no momento de presentar a solicitude. As persoas interesadas deberán declarar os datos bancarios para o cobramento da renda no caso de que estas fosen adxudicatarias do arrendamento do predio.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.

f) Certificado da renda (IRPF).

g) Consulta de vida laboral dos últimos 5 anos.

h) Estatutos ou acta de constitución da agrupación.

i) Condición de titularidade de explotación agraria.

j) Condición de ser explotación agraria prioritaria.

k) Condición de ser beneficiaria de axudas de agroambiente e clima.

l) Condición de persoa produtora agraria inscrita no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica.

m) Condición de ser persoa beneficiaria de axudas á primeira instalación de persoas agricultoras mozas.

n) Condición de ter un plan de mellora na explotación.

o) Acreditación da propiedade de parcelas para a valoración de criterios de proximidade.

p) Contrato de arrendamento de parcela próxima ou confinante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (DOG nº 135 do 12 de xullo de 2001).

    • Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia (DOG nº 94 do 21 de maio de 2021).

    • Orde do 19 de abril de 2022 pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia no estado de dispoñible en concorrencia (DOG nº 80 do 27 de abril de 2022).

    • Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG nº 141, de 26 de xullo de 2019).

    • Orde do 20 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 19 de abril de 2022 pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia no estado de dispoñible en concorrencia (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

    • Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (BOE nº 236, de 2 de outubro de 2015).

    • Real Decreto 203/2021, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos (BOE nº 77 de 31 de marzo de 2021).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano