Guía de procedementos e servizos

MR560A

Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

Establecer as normas así como os programas de formación, para a capacitación de persoas que traballan nos centros de cría, subministradores ou usuarios de animais que son utilizados para a experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, de acordo co disposto no Real decreto 1201/2005.

A súa finalidade é asegurar a devandita protección e, en particular, que aos animais utilizados se lles conceda, os coidados adecuados; que no se lles cause innnecesariamente dor, sufrimiento, angustia ou lesión prolongados; que se evite toda duplicación i8nutil de procedementos, e que o número de animais utilizados no s procedementos se reduza ao mínimo, aplicando, no posible, métodos alternativos.

A organización dos cursos de formación de persoas que traballan con animais utilizados para a experimentación e outros fins científicos poderán realizala os seguintes centros:

1. Poderán impartir formación para as categorías A e B, ademais dos centros do sistema universitario de Galicia e os centros oficiais que imparten formación profesional regrada da rama agraria, química ou sanitaria, as entidades autorizadas para impartir formación en materia de benestar animal debidamente rexistradas, de acordo co disposto no Decreto 60/2007, do 22 de marzo, polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal, se establece o procedemento de autorización das entidades de formación e se crea o rexistro destas.

2. Para as categorías C e D, os centros do sistema universitario de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Área de Formación, Innovación e Investigación

Departamento de Formación

Rua Camiño Francés, 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546790

Fax: 981546651

Email: formacion.cmrm@xunta.es

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1. O persoal asesor en benestar animal poderá impartir formación para todas as categorías a que fai referencia o artigo 25º, podendo contar coa colaboración doutro persoal especializado nas materias específicas dos programas dos cursos.

2. O persoal que acredite cumprir os requisitos de formación da categoría C, poderá impartir a formación correspondente ás categorías A, B e C.

3. O persoal que colabore nas prácticas dos cursos terá como mínimo a cualificación de categoría B.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • 1. Persoa responsable de formación:

    • Anexo II.

    • Curriculum Vitae.

    • Copia da titulación académica.

  • 2 . Acreditación da formación do profesorado:

    • Curriculum Vitae.

    • Copia da titulación académica.

  • 3 . Outra documentación:

    • Memoria do curso e obxectivos xerais da acción formativa.

    • Programa que se vai impartir (contido de cada unidade didáctica, horas lectivas, tipo e duración de cada módulo).

    • Datas da acción formativa.

    • Acreditación dos requisitos de solvencia técnica, medios humanos e materiais. suficientes e axeitados ao programa de cada curso.

    • Certificación de que os cursos propostos respetarán as condicións para o uso de animais vivos esixidas para as prácticas formativas.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    • Decreto 296/2008, do 30 de decembro, de protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, e polo que se crea o Rexistro dos centros de cría, de subministradores e usuarios e a Comisión Galega de Benestar dos Animais de Experimentación (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 53/2013, da 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia (BOE nº 34, do 8 de febreiro de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 53/2013, da 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia (BOE nº 100, do 26 de abril de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 53/2013, da 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia (BOE nº 79, do 2 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

IN845A

Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 23/06/2025 23:59

IN855A

Programa Ignicia proba de concepto.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59

MR516C

Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano