Guía de procedementos e servizos

MR466A

Axudas destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero - sector agrario.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 24/07/2019 00:00 - 23/08/2019 23:59

Consellería do Medio Rural

1. Esta orden ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, destinadas a fomentar a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero a través do financiamento da súa contratación por empresas, entidades asociativas e persoas titulares de explotacións do sector agrario (procedemento MR466A) que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2019.

2. A finalidade destas axudas reguladas na presente orde é contribuír a que as mulleres vítimas de violencia de xénero acaden unha maior autonomía a través da súa independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración social.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase mediante o réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo a cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario, coas garantías previstas no artigo 31.4 da mesma lei.

Poderán ser beneficiarias as cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario, as empresas (persoas físicas ou xurídicas) do sector agrario de produción e/ou transformación de produtos agrarios, así como as empresas inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais (Ropciv) que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.

Persoas destinatarias finais.

1. As persoas destinatarias finais das subvencións reguladas nesta orde serán as mulleres que sofren violencia de xénero.

2. Para os efectos desta orde, entenderase por mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

En todo caso, a documentación acreditativa da situación de violencia de xénero debe estar emitida ou asinada no prazo dos 24 meses anteriores á data de presentación da correspondente oferta por parte da entidade contratante na oficina de emprego.

Obrigas das entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requistos e obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas nesta orde e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, en particular, as seguintes:

a) Realizar a actuación que fundamenta a concesión da subvención, e acreditalo perante o órgano concedente, dentro do período e dos prazos establecidos, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nesta orde e na resolución de concesión.

b) Manter a duración temporal de cada contratación establecida na resolución de concesión.

c) Aboarlles ás persoas contratadas, con carácter mensual e mediante transferencia bancaria, os salarios que lles correspondan e sexan acordes coa súa categoría profesional, e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de ser o caso.

d) As entidades beneficiarias deberán dar cumprimento á normativa de protección de datos persoais, en concreto ao disposto no Regulamento (UE) núm. 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais (Regulamento xeral de protección de datos), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa concorrente.

e) As entidades beneficiarias deberán respectar integramente os dereitos laborais das traballadoras, recollidos expresamente no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra da violencia de xénero.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar a Consellería do Medio Rural e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

g) Comunicar ás direccións xerais de Planificación e Ordenación Forestal ou de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, segundo corresponda, nun prazo de 5 días, aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as traballadoras contratadas, co obxecto de que poidan valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

h) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

i) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto dos casos previstos nesta orde e na Lei 9/2007.

j) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

k) Someterse ás actuacións de comprobación sobre o terreo que, en virtude da mostra seleccionada estatisticamente e/ou segundo criterios baseados no risco, poida realizar o persoal técnico das direccións xerais de Planificación e Ordenación Forestal ou de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, segundo corresponda.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546186

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

24/07/2019 00:00 - 23/08/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursas as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aquelas que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas axudas aquelas que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación necesaria para tramitar o procedemento.

  • A solicitude da subvención deberá presentarse no modelo que figura como anexo I (MR466A) desta orde, debidamente cuberto e asinado pola persoa que exerce a representación da entidade solicitante, xunto coa seguinte documentación:

    • a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se for o caso).

    • b) Anexo III. Certificación da acta de reunión do consello reitor da entidade asociativa en que se acorda solicitar a subvención, de ser o caso.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que for realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) DNI/NIE da persoa solicitante.

  • c) DNI/NIE da persoa representante.

  • d) NIF da entidade representante.

  • e) Informe de vida laboral da empresa.

  • f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

  • g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Atriga.

  • i) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

  • j) Concesións doutras subvencións.

  • k) Concesións pola regra de minimis.

  • l) DNI/NIE da muller vítima de violencia de xénero.

  • m) Inscrición como demandante de emprego da muller vítima de violencia de xénero.

  • n) Condición de muller vítima de violencia de xénero.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, habilitado no formulario correspondente (anexo I, anexo II ou anexo IV), e achegar os ditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Antes do 15 de outubro de 2019

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 139 do 23 de xullo de 2019).

    • Extracto da Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 139 do 23 de xullo de 2019)

Outros procedementos relacionados

MR461A

Recoñecemento de produtores de produción integrada (APRIA).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR461B

Rexistro de Operadores de Produción Integrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR461C

Autorización de entidades de certificación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR461D

Autorización para o emprego da identificación de garantía da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano