Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR616A
Axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Convócanse as axudas, en réxime de concorrencia non competitiva por rateo, destinadas á reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos a explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios, no eido competencial da Consellería do Medio Rural.
Liñas de axuda.
1. As liñas obxecto de axuda son as seguintes:
a) Axuda para a reparación dos danos causados a infraestruturas de titularidade privada (liña I).
b) Axuda para a reparación da maquinaria e equipamento forestal danada en tarefas de colaboración na extinción dos incendios forestais ou ocasionados polos mesmos (liña II).
c) Axuda aos gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e estelado da madeira queimada non comercial (liña III).
d) Axuda para a reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras (liña IV).
e) Axuda pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras (liña V).
f) Axuda pola morte de gando ou pola perda de colmeas das explotacións gandeiras e apícolas (liña VI).
g) Axuda para a adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas (liña VII).
2. As axudas contidas neste capítulo outórganse ao abeiro da seguinte normativa:
a) As axudas polos danos sufridos en explotacións agrícolas e gandeiras outórganse ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) nº 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícolas e forestais e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea;
b) As axudas polos danos sufridos en explotacións forestais outórganse ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias de terreos forestais, así como os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión dos organismos públicos. No caso de danos causados á maquinaria e equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles, con exclusión dos organismos públicos.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
EDIF. ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546184
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
EDIF. ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546186
Fax: 981546892
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Fomento Forestal
SAN LÁZARO, S/N
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546075/ 981546072
Fax: 981546101
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294808
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182579
Fax: 981184474
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294459
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386687
Fax: 988386482
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADRERA, 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805446
Fax: 986805406
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184673
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889257
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
RÚA VILLLAAMIL Y CASTRO, S/N
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386704
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADRERA, 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: PECHADO
31/10/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
- Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar as sete liñas de axuda. O expediente de axudas será único.
- As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.
- No caso das CMVMC, deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta reitora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no momento da solicitude da axuda.
- No caso das explotacións agrícolas e gandeiras, estas deberán estar rexistradas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e, de ser o caso, no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras e, para o caso dos animais e colmeas, consideraranse unicamente para efectos das axudas os correctamente identificados e/ou declarados.
Solicitude segundo o Anexo I.
Documentación xeral.
Acordo do órgano competente polo que se aprobou a solicitude desta axuda.
Anexo III "Referencias Sixpac das parcelas forestais afectadas polos incendios”.
Memoria xustificativa dos danos causados polos que se solicita axuda.
Póliza de seguros.
a) Liña I
Informe do concello da non titularidade municipal da pista forestal.
Certificado da titularidade da captación de augas.
Plano de situación dos investimentos.
Reportaxe fotográfica.
Resumo dos danos.
Tres orzamentos.
b) Liña II
Informe oficial (Distrito Forestal, Garda Civil, Concello, OAC) sobre que os danos foron consecuencia do incendio forestal.
Resumo dos danos.
Tres orzamentos.
c) Liña III
Plano de situación da superficie queimada.
Resumo dos danos.
Tres orzamentos.
d) Liña IV
Informe oficial (Distrito Forestal, Garda Civil, Concello, OAC) no cal se indique que os bens, a maquinaria, os equipamentos ou os medios de produción foron danados como consecuencia dun incendio forestal.
Resumo dos danos causados.
Tres orzamentos de diferentes provedores no que se desglosen detallada e cuantificadamente as melloras necesarias para reparar eses danos.
e) Liña V
Informe oficial (Distrito Forestal, Garda Civil, Concello, OAC) no cal se indique que as producións foron danadas como consecuencia dun Incendio forestal.
Resumo dos danos causados.
Xustificación dos produtos obtidos.
f) Liña VI
Detalle dos animais ou das colmeas afectadas, coa súa identificación e concreción dos lugares en que se atopaban no momento da morte, así como código de identificación da explotación rexistrada.
Informe oficial (Distrito Forestal, Garda Civil, Concello, OAC) no cal se indique que o gando ou as colmeas morreron como consecuencia dun incendio forestal.
Se é o caso, documento de recollida do cadáver por parte de empresa autorizada, ou calquera outra documentación que acredite a morte dos animais.
g) Liña VII
Descrición detallada do número de animais ou colmeas afectados, así como da súa localización.
Informe oficial (Distrito Forestal, Garda Civil, Concello, OAC) no cal se indique que os terreos en que se atopaba o gando ou as colmeas estiveron afectados como consecuencia dun incendio forestal.
Xustificación da necesidade de proporcionar alimentación complementaria e cálculo desagregado do volume de alimento necesario en función do número de animais ou colmeas, para un período de tres meses.
Tres orzamentos de diferentes provedores en que se desagreguen detallada e cuantificadamente as ofertas presentadas para proporcionar o alimento sinalado.
Documentación específica
1. Para as cooperativas agrarias, os pro indivisos, de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo e as comunidades de bens.
Anexo II “Acordo de compromisos e obrigas”.
2. Liña I e III, para todo tipo de titulares de terreos excepto comunidades de montes en man común.
Documentación xustificativa da propiedade dos terreos (propiedade ou arrendamento).
3. Liña II e IV, para todo tipo de solicitantes.
Documentación xustificativa da propiedade da maquinaria ou equipamento agrícola ou forestal (permiso de circulación).
Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, acreditación da representación con que se actúa.
Comprobación de datos.
DNI ou NIE da persoa solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
Datos relativos á inscrición no REAGA ou no REGA.
Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria Galega.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As solicitudes irán dirixidas á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situada a infraestrutura ou explotación que sufrise danos.
A solicitude de axuda inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante (código de procedemento MR616A):
a) Declaración da conta para a transferencia bancaria (anexo I).
b) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas (anexo I).
c) Declaración da titularidade do terreo en que se produciron os danos (anexo III).
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).
-
Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).
-
Orde do 3 de novembro de 2017 pola que se regulan os pagamentos anticipados nas axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 210 do 6 de novembro de 2017)
-
Orde do 21 de xuño de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas no Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 120 do 25 de xuño de 2018).
-
Orde do 23 de agosto de 2018 pola que se establecen condicións de xustificación e pagamento das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 162 do 27 de agosto de 2018).
-
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
-
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
-
Corrección de erros. Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de estacións de inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Rexistro de transportistas, medios de transporte e contedores de animais vivos.
Aberto todo o ano
Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais
Aberto todo o ano
Autorización para a utilización do lume na eliminación de restos de aproveitamentos forestais ou selvícolas en zonas de especial risco de incendios forestais (ZER).
Aberto todo o ano