Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR502B
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 1.1
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivendas en altura, naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Para as liñas 1.1 (código de procedemento MR502B) e 2.1 (código de procedemento MR502F): As comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) e as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, que conten con domicilio social ou cun centro de traballo radicado en Galicia e as cooperativas, asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
A efectos das axudas de minimis conforme á normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.
Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe persoas autónomas que cumpran a condición de empresa); segundo esta definición, son pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros. A Axencia Galega da Industria Forestal fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.
As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 38
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995473
Email: madeira-xera.cmr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
13/04/2024 00:00 - 02/05/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ata o 2 de maio de 2024 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza con anterioridade a esa data.
Liña 1.1 (código de procedemento MR502B):
- A edificación proxectada deberá estar destinada a un uso residencial colectivo, industrial (incluídos os vinculados á transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais), comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
- O proxecto deberá contemplar unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
- No caso de uso residencial colectivo, o proxecto deberá contemplar unha edificación en altura con madeira segundo a definición recollida no anexo XVI.
- O proxecto deberá contemplar a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.
- O proxecto deberá estar asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da natureza do mesmo.
- O sumatorio dos custos contemplados no proxecto e correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabados, excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabados interiores suporá, cando menos, o 20 % do orzamento de execución material do proxecto.
- Solicitude segundo o Anexo I.
- Declaración da condición de peme, segundo os anexos VI.1, VI.2 e VI.3:
Anexo VI.1 - Declaración relativa á condición de peme (persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas).
Anexo VI.2 - Declaración relativa á condición de peme (persoas xurídicas).
Anexo VI.3 - Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica.
- Para subvencións de importe superior a 30.000,00 € e suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, acreditación do nivel de cumprimento dos prazos de pagamentos previstos na Lei 3/2004 mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3 bis da Lei 38/2003 e de acordo co anexo XVII:
Certificación subscrita pola persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente (exclusivamente para persoas físicas e aquelas persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar contas de perdas e ganancias abreviada).
Certificación de auditor, informe de procedementos acordados ou xustificante de ter solicitado o dito medio de acreditación.
Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, se for o caso.
Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso de sociedade.
Certificado de situación censual, no caso de persoas autónomas.
Copia dos estatutos sociais da entidade solicitante.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
- Consulta de concesións pola regra de minimis.
- Certificado de estar ao día no cumprimento dos deberes coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
-
Extracto da Resolución do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.
Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano