Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR562A
Axudas para a realización de certames de gando bovino selecto.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería do Medio Rural
Establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, as bases reguladoras das axudas para a celebración de certames de gando bovino selecto na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder a súa convocatoria para o ano 2024.
Concellos de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546185
Email: prodgandeiras.sscc.cmrm@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/01/2024 00:00 - 31/10/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será de:
a) Para os certames celebrados desde o 1 de novembro de 2023 ata á data de publicación desta orde: un mes desde o día seguinte ao da súa publicación.
b) Para os certames que se celebren despois da publicación desta orde: un mes contado desde o día seguinte da celebración do evento e coa data límite do 31 de outubro de 2024.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación ou celebración segundo o caso; se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde os concellos de Galicia que organicen certames de gando selecto e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
b) Non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Cumprir o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
d) Dispoñer de instalacións axeitadas adaptadas ao tipo de certame, que garantan unhas condicións sanitarias e de benestar animal óptimas.
e) Dispoñer de medios técnicos e de persoal para a celebración deste tipo de eventos.
f) Dispoñer dun regulamento interno en que se establezan as condicións mínimas de presentación, benestar animal, sanidade e calidade xenética que deben cumprir os animais participantes, que deberá ser supervisado polos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural (en diante, SSVVOO).
g) Contar coa colaboración da correspondente asociación de gandeiros oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do Libro Xenealóxico ou a realización do control de rendementos, que participarán no desenvolvemento do evento e asesorarán sobre as datas idóneas de celebración do certame.
2. Para poder participar nos certames, os animais:
a) Procederán de explotacións galegas cualificadas sanitariamente, e cumprirán os requisitos sanitarios mínimos establecidos no regulamento interno.
b) Estarán inscritos nos libros xenealóxicos das razas correspondentes.
3. Os concellos beneficiarios deberán facer constar na publicidade e promoción do evento que se trata de actuacións celebradas en colaboración coa Xunta de Galicia, e facendo constar os símbolos de identidade corporativa.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades locais interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación do secretario ou secretaria da entidade local en que conste a representación que desempeña a persoa que asina a solicitude para o caso de que non se trate do representante legal.
b) Certificación do secretario ou secretaria da entidade local en que conste a aprobación da solicitude de subvención polo órgano competente.
c) Certificación do secretario ou secretaria da entidade local en que conste a disposición de financiamento para as partidas orzamentarias que sexan financiadas pola entidade.
d) A autorización previa por parte dos Servizos Veterinarios Oficiais para a celebración do evento.
e) Unha memoria da actividade realizada, indicando o obxectivo perseguido, os seus destinatarios e a súa repercusión. A memoria deberá conter o tipo de certame celebrado, a raza ou razas presentes, o número de animais participantes segundo o tipo de certame, de ser o caso, así como a descrición das instalacións, dos medios técnicos empregados, o persoal destinado aos eventos, así como calquera outro aspecto relacionado co certame que se considere de interese.
f) Un regulamento interno en que se establezan as condicións mínimas de presentación, benestar animal, sanidade e calidade xenética que deben cumprir os animais participantes, supervisado polos SSVVOO do Medio Rural.
g) Certificación da asociación de gandeiros oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do Libro Xenealóxico ou a realización do control de rendementos, da colaboración no certame e na cal se avale a calidade xenética dos animais que se van presentar.
h) Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas alíneas c) e d) do artigo 3 punto 1 desta orde. Para iso, deberá presentarse unha certificación do secretario ou secretaria do concello que conteña a relación de certames celebrados, as súas datas de celebración, e a raza ou razas presentes.
No caso de que unha mesma entidade local solicite a axuda para a celebración de varios certames, non terá que volver presentar esta documentación.
Coa solicitude da axuda, presentarase a documentación xustificativa e económica desta, tal como se indica no artigo 17.
2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que contén, e que fai constar os extremos seguintes:
O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, especificamente, de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades locais interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Se algunha das entidades locais interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a consulta:
a) DNI ou NIE da persoa que, en nome e representación da entidade, solicite a concesión da subvención.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
f) Concesión de subvencións e axudas.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de certames de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de certames de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.
Aberto todo o ano
Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano
Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano