Guía de procedementos e servizos

MR465D

Axudas aos gandeiros afectados polos danos ocasionados pola rata toupo (arvícola Scherman).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 30/05/2023 00:00 - 29/06/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

Axudas aos titulares de explotacións gandeiras de determinados concellos da provincia de Lugo afectados polos danos ocasionados polo incremento poboacionais da rata toupo (Arvícola Scherman) nos pastizais das súas explotacións.

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas os titulares de explotacións gandeiras situadas nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos ou Triacastela. A explotación non poderá ter a cualificación de autoconsumo.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294459

Email: explotacionsagrarias.cmr.lugo@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

30/05/2023 00:00 - 29/06/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas titulares que:

a) Sexan titulares dunha explotación gandeira inscrita no rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia cuxas explotacións se viran afectados polos danos ocasionados pola rata toupa e a súas parcelas estean situadas nos concellos mencionados. (segundo o mapa de danos elaborado pola Consellería do Medio Rural).

b) Ter parcelas incluídas na Solicitude Unificada de axudas PAC da convocatoria 2022 nas zonas que se consideren de afección polo servizo territorial de Explotacións Agrarias dentro dos concellos mencionados nas que se produciran perdas de forraxes por mor dos danos causados pola especie Arvicola scherman e que se publicarán no anexo II.

2. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante, se é o caso.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións  públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Concesións de subvencións e axudas.

i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) Concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos gandeiros afectados polos danos ocasionados pola rata toupa (Arvicola scherman) en determinados concellos da provincia de Lugo, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 100 do 29 de maio de 2023).

    • Extracto da Orde do 19 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos gandeiros afectados polos danos ocasionados pola rata toupa (Arvicola scherman) en determinados concellos da provincia de Lugo, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 100 do 29 de maio de 2023).

    • Resolución do 12 de marzo de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas en relación coa Resolución do 21 de decembro de 2023 das axudas aos gandeiros afectados polos danos ocasionados pola rata toupa, convocadas pola Orde do 19 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos gandeiros afectados polos danos ocasionados pola rata toupa (Arvicola Scherman) en determinados concellos da provincia de Lugo e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 59 do 22 de marzo de 2024).

Outros procedementos relacionados

MR407D

Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR443A

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2025.

Aberto todo o ano

MR461A

Recoñecemento de produtores de produción integrada (APRIA).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR461B

Rexistro de Operadores de Produción Integrada.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano