Guía de procedementos e servizos

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

a) Establecer no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia determinadas normas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia, en harmonía coa normativa estatal e comunitaria.

b) Ditar as normas para a formación das persoas que traballan nos centros de cría, subministradores ou usuarios de animais que son utilizados para a experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, de acordo co disposto no Real decreto 1201/2005, sobre protección dos animais utilizados para a experimentación e outros fins científicos.

c) Crear o Rexistro dos centros de cría, de subministradores e usuarios de animais de experimentación.

d) Crear a Comisión Galega de Benestar dos Animais de Experimentación.

Inscribiranse no rexistro todos os centros de cría, os centros subministradores e os centros usuarios situados dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O rexistro estrutúrase nas seccións seguintes, en función das actividades que desenvolvan os centros inscritos:

a) Centros de cría.

b) Centros subministradores.

c) Centros usuarios.

No caso de que un centro estea integrado por unidades separadas fisicamente e con funcionamento e organización independente, cada unha destas figurará inscrita con carácter de centro diferente, aínda que poderán dispor do mesmo comité ético de benestar animal ao que se refire o capítulo V deste decreto.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545732

Fax: 981545735

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Subdirección Xeral de Gandaría

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Con carácter previo ao comezo do seu funcionamento.

Os centros de cría que realicen unicamente a subministración dos animais criados nas súas instalacións inscribiranse como centros de cría.

No caso de centros de cría que ademais de fornecer os animais criados nas súas instalacións, fornezan animais procedentes doutros centros de cría, doutros centros subministradores ou doutras orixes, figurarán no rexistro como centro de cría e centro subministrador.

Para efectos de inscrición no rexistro cando os centros usuarios críen animais para seren utilizados nas súas instalacións, só deberán de inscribirse como centros usuarios, aínda que se deberán axustar tamén ás normas establecidas para os centros de cría.

  • Actuacións en materia de protección de animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia: ( 31.07.29)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude (Anexo I).

  • Copia do DNI da persoa representante do centro, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

  • Documentación que acredite a representatividade do centro.

  • Memoria descritiva das características do centro e das actividades que se van desenvolver.

  • Planos ou esbozos de situación e distribución das construcións, instalacións e dependencias do centro.

  • Superficie dos locais destinados ao aloxamento dos animais e especies que se van aloxar, indicando a súa capacidade.

  • Programa hixienico-sanitario, subscrito por un veterinario, que prevexa todas as medidas de control establecidas pola normativa vixente, incluíndo a eliminación de residuos e subprodutos animais.

  • Memoria en que se indiquen os aspectos fundamentais dos procedementos que se prevexa realizar, coa indicación das especies e o número de animais que estea previsto utilizar.

  • Relación do persoal especializado ao cal se refire o artigo 24º do Decreto 296/2008, con especificación da súa formación e titulación, e das responsabilidades de cada un en materia de benestar e de saúde animal.

  • Composición do Comite etico de experimentación animal no caso de que se trate dun centro usuario.

  • Outros documentos.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    • Decreto 296/2008, do 30 de decembro, de protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, e polo que se crea o Rexistro dos centros de cría, de subministradores e usuarios e a Comisión Galega de Benestar dos Animais de Experimentación (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560A

Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano