Guía de procedementos e servizos

MR506A

Réxime de axudas á apicultura: Solicitude individual de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 29/03/2017 00:00 - 28/04/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.

Finalidade das axudas, contías e límites.

1. Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

a) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.

1º. Adquisición de tratamentos quimioterápicos e/ou tratamentos compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo, cun máximo de 4 euros por colmea, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.

2º. Sobrealimentación das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo co límite de 2 euros por colmea. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda recollida na liña B.1º anterior.

3º. Renovación e purificación de cera. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo, co límite de 400 gramos de cera por colmea no caso da renovación de cera. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda recollida na liña B.1º.

b) Liña C. Racionalización da transhumancia.

1º. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas: guindastres, mallas de cobertura, cambio de colmeas para obter meles monoflorais, sistemas móbiles de extracción de mel e outros útiles e equipamento necesario para facilitar a transhumancia, a excepción de vehículos de transporte, combustible, produtos para a alimentación das abellas e cera. Poderá subvencionar ata o 70 % do seu custo.

2º. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización integrados nos cadros das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

3º. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas. Serán subvencionables soportes para illar colmeas, traballos e utensilios de roza, peches portátiles para a protección dos asentamentos fronte a depredadores e aqueloutros que a xuízo do órgano xestor sexan compatibles con esta liña. Non será subvencionable a realización de traballos con maquinaria pesada para o movemento de terras. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

4º. Cota de subscrición de seguros de responsabilidade civil das colmeas, sempre que as pólizas non cubran garantías xa incluídas no sistema de Seguros Agrarios Combinados. A esta liña poderán acollerse tamén os apicultores con colmeas estantes. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo cun límite de 0,5 euros por colmea asegurada.

c) Liña E. Medidas de apoio á repoboación da poboación apícola española.

1º. Cría de raíñas de razas autóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da medida anterior.

2º. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).

Para os 2 casos, poderá subvencionarse ata o 50 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 euros por colmea.

2. Para o cálculo das axudas terase en conta o número de colmeas que os solicitantes teñen inscritas no Rexistro de Explotacións Apícolas de Galicia, segundo a declaración censual efectuada correspondente ao ano 2016.

3. Os gastos e investimentos obxecto da axuda deberán ter sido realizados no período comprendido entre o 1 de agosto do ano anterior a esta convocatoria e o 31 de xullo de 2017, ambos os dous inclusive, período de duración da campaña apícola de acordo co establecido no artigo 2 do Regulamento de execución (UE) nº 2015/1368 da Comisión, do 6 de agosto de 2015, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello relativo ás axudas ao sector da apicultura. No caso de ter sido beneficiario das axudas na campaña 2016, entón os gastos elixibles serán aqueles realizados a partir do 1 de setembro de 2016.

Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma de Galicia, polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2016. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Os apicultores que estean incluídos na solicitude de axuda presentada por unha cooperativa ou asociación ou agrupación de produtores, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda a título individual.

As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal

EDIF. ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997016

Fax: 981545735

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal

Prazo de presentación: PECHADO

29/03/2017 00:00 - 28/04/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.

b) Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.

c) Ter realizada a declaración censual anual obrigatoria referida en 31 de decembro de 2016.

d) Realizar polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

  • As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, integradas ou non nunha asociación ou organización de apicultores, presentarán solicitudes individuais e achegarán á solicitude a seguinte documentación:

    • 1º. No caso de representación exixirase autorización para facer a solicitude nos termos exixidos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    • 2º. Fotocopia da/s seguinte/s folla/s do libro de rexistro de explotación apícola, en función do formato de libro do que dispoña o apicultor (Caderno de explotación apícola e de transhumancia):

      • a) Validación anual favorable ou actualización por parte dos servizos veterinarios oficiais do ano 2016. No caso de que na citada folla non figure o código REGA do titular entón deberá achegarse tamén a fotocopia da folla onde aparece reflectido o dito código.

    • 3º. Nas axudas da liña de loita contra as agresións e enfermidades da colmea: declaración responsable do veterinario de compromiso previo de execución e posterior xustificación do programa.

    • 4º. Programa de actuación que pretende desenvolver: memoria onde figuren os datos do apicultor, número de colmeas, descrición dos investimentos e finalidade deles, incluíndo orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos, desagregados para cada unha das liñas para a que se solicita axuda. De acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, de 50.000 euros para obras ou de 18.000 euros para subministración ou prestación de servizos, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

      A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, xunto coa solicitude da axuda, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

      As empresas invitadas a presentar ofertas non poderán estar vinculadas entre elas e exixiráselles sempre unha declaración das empresas coas que teñan vinculación. No expediente deberá deixarse constancia das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento.

      Non obstante o anterior, con independencia do gasto subvencionable, nos gastos restantes o beneficiario deberá de considerar igualmente un sistema de avaliación dos custos que permita á Administración comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables: comparación de ofertas, prezos de mercado, cotizacións de mercados nacionais, estimación por referencia aos valores recollidos en rexistros oficiais de carácter fiscal, ditame de peritos da Administración, taxación pericial contraditoria e calquera outro medio de proba admitido en dereito.

    • 5º. Dispoñibilidade dos terreos nos cales pretenda facer os asentamentos das alvarizas, así como permisos ou licenza das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos, de ser o caso.

    • 6º. Memoria explicativa da realización da transhumancia (resume e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.

    • 7º. Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.

    • 8º. Xustificación de ter subscrito un seguro de responsabilidade civil, mediante a fotocopia da póliza do seguro en vigor, onde se especifique o nome do titular, o código REGA da explotación e o número de colmeas aseguradas e o xustificante bancario do seu pagamento.

      Non será necesario achegar o documento do número 1º que xa fose presentado anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e para as persoas que representen unha persoa interesada obrigada á presentación electrónica.

    Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

    Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

    No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de marzo de 2017 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2017).

    • Orde do 26 de abril de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 17 de marzo de 2017, pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 84 do 3 de maio de 2017).

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano