Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR612A
Procedemento de alleamento de aproveitamento madeireiro.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Para a tramitación dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia pode consultar este vídeo.
As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.
O obxecto desta orde é regular o procedemento de tramitación electrónica para o alleamento dos aproveitamentos forestais en montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia regulados polo Decreto 244/1998, do 24 de xullo, que regula os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia.
*A onde acudir:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
SECRETARÍA XERAL DO MEDIO RURAL E MONTES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS
Avda. San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfonos: 981546112 / 981546107 Fax: 981546101
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE MONTES
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 A CORUÑA
Teléfono: 981184575 Fax: 981184672
DISTRITO FORESTAL I-FERROL
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 FERROL
Teléfono: 981337341 Fax: 981337346
DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS
O Carregal, s/n
15300 BETANZOS
Teléfono: 881960417 Fax: 881960424
Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n-1º (Edificio Fórum)
15100 CARBALLO
Teléfono: 881960635 Fax: 881960637
DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR
Rúa Nova, 41-2º
15680 ORDES
Teléfono: 881960663 Fax: 881960686
Rúa Padre Pardo, 13-2º
15009 ARZÚA
Teléfono: 881960664 Fax: 881867353
DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA
Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15
15200 NOIA
Teléfono: 881867262 Fax: 881867264
DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA
Codeseiras, 11
15129 VIMIANZO
Teléfono: 881867376 Fax: 881867379
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE MONTES
Ronda da Muralla, 70
27071 LUGO
Teléfono: 982294531 Fax: 982294874
DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE
Avda. Gerardo Harguindey Banet, 2
27863 CELEIRO
Teléfono: 982555060 Fax: 982555065
Rúa Pardo de Cela, 22
27740 MONDOÑEDO
Teléfono: 982828538 Fax: 982828540
DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES
Rúa Ano Vello, s/n, entrechán
27640 BECERREÁ
Teléfono: 982828410 Fax: 982828420
Rúa Marmoiral, s/n
27100 A FONSAGRADA
Teléfono: 982828405 Fax: 982828408
DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS
Rúa Alfredo Brañas, s/n
27400 MONFORTE DE LEMOS
Teléfono: 982889119 Fax: 982889125
Rúa do Rego, 3
27600 CHANTADA
Teléfono: 982828927 Fax: 982454108
DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA
Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13
27001 LUGO
Teléfono: 982828629 Fax: 982828632
Rúa Vázquez Queipo, 25
27600 SARRIA
Teléfono: 982870783 Fax: 982870786
DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ
Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n
27800 VILALBA
Teléfono: 982828961 Fax: 982828968
Praza do Concello, s/n
27420 MEIRA
Teléfono: 982870531 Fax: 982870533
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE MONTES
Villaamil y Castro, s/n
32071
OURENSE
Teléfono: 988386695 Fax: 988386697
DISTRITO FORESTAL XI-O RIBEIRO-ARENTEIRO
Estrada O Carballiño-Cea (OU-504), km 22 (Seoane)
32500 O CARBALLIÑO
Teléfono: 988274436 Fax: 988530213
DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA
Villaamil y Castro, s/n
32071 OURENSE
Teléfono: 988687592 Fax: 988687585
Rúa Fonte dos Caños, 6
32700 MACEDA
Teléfono: 988788745 Fax: 988788747
DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES
Casa Grande de Viloira
32300 O BARCO DE VALDEORRAS
Teléfono: 988788938 Fax: 988788941
Avda. Ourense, 36
32760 CASTRO CALDELAS
Teléfono: 988788833 Fax: 988788837
DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA
Rúa Rosalía de Castro, 63-1º
32600 VERÍN
Teléfono: 988788298 Fax: 988788306
Rúa Beato Aparicio, s/n
32540 A GUDIÑA
Teléfono: 988788697 Fax: 988788698
DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA
Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6
32840 BANDE
Teléfono: 988788019 Fax: 988788022
Rúa Vicente Risco, 9-1º
32630 XINZO DE LIMIA
Teléfono: 988788405 Fax: 988788406
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE MONTES
Avda. M.ª Victoria Moreno, 43-2º
36071
PONTEVEDRA
Teléfono: 986805411 Fax: 986805478
DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS
Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª
36500 LALÍN
Teléfono: 886159279 Fax: 886159287
Edificio do Concello
36550 FORCAREI
Teléfono: 886159284
DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA
Rúa Paseo Matutino, 25-1º A/B
36860 PONTEAREAS
Teléfono: 886120981 Fax: 886120985
DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO
Rúa Riveira, s/n Edif. Multiusos de Torneiros
36410 O PORRIÑO
Teléfono: 886120802 Fax: 886120823
Paseo A Xunqueira, 15-1ºB
36800 REDONDELA
Teléfono: 886120810
Estrada Gondomar PO 344, s/n. Barrio Mosteiro
36740 TOMIÑO
Teléfono: 886120809
DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS
Centro de Apoio Cabanas, s/n
36143 SALCEDO
Teléfono: 886159584
Praza Ravella, 13-5º
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono: 886159581
Esta orde aplicarase aos alleamentos dos aproveitamentos forestais en montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
*Consultar o apartado obxecto.
