Guía de procedementos e servizos

MR465A

Axuda de compensación por destrución de planta afectada por praga de corentena.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 05/05/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto:

a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.

b) Convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2018.

O obxecto desta sección é o establecemento das bases reguladoras para a concesión de indemnizacións pola adopción das medidas fitosanitarias derivadas da loita contra pragas de corentena.

Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

PRAZA LUIS SEOANE S/N

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184548

Fax: 981182115

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982889247

Fax: 982294808

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386571

Fax: 988386482

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA 43, 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986806554

Fax: 986805406

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

05/05/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación, será desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 1 de outubro de 2018, incluíndo ambas as datas no cómputo do prazo.

- Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das causas previstas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como aquelas que fosen sancionadas por infraccións tipificadas como graves ou moi graves polos artigos 55 e 56 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, nos dous anos anteriores á solicitude. Tampouco poderían ser persoas beneficiarias se persistisen as causas ou estivesen pendentes de cobramento procedementos por infraccións graves ou moi graves anteriores aos dous anos da data de solicitude.

- Os propietarios dos vexetais ou produtos vexetais que incumpriran a normativa vixente e, especialmente, o determinado no Real decreto 58/2005 e no Real decreto 197/2017, non poderán obter a condición de persoas beneficiarias.

- No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, e non será posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumpre este trámite.

- Non poderán ser beneficiarias as empresas en crise en virtude do artigo 1.6.b).ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por motivo dos danos ou perdas causados polas pragas vexetais declaradas.

- Tampouco poderán ter a condición de beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014.

  • Os procedementos de concesión das indemnizacións iniciaranse por instancia de parte, coa presentación das solicitudes de indemnización por parte das persoas interesadas e empregando o formulario que figuran como anexo I nesta orde (procedemento MR465A), dentro do prazo establecido na correspondente convocatoria.

  • Cada solicitude inclúe unha declaración responsable de titularidade de conta bancaria. Nela, a persoa solicitante anotará os datos bancarios que corresponderán ao titular da explotación, para os efectos de pagamento das indemnizacións e, así mesmo, declarará a súa veracidade.

  • A persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude, de ser o caso, as facturas dos traballos realizados por empresas alleas durante a erradicación cando, polas especiais características do foco, sexa precisa a contratación de maquinaria ou persoal alleo á explotación, ou material de desinfección distinto do habitual.

  • No caso das indemnizacións de pataca de semente ou de consumo en almacéns comercializadores, a persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude as facturas xustificativas da compra.

  • No caso de representación da persoa solicitante deberá presentar documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

  • Comprobación de datos.

 Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos en poder das administracións públicas:

  • a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

  • b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

  • c) Consulta do NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.

  • d) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • e) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

  • f) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Segundo o establecido no artigo 49.d) da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, referente á simplificación do cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado e a Seguridade Social, a obriga de presentar a certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable de estar o día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso das axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnización.

  •  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá achegarse coa solicitude a lista completa de persoas solicitantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As actuacións efectuaranse coa persoa representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.

  • Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada á persoa solicitante nos termos previstos no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 86 do 4 de maio de 2018).

    • Extracto da Orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 86 do 4 de maio de 2018).

    • Corrección de erros. Orde do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 96 do 22 de maio de 2018).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano