Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR506A - Réxime de axudas á apicultura: Solicitude individual de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
Concesión de axudas á apicultura a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida contempladas en a Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.
Será requisito para a obtención das axudas:
1º. Levar realizando a actividade apícola con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude de axuda, fóra de quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data. Ademais, quedará exenta do requisito anterior a creación de figuras asociativas ou persoas xurídicas integradas por apicultores/as que o foran antes do 1 de xaneiro do ano da presentación da solicitude, ou a creación de explotacións de titularidade compartida na que un dos membros fose apicultor ou apicultora con anterioridade a esa data.
En caso de fusións de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade a do titular con maior antigüidade.
2º. Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.
3º. Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
4º. Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.
5º. Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.
6º. Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2023 antes do día 1 de marzo de 2024.
7º. Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2024, segundo o recollido no artigo 7.2 do Real decreto 209/2002 e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade autónoma de Galicia. No que respecta a necesidade de dilixenciar o libro de rexistro, establecida non artigo 7.1 do Real decreto 209/2002, considerarase cumprida se a autoridade competente ten establecido un procedemento telemático para o rexistro da devandita documentación.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas.
- Só poderá solicitarse axuda para a execución dunha acción determinada sobre unha mesma colmea, unha única vez por campaña apícola, independentemente de se a persoa solicita esa axuda a título individual ou como integrante dunha cooperativa ou agrupación de produtores.
Non obstante, as persoas apicultoras incluídas na solicitude de axuda presentada por unha agrupación de apicultores/as, ben sexa para unha ou varias accións, non poderán solicitar a axuda como integrante doutra agrupación.
De ser o caso, soamente se terá en conta esa persoa apicultora na solicitude da agrupación de apicultores/as que a inclúa como beneficiaria naquela acción que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 10.1 desta orde de axudas.
- Non poderá ser considerada persoa beneficiaria un solicitante para quen se demostre que creou artificialmente as condicións esixidas para cumprir os criterios de admisibilidade ou de prioridade establecidos no Real decreto 906/2022, tal e como se establece no artigo 62 (relativo a medidas anti-evasión) do Regulamento (UE) 2021/2116, do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546180
Fax: 981545735
Email: prodgandeiras.sscc.cmrm@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
Ronda da Murralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
Rúa Florentino López Cuevillas, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2024).
Extracto da Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2024).
Corrección de erros. Extracto da Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2024).
Resolución do 12 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 144 do 26 de xullo de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
09/01/2024 00:00 - 08/02/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. de acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles ( anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que serán de uso obrigatorio para as persoas interesadas en aplicación do artigo 66.6 da Lei 39/2015.
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as agrupacións apícolas e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar opcionalmente a solicitude de forma presencial.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, concedéndolle un prazo de dez días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015. Transcorrido este prazo sen se producir a emenda ao expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.
4. A falsidade do declarado na solicitude determinará a imposibilidade de percibir, se é o caso, a axuda concedida, desde o momento en que se teña constancia da falsidade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.
5. As persoas solicitantes deberán indicar no anexo de solicitude que corresponda, (anexo I para o procedemento MR506A), o seguinte:
a) Co obxecto de poder dar cumprimento ao recollido no Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, é necesario que a persoa solicitante indique o seu xénero do seguinte xeito:
– Home = 0.
– Muller = 1.
– Non binario = 2.
– Prefire non dicilo = 3.
– Sen prevalencia = 4; para os casos de perfecto equilibrio de xénero no poder de toma de decisións entre os xerentes principais, homes e mulleres.
No caso doutras persoas xurídicas e no caso das agrupacións de apicultores/as deberá indicarse o xénero da persoa que ten o poder de decisión en relación coa actividade e quen asume os beneficios e os riscos asociados coa actividade (non necesariamente é o representante legal).
b) Así mesmo, tamén en relación coas exixencias derivadas do Regulamento citado no punto anterior, cando os beneficiarios sexan empresas ou agrupacións de apicultores/as deberán identificar no punto relativo ás declaracións, o grupo no que participa. É dicir, deberase indicar se a persoa beneficiaria forma parte dun grupo empresarial, ben sexa como empresa matriz ou filial.
– Empresa filial: unha empresa controlada por unha sociedade matriz, incluídas as empresas filiais dunha empresa matriz de maior xerarquía.
– Empresa matriz: aquela que controla unha ou varias empresas filiais.
Deberá informar se a persoa beneficiaria forma parte ou non dun grupo empresarial. En caso afirmativo, sinalar se o fai como empresa filial ou matriz, e de ser o caso, aportará o NIF e a Razón Social da empresa matriz á que pertence.
7. No caso de que existan discrepancias entre os importes reflectidos para unha acción determinada na solicitude e na memoria, o importe que se tomará como referencia para o cálculo da axuda axuda será o que figure no anexo de solicitude.
Documentación complementaria (MR506A)
1. As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, integradas ou non nunha agrupación de apicultores/as, que presenten solicitudes individuais, deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Autorización para facer a solicitude no caso de representación, nos termos esixidos no artigo 5 da Lei 39/2015.
b) Declaración responsable do persoal veterinario sobre o programa de loita contra a varroose, para as accións 2.1.1 e 2.1.2. Consistirá nun compromiso de elaboración e execución do dito programa.
c) Verificación do cumprimento do requisito previsto no artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, das subvencións cuxa normativa nacional recolla que deben cumprilo, reguladas, xestionadas ou financiadas total ou parcialmente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e os seus organismos públicos vinculados ou dependentes:
– Declaración responsable nos termos previstos no artigo 26 do Regulamento Xeral de Subvencións.
– No seu caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite o seu cumprimento polo solicitante, con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora. Para ese efecto, se do informe de auditoría das últimas contas anuais dedúcese un cumprimento do 100 % dos prazos de pago a provedores por parte do solicitante, bastará un certificado emitido polo auditor que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais como certificación de cumprimento do requisito do artigo 13.3 bis. No caso de que non sexa posible emitir tal certificado (por non existir contas anuais auditadas ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pago a provedores inferior ao 100 %), presentarase certificación, baseada nun «Informe de Procedementos Acordados», que acredite que o solicitante no momento de presentación de solicitude de axuda non ten ningunha factura pendente de pago na que se superaron os prazos legais de pago. Dita certificación non poderá ter en ningún caso unha antigüidade superior a un mes anterior á data de presentación da solicitude.
d) Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das accións solicitadas: memoria onde figuren os datos da persoa apicultora, número de colmeas, descrición de todos os investimentos, contratación de servizos e finalidade destes, incluíndo orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos, desagregado para todas e cada unha das accións para as que se solicita axuda. A memoria incluirá tamén o calendario de execución das accións. Se unha persoa apicultora solicitante de axuda a título individual, tamén o é para outra acción a través dunha agrupación de apicultores/as, deberá indicalo expresamente na memoria e no impreso de solicitude.
No caso de solicitar axuda para a acción 2.1.3. é imprescindible que os orzamentos e/ou facturas pro forma presentados reflictan o número de quilos solicitados de azucres e o seu importe e o número de quilos solicitados doutros produtos para incrementar a vitalidade das colmeas e o seu importe.
Si se solicitase axuda para a acción 2.5.4, para ser considerados válidos, os orzamentos ou facturas pro forma dos seguros deberán desagregar as distintas coberturas, os prezos por colmea e o custo a pagar pola persoa apicultora por cada unha delas, no suposto de que inclúan outras distintas da responsabilidade civil das colmeas.
e) Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.
Independentemente da acción para a que se solicite axuda e do tipo de gasto subvencionable, en todos os gastos, a persoa beneficiaria deberá incluír un sistema de avaliación dos custos que lle permita á Administración comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables como é a comparación de ofertas.
Para a comparación de ofertas, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben; agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse, xunto coa solicitude da axuda, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa ou cando o número de ofertas sexa menor a tres por inexistencia no mercado de suficientes entidades que presten os servizos.
As empresas invitadas a presentar ofertas non poderán estar vinculadas entre elas e esixiráselles sempre unha declaración das empresas coas que teñan vinculación. No expediente deberá deixarse constancia das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento.
Todas as ofertas teñen que estar detalladas e desagregadas de tal xeito que inclúan os mesmos elementos para ser comparables entre si. Os requisitos mínimos que deben cumprir os orzamentos ou facturas pro forma que se presenten son os seguintes:
– Identificación clara de que o documento é un orzamento ou unha factura pro forma.
– Razón social e NIF do solicitante da oferta.
– Razón social e NIF do provedor.
– Data de emisión.
– Desagregación detallada dos distintos conceptos orzados, de ser o caso, indicando o número de unidades e o prezo unitario.
– Deberá figurar o IVE ou indicación de que non se reflicte, aínda que non se considere a efectos do cálculo do investimento elixible.
Outros posibles sistemas válidos para realizar a moderación de custos son os prezos de mercado, cotizacións de mercados nacionais, estimación por referencia aos valores recollidos en rexistros oficiais de carácter fiscal, ditame de peritos da Administración, taxación pericial contraditoria e calquera outro medio de proba admitido en dereito.
f) Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.
g) Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil das colmeas en vigor e xustificante bancario do seu pagamento. A póliza especificará o nome do titular, o código Rega da explotación e o número de colmeas aseguradas. Todo isto para os efectos de comprobar o cumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.a).4º.
h) Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas letras c) e e) do artigo 10.2 desta orde:
– Certificación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia que acredite que a persoa solicitante pertence a esta a data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación do Consello Regulador de agricultura Ecolóxica de Galicia que acredite que a persoa solicitante pertence a el a data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
– Certificación da cooperativa apícola que acredite que a persoa solicitante é socia dela a data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Para o procedemento MR506A: DNI/NIE ou NIF da persoa solicitante.
b) Para o procedemento MR506B: NIF da agrupación solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante.
d) A declaración censual anual e a información relativa ao titular, tipo e clase de explotación, así como o número de colmeas (dimensión das explotacións acollidas á axuda).
e) A obriga de ter realizado polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
f) A validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7.2 do Real decreto 209/2002.
g) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitalas segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007.
h) A pertenza da persoa solicitante a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira legalmente recoñecida, será comprobada de oficio polo órgano xestor da axuda mediante consulta realizada ao Rexistro Oficial de Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia da Consellería do Medio Rural.
i) Documentación acreditativa de explotación apícola situada en zona desfavorecida na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, tal como se definen nos puntos 3 e 4 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE (equivalentes aos artigos 18 e 19 do Regulamento (CE) 1257/99, respectivamente), de acordo coa Directiva do Consello (86/466/CEE), do 14 de xullo de 1986, coa Decisión da Comisión (86/566/CEE), do 16 de outubro de 1989, coa Directiva do Consello (91/465/CEE), do 22 de xullo de 1991.
j) Inhabilitación para obter subvención e axudas.
k) Concesións de subvencións e axudas.
l) Informe da vida laboral nos últimos 12 meses da persoa solicitante.
m) Consulta de concesión pola regra de minimis.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
n) A condición de explotación de titularidade compartida aos efectos do establecido na Lei 35/2011.
o) A pertenza a unha entidade asociativa recoñecida como prioritaria ao amparo da Lei 13/2013, do 2 de agosto.
p) A condición de agricultor mozo.
De acordo coa definición de «agricultor mozo» e condicións establecidas no Regulamento (UE) núm. 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da PAC, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) núm. 637/2008 e (CE) núm. 73/2009 do Consello.
Os datos das letras d), e), f), n), o) e p) xa figuran en poder da Administración. Comprobaranse de oficio polo órgano xestor mediante a consulta realizada ás aplicacións Regan, Ingan e Reaga da Consellería do Medio Rural.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente de solicitude e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán realizar os trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición no rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 1.1
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.1
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.2