Para a tramitación dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia pode consultar este vídeo.
As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.
Prazo de presentación: ABERTO
1. As solicitudes de participación, correspondentes ao sobre A, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do anexo I –formulario normalizado– dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a oferta económica, correspondente ao sobre B, utilizarase o modelo tipo establecido no anexo II. De maneira obrigada, deberá presentarse individualmente para cada lote obxecto de alleamento.
3. As solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial da consellería competente en materia de medio rural da provincia en que se realice o alleamento.
4. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta o dito anexo presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. No entanto, respecto da oferta económica, correspondente ao sobre B (anexo II desta orde), observaran o disposto na disposición transitoria primeira desta orde.
Declaracións incluídas nos formularios normalizados
1. A solicitude de participación, correspondente ao sobre A (anexo I desta orde), inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante:
1.1. Declaracións xerais:
a) Que non esteán incursos en suposto ningún a que se refire o artigo 71 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE (LCEur 2014\535) e 2014/24/UE, do 26.2.2014 (LCEur 2014\536) (en diante, LCSP).
b) Que non forma parte dos órganos de goberno ou administración da entidade ningún alto cargo a que se refire a Lei 3/2015, do 30 de marzo, reguladora do exercicio do alto cargo da Administración xeral do Estado; da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas; a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, nin se trata de calquera dos cargos electivos regulados na Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, nos termos establecidos nela.
c) Que se encontra ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Facenda estatal, non ten débedas de natureza tributaria coa Comunidade Autónoma de Galicia nin coa Seguridade Social impostas pola lexislación estatal ou autonómica.
1.2. Declaracións específicas:
a) Que na actualidade se encontra de alta no imposto sobre actividades económicas (IAE) (agás persoas traballadoras autónomas estranxeiras).
b) Que a entidade está inscrita no Rexistro de Licitadores e que as circunstancias da entidade que nel figuran respecto dos requisitos exixidos para a admisión no procedemento de contratación son exactas e non experimentaron variación.
c) Que, de acordo co disposto nos artigos 86 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, e 149 da LCSP, a entidade a que representa comprométese a achegar ou, se é o caso, facilitar canta información lle sexa solicitada, no caso de pertencer a un grupo de empresas.
d) Que manifesta coñecer o contido e alcance do Código ético institucional da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2014 e publicado por Resolución do 8 de setembro de 2014.
e) Que se somete á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, de ser o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que lle corresponda (só para persoas empresarias estranxeiras).
f) Os datos da persoa empresaria respecto aos criterios de desempate sobre:
i) O número de persoas traballadoras fixas con discapacidade ou inclusión no cadro de persoal.
ii) A porcentaxe de contratos temporais no cadro de persoal da empresa.
iii) A porcentaxe de mulleres empregadas no cadro de persoal da empresa.
iv) Se dispón da Marca galega de excelencia en igualdade, nos termos do artigo 75.c) do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
v) No caso de empresas con menos de 50 persoas traballadoras, se ten implantado un plan de igualdade nos termos do artigo 67.4 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
Se a persoa empresaria non cubre esta letra f) no anexo I, a Mesa de Contratación interpretará que non se encontra en ningún dos supostos mencionados.
2. A oferta económica, correspondente ao sobre B (anexo II desta orde), deberá incluír as seguintes declaracións da persoa solicitante:
a) Declaración do seu compromiso de realizar o aproveitamento de acordo co establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
b) Declaración de coñecer e aceptar na súa totalidade o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a licitación deste procedemento.
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento
1. As persoas empresarias, sexan persoas xurídicas ou persoas traballadoras autónomas, que participen nos alleamentos forestais en montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e teñan a súa sede social no territorio español deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Persoas traballadoras autónomas:
a) Xustificación da solvencia técnica ou profesional.
b) Xustificación da solvencia económica e financeira.
c) Último recibo do IAE (ou declaración xurada de exención).
d) De ser o caso, xustificante do depósito da garantía provisional do 2 % do prezo do/s lote/s en que participa.
e) En aplicación da disposición transitoria primeira, os xustificantes de entrada no rexistro administrativo da correspondente xefatura territorial da consellería competente en materia do medio rural de cada un dos sobres B que conteñan a oferta económica do/dos lote/s en que participa (anexo II).
1.2. Persoas empresarias que non estean dadas de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia nin no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado:
a) Escritura de constitución ou modificación da empresa.
b) Poder declarado bastante da persoa representante dilixenciado pola asesoría xurídica da Xunta de Galicia.
c) Xustificación da solvencia técnica ou profesional.
d) Xustificación da solvencia económica e financeira.
e) Último recibo do IAE (ou declaración xurada de exención).
f) De ser o caso, xustificante do depósito da garantía provisional do 2 % do prezo do/s lote/s en que participa.
g) En aplicación da disposición transitoria primeira, os xustificantes de entrada no rexistro administrativo da correspondente xefatura territorial da consellería competente en materia do medio rural de cada un dos sobres B que conteñan a oferta económica do/dos lote/s en que participa (anexo II).
1.3. Persoas empresarias con alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado:
a) Xustificación da solvencia técnica ou profesional.
b) Xustificación da solvencia económica e financeira.
c) Último recibo do IAE (ou declaración xurada de exención).
d) De ser o caso, xustificante do depósito da garantía provisional do 2 % do prezo do/s lote/s en que participa.
e) En aplicación da disposición transitoria primeira, os xustificantes de entrada no rexistro administrativo da correspondente xefatura territorial da consellería competente en materia do medio rural de cada un dos sobres B que conteñan a oferta económica do/dos lote/s en que participa (anexo II).
2. As persoas empresarias, sexan persoas xurídicas ou persoas traballadoras autónomas, que participen nos alleamentos forestais en montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e teñan a súa sede social fóra do territorio español deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Capacidade de obrar:
a.1) A capacidade de obrar das persoas empresarias non españolas que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea ou de Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo acreditarase pola súa inscrición no rexistro procedente, de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidas, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.
a.2) As persoas empresarias estranxeiras distintas das incluídas no punto a.1) deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.
b) Xustificación da solvencia técnica ou profesional.
c) Xustificación da solvencia económica e financeira.
d) De ser o caso, xustificante do depósito da garantía provisional do 2 % do prezo do/dos lote/s en que participa.
e) En aplicación da disposición transitoria primeira, os xustificantes de entrada no rexistro administrativo da correspondente xefatura territorial da consellería competente en materia do medio rural de cada un dos sobres B que conteñan a oferta económica do/dos lote/s en que participa (anexo II).
3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude de participación, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se deba de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificado de inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.
e) Certificado de inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado, de ser o caso.
f) Certificado de inscrición no Rexistro de Empresas do Sector Forestal de Galicia (Resfor).
g) Última comunicación anual presentada ao Rexistro de Empresas do Sector Forestal de Galicia (Resfor).
h) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
i) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
j) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Para a tramitación dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia pode consultar este vídeo.
As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 244/1998, do 24 de xullo, polo que se regulan os alleamentos dos aproveitamentos forestais en montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 159 do 18 de agosto de 1998).
-
Orde do 8 de setembro de 1998 pola que se desenvolve o Decreto 244/1998, do 24 de xullo, que regula os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 180 do 16 de setembro de 1998).
-
Corrección de erros.-Orde do 8 de setembro de 1998 pola que se desenvolve o Decreto 244/1998, do 24 de xullo, que regula os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185 do 23 de setembro de 1998).
-
Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se desenvolve a tramitación electrónica dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia regulados polo Decreto 244/1998, do 24 de xullo (código de procedemento MR612A) (DOG nº 41 do 2 de marzo de 2020).
-
Resolución do 2 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante procedemento aberto con criterio único (prezo) para un alleamento de madeiras na provincia de Ourense. (DOG nº 149 do 27 de xullo de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano