Guía de procedementos e servizos

MR616D

Adhesión como entidade colaboradora para a execución e xestión das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 29/05/2023 00:00 - 09/06/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

Procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na execución e xestión das axudas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022, previstas no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022; e convocar a súa elección en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023.

1. Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica e os empresarios individuais, e que ambos estean inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (en adiante Resfor), regulado polo Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

Así, poderán ser entidades colaboradoras todos as empresas do sector forestal inscritas no Resfor que se dediquen de forma total ou parcial as actividades recollidas na división I do rexistro.

Para ser entidade colaboradora é necesario que posúa solvencia económica e financeira, así como solvencia técnica e profesional. Para lograr a solvencia técnica, as entidades colaboradoras deberán dispoñer dos medios tecnolóxicos precisos que garanten o acceso e utilización de medios electrónicos empregados para as comunicacións coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Ademais, disporán da maquinaria, material y equipo técnico imprescindible para realizar as actuacións subvencionables.

2. Ademais, para adquirir a condición de entidade colaboradora é requisito indispensable formalizar o convenio de colaboración, segundo o modelo que figura no anexo XIII desta orde, no que se regulan as condicións e obrigas asumidas polas entidades colaboradoras.

3. As entidades colaboradoras deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades colaboradoras non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e na execución dos traballos subvencionados.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Subdirección Xeral de Recursos Forestais

Servizo de Fomento Forestal

Avda. San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546072/ 981546073

Fax: 981546101

Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Montes de Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184575

Fax: 981184672

Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Montes de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294531

Fax: 982294874

Email: montes.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Montes de Ourense

Villaamil e Castro, s/n

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386695

Fax: 988386697

Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Montes de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805411

Fax: 986805478

Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Prazo de presentación: PECHADO

29/05/2023 00:00 - 09/06/2023 23:59

O prazo de presentación da solicitude de adhesión das entidades colaboradoras será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.

Solicitudes.

1. As solicitudes de adhesión (código de procedemento MR616D) serán presentadas pola entidade colaboradora obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I-solicitude de adhesión) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismo de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Na solicitude de adhesión como entidade colaboradora, que figura como anexo I desta orde, a persoa solicitante declarará o seguinte:

a) Que coñece o contido das bases e do modelo de convenio e que cumpre cos requisitos establecidos neles.

b) Que é unha empresa do sector forestal inscrita no Resfor.

c) Que posúe a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 4 da orde.

d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

f) Estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

i) Que se compromete a:

1º. Comunicar calquera variación que poida acontecer nos datos recolleitos nos documentos achegados.

2º. Realizar todos os trámites, regulados nesta orde ou nas normas xerais de procedemento administrativo, necesarios para a tramitación administrativa da solicitude de axuda en representación da persoa interesada.

3º. Desagregar na factura dos traballos realizados, os custos da actuación que son cubertos pola subvención e, de ser o caso, os que teñen que ser costeados pola persoa beneficiaria.

4º. Facilitarlle á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal canta información e documentación precise para realizar as comprobacións oportunas.

5º. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento da orde e execución dos traballos.

6º. Realizar os traballos de campo e obras necesarios para a execución das accións subvencionables das que é beneficiaria a persoa interesada, tanto da liña I-S como da liña II-S e/ou liña III-S.

j) Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

Documentación complementaria.

1. A entidade colaboradora deberá presentar xunto coa solicitude de adhesión (anexo I) a documentación que acredite a representación con que actúa.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

O representante da entidade colaboradora responsabilizarase da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable de procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade colaboradora ou persoa interesada debe indicar en que momento a ante que órgano administrativo presentou a persoa interesada os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Comprobación de datos das entidades colaboradoras.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada e opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

f) NIF da entidade solicitante.

g) Inscrición no Resfor.

h) Estar inhabilitada para recibir subvencións públicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderánselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Tramites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar tras a presentación da solicitude de adhesión deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Prazo de resolución:

15 días hábiles desde que finalice o prazo de presentación da solicitude de adhesión.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).

    • Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 99 do 26 de maio de 2023).

    • Extracto da Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 99 do 26 de maio de 2023).

Outros procedementos relacionados

MR601A

Permisos para a realización de queimas.

Aberto todo o ano

MR604C

Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.

Aberto todo o ano

MR604D

Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR604E

Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano