Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR461D
Autorización para o emprego da identificación de garantía da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Regular o recoñecemento como Agrupación de Produción Integrada (APRIA) a aquelas agrupacións agrarias, que queiran obter produtos agrarios baixo requisitos de produción integrada (en adiante PI), para ser comercializados.
Os produtos obtidos de acordo ás normas de PI definidas no Decreto 68/2004 e disposicións que a desenvolven concretamente os regulamentos técnicos dos cultivos ou produtos aprobados nesta comunidade poderán diferenciarse cunha identificación de garantía que consistirá na expresión produción integrada e nun logotipo para o efecto establecido por esta comunidade autónoma.
Ademais do distintivo de identificación de garantía a etiquetaxe deberá incluír a identificación do operador co seu número de rexistro ou denominación así como o nome ou código da entidade de certificación.
Quedará prohibida a utilización da identificación de garantía de produción integrada, aprobada pola autoridade competente, naqueles produtos agrarios non obtidos de acordo co establecido no Decreto 68/2004 e disposicións que o desenvolven. Así mesmo, tamén quedan prohibidos os signos, marcas, expresións, sinais, lendas ou logotipos que poidan dar lugar a confusión, aínda que vaian acompañados de expresións como tipo ou outras semellantes.
Operadores rexistrados no seu ámbito territorial.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997443
Fax: 881997442
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184684
Fax: 981184474
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889249
Fax: 982294808
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6 BAIXO
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386571
Fax: 988386482
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADREDA 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206543
Fax: 886206588
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
a) O produto se obtivese conforme as normas xerais para a produción e, se é caso, para a transformación en produción integrada, reflectidas no anexo I, anexo II no seu caso, e anexo III do Real decreto 1201/2002, do 20 de novembro, así como as normas dos regulamentos técnicos específicos que lle sexan de aplicación ao operador.
b) O cumprimento das ditas condicións fose controlado en todas as fases de produción polos organismos ou as entidades de certificación autorizadas.
c) O produto fose obtido por operadores inscritos na sección correspondente do Rexistro Oficial de PI.
Solicitude segundo o Anexo I.
Certificado da entidade de certificación ou do ente ou organismo público de control sobre o cumprimento da norma técnica do produto para o que o operador está rexistrado.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 68/2004, do 11 de marzo, sobre a produción integrada e a súa indicación nos produtos agrarios (DOG nº 64 do 1 de abril de 2004).
-
Orde do 30 maio de 2005 pola que se desenvolve o Decreto 68/2004, do 11 de marzo, que regula a produción integrada e a súa indicación nos produtos agrarios (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2005).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano