Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR616E - Axudas para a recuperación de soutos de castiñeiros.
Bases que regulan as axudas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022; previstas no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 e convocar para o ano 2023 ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito.
1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares, arrendatarios ou que teñan un dereito de explotación e/ou xestión dos soutos, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.
Poderán ser beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as Sociedades de fomento forestal (Sofor) que estean inscritas no Rexistro de agrupacións forestais de xestión conxunta ou no Rexistro das Sofor, e os axentes promotores produtivos que, ao abeiro do establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, sexan adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada.
Tamén serán persoas beneficiarias aquelas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldeas modelo resulten seleccionadas, segundo o establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Tanto os polígonos agroforestais como as aldeas modelo deberán estar rexistrados, respectivamente, no Rexistro Público de Polígonos Agroforestais ou no Rexistro de Aldeas Modelo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC).
2. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as persoas beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. No caso das comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta reitora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no momento da solicitude da axuda.
4. No caso de danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou cerramentos dos soutos (liña II-S), as persoas beneficiarias só poderán ser asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, comunidades de bens, montes de varas, comunidade de montes veciñais e man común, Sofor, axentes promotores produtivos adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada e outras persoas xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Fomento Forestal
Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546072/ 981546073
Fax: 981546101
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Email: montes.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Villaamil e Castro, s/n
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).
Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 99 do 26 de maio de 2023).
Extracto da Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 99 do 26 de maio de 2023).
Orde do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 157 do 21 de agosto de 2023).
Extracto da Orde do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 157 do 21 de agosto de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
22/07/2023 00:00 - 15/09/2023 23:59
Segundo a Orde do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 24 de maio de 2023, amplíase o prazo de presentación de solicitudes e emenda da solicitude ata o 15 de setembro de 2023.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde 40 días hábiles seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Información adicional:
Listado de entidades colaboradoras para a xestión administrativa da axuda e execución dos traballos das actuacións subvencionadas segundo a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023.
https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/entidades-colaboradoras-castano-mr616d
Solicitudes .
1. A tramitación do procedemento de solicitude de axuda (código de procedemento MR616E) realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos directamente pola persoa interesada ou a través dalgunha das entidade colaboradora adherida que figuran na listaxe que se publique na páxina web da Consellería do Medio Rural. Segundo sexa o caso:
a) Se a solicitude a realiza a persoa interesada: presentará a solicitude de axuda a través do formulario normalizado dispoñible anexo II (solicitude de axuda) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Cada solicitante debe presentar unha petición por cada concello no que teña parcelas de actuación.
b) Se a solicitude a realiza unha entidade colaboradora: presentará, en representación do interesado, a solicitude de axuda a través do formulario normalizado dispoñible anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Ademais, xunto a solicitude de axuda anexo II debe presentarse o documento de autorización da representación do interesado pola entidade colaboradora conforme o anexo III (autorización para a representación pola entidade colaboradora).
A entidade colaboradora debe presentar unha petición por cada concello no que a persoa interesada teña parcelas de actuación.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das solicitudes se presenta presencialmente, o interesado será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes irán dirixidas á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural onde estea situado o souto que sufrise danos.
3. Farase constar na solicitude de axuda (anexo II) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura na dirección electrónica http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/
Documentación complementaria .
1. O solicitante (persoa interesada ou entidade colaboradora) deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Documentación xeral:
a.1) Acreditar a representación mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia, de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de que a persoa interesada actúe por medio de representante.
a.2) No caso de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado da Axencia Tributaria relativo á situación da persoa ou entidade solicitante con respecto ao IVE.
a.3) Acreditar a titularidade do souto por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito ou no se defecto mediante declaración xurada. No caso de non ser titular do souto acreditar o arrendamento ou dereito de explotación e/ou xestión do souto por calquera documento admisible en dereito.
a.4) Xustificar os danos polos que se solicita axuda, segundo o caso, debe presentar:
1. No caso de que a solicitude a presente directamente a persoa interesada:
• Documento descritivos das actuacións polos cales se solicita axuda na que deberá constar a previsión de gastos e/ou investimentos para os que se solicita axuda segundo o anexo VI (documento descritivo das actuacións).
• No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 40.000 euros, sen IVE, debe presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores nas que figurarán detalladas as actuacións que hai que realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria.
Non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.
Así mesmo, as persoas físicas ou xurídicas responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
2. No caso de que a solicitude se presenta a través dunha entidade colaboradora:
• Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que ser achegada en soporte dixital en formato vectorial, en formato shape (shp), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicarase claramente o ano do SIXPAC respecto do cal se toman os datos.
• Información vectorial en formato Shapefile y csv; tendo a táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto segundo os criterios establecidos no anexo XII (instrucións da remisión da información soporte dixital e vectorial).
• Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita axuda na que deberá constar a previsión de gastos e/ou investimentos.
a.4) Autorización para a representación pola entidade colaboradora (anexo III) no caso de que a solicitude se presente a través dunha entidade colaboradora.
b) Documentación específica, no caso de que a persoa interesada sexa:
b.1) Unha asociación ou agrupación formalmente constituídas e inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia presentará o anexo IV (acordo de cesión na agrupación de persoas propietarias particulares formalmente constituída) ou acordo de cesión asinado polos socios que podan ser beneficiarios da axuda.
b.2) Un pro indiviso, un pro indiviso legalmente constituídos e montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens presentarán o anexo V (acordo de compromisos e obrigas establecidas na orde) ou acordo de compromisos e obrigas por todos os seus compoñentes e a acreditación da persoa física que as representa.
c) Certificados, no caso de que a persoa interesada sexa:
c.1) Unha CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo/pola secretario/a, co visto e prace do/da presidente/a, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.
c.2) Unha cooperativa agraria: certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita e anexo VII (certificado de acordo de solicitude de subvención) cuberto.
c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, axentes produtores produtivos recoñecidos e persoas xurídicas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas a aldeas modelo foran seleccionadas ao abeiro do disposto na Lei 11/2021, do 14 de maio): anexo VII cuberto. Este derradeiro documento, non será preciso achegalo no caso de entidades recoñecidas ou propostas ao abeiro do disposto na Lei 11/2021, do 14 de maio, cando se trate de persoas físicas e non xurídicas.
d) Autorizacións e informes:
d.1) Autorizacións/informes dos órganos competentes por razón da materia ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes presentadas perante os órganos competentes se a superficie de actuación está afectada ou comprende:
a) Zona incluída na Rede Natura 2000.
b) Zona de protección lateral do Camiño de Santiago.
c) Afección polo inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.
d) Outras afeccións segundo a lexislación sectorial distinta da forestal: habitat do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou na Rede galega de espazos protexidos, afección ribeira (zona policía 5-100 m) de Augas de Galicia, afección ribeira (zona policía 5-100 m) da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, afección ribeira (zona policía 5-100 m) Confederación Hidrográfica do Cantábrico, afección ribeira (zona policía 5-100 m) Confederación Hidrográfica do Douro, afección en áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) e/ou lugares de especial interese paisaxístico (LEIP), afección zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, afección zonas de protección de estradas autonómicas, afección zonas de protección de estradas provinciais ou outras.
No caso de que a dita autorización/informe xa conste en poder da Administración deberá indicalo no impreso de solicitude da axuda. No caso de que algunha das autorizacións/informes sexa desfavorable, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.
d.2) Informe do concello respecto da non titularidade municipal da pista forestal obxecto de axuda (só para a liña II-S).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade colaboradora ou persoa interesada debe indicar en que momento a ante que órgano administrativo presentou a persoa interesada os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo dos documentos achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos das persoas interesadas .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
e) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
f) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria galega.
g) Estar inhabilitada para recibir subvencións públicas.
h) Consulta de concesión de subvencións e axudas da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Tramites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que a persoa interesada ou representante deban realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Autorización para a utilización do lume na eliminación de restos de aproveitamentos forestais ou selvícolas en zonas de especial risco de incendios forestais (ZER).
Procedemento de alleamento de aproveitamento madeireiro.
Axudas para a reposición de explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios forestais.
Axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras.