Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR465A
Axuda de compensación por destrución de planta afectada por praga de corentena.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
O obxecto desta sección é convocar a concesión de indemnizacións, no marco das bases reguladoras establecidas na presente orde, para paliar as medidas fitosanitarias derivadas das seguintes pragas de corentena, recollida nos seguinte texto normativo:
1. Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, segundo o establecido no Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny).
2. Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell, segundo o establecido no Real decreto 637/2006, do 26 de maio, polo que se establece o Programa nacional de erradicación e control do fungo Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell, e as súas modificacións.
3. Trioza erytreae ou psílido africano dos cítricos, segundo o establecido no Real decreto 23/2016, do 22 de xaneiro, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Trioza erytreae e o programa nacional de prevención de Diaphorina citri e Candidatus Liberibacter spp.
4. Thekopsora minima segundo o establecido no Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros.
Poderán ser persoas beneficiarias das indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de:
a) Planta destinada a plantacións forestais de Pinus sp. que fose destruída como consecuencia da detección dun foco de Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell.
b) Planta destinada á venda de especies sensibles que fose destruída como consecuencia de estar o viveiro situado nunha zona demarcada de Trioza erytreae adquirida con data anterior ao establecemento da dita zona como demarcada.
c) Semente certificada de tubérculos de pataca destruída en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny, existente en almacéns comercializadores situados en zonas demarcadas e con data de adquisición anterior á data de declaración desa zona como zona demarcada de Tecia solanivora Povolny.
A entrega de tubérculos de pataca, aos servizos oficiais, realizarase mediante sacos orixinais (sempre que non fosen abertos) ou nos sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada, e posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.
d) Tubérculos de pataca de consumo producidos nas zonas demarcadas durante as campañas 2017, 2018 e 2019, plantados antes da declaración de zona demarcada e destruídos en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny.
A entrega de tubérculos de pataca, aos servizos oficiais, realizarase mediante sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada, e posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.
e) Plantacións de tubérculos de pataca desenterradas e destruídas en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny.
f) Planta destinada a venda de especies sensibles que fose destruída como consecuencia da detección dun foco de Thekospora minima.
Serán obxecto de indemnización as plantacións realizadas en zonas onde se declarase como zona demarcada en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny, con data posterior á plantación.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
PRAZA LUIS SEOANE S/N
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184548
Fax: 981182115
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889247
Fax: 982294808
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386571
Fax: 988386482
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA 43, 2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986806554
Fax: 986805406
Prazo de presentación: PECHADO
11/07/2020 00:00 - 13/10/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación, será de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
- Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das causas previstas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como aquelas que fosen sancionadas por infraccións tipificadas como graves ou moi graves polos artigos 55 e 56 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, nos dous anos anteriores á solicitude. Tampouco poderían ser persoas beneficiarias se persistisen as causas ou estivesen pendentes de cobramento procedementos por infraccións graves ou moi graves anteriores aos dous anos da data de solicitude.
- Os propietarios dos vexetais ou produtos vexetais que incumpriran a normativa vixente e, especialmente, o determinado no Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros e no Real decreto 197/2017, non poderán obter a condición de persoas beneficiarias.
- No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, non sendo posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumprise este trámite.
- Non poderán ser beneficiarias as empresas en crises en virtude do artigo 1.6.b).ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por motivo dos danos ou perdas causados polas pragas vexetais declaradas.
- Tampouco poderán ter a condición de beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.
a) Cada solicitude inclúe unha declaración responsable de titularidade de conta bancaria. Nela, a persoa solicitante anotará os datos bancarios que corresponderán ao titular da explotación, para os efectos de pagamento das indemnizacións e, así mesmo, declarará a súa veracidade.
b) A persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude, de ser o caso, as facturas dos traballos realizados por empresas alleas durante a erradicación cando polas especiais características do foco, sexa preciso a contratación de maquinaria ou persoal allea á explotación, ou material de desinfección distinto do habitual.
c) No caso das indemnizacións de pataca de semente ou de consumo en almacéns comercializadores, a persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude as facturas xustificativas da compra.
d) No caso de representación da persoa solicitante deberá presentar documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos en poder das administracións públicas:
a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.
b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se fose o caso).
c) Consulta do NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.
d) Consulta do NIF da entidade representante para as persoas xurídicas (se fose o caso).
e) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).
g) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
h) Concesións de subvencións e axudas.
i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar as persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Segundo o establecido no artigo 50.d) da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 referente á simplificación do cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado e a Seguridade Social, a obriga de presentar a certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pago débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, poderá ser substituída pola declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, ao fronte da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso das axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020).
-
Extracto da Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano