Guía de procedementos e servizos

MR465A

Axuda de compensación por destrución de planta afectada por praga de corentena.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 16/10/2019 00:00 - 15/11/2019 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta sección é convocar a concesión de indemnizacións, no marco das bases reguladoras establecidas na presente orde, para paliar as medidas fitosanitarias derivadas da seguinte praga de corentena, recollida nos seguinte texto normativo:

Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, segundo o establecido no Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny).

Poderán ser persoas beneficiarias das indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de:

a) Semente certificada de tubérculos de pataca destruída en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny, existente en almacéns comercializadores situados en zonas demarcadas e con data de adquisición anterior á data de declaración desa zona como demarcada de Tecia solanivora Povolny.

A entrega de tubérculos de pataca aos servizos oficiais realizarase mediante sacos orixinais (sempre que non fosen abertos) ou nos sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada, e posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.

b) Tubérculos de pataca de consumo producidos nas zonas demarcadas durante as campañas 2017 e 2018, plantados antes da declaración de zona demarcada e destruídos en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny.

A entrega de tubérculos de pataca aos servizos oficiais realizarase mediante sacos entregados por estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada, e posteriormente destruída, con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.

c) Plantacións de tubérculos de pataca desenterradas e destruídas en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny.

Serán obxecto de indemnización as plantacións realizadas en zonas que se declarasen como zona demarcada en aplicación das medidas de erradicación de Tecia solanivora Povolny, con data posterior á plantación.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

PRAZA LUIS SEOANE S/N

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184548

Fax: 981182115

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982889247

Fax: 982294808

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386571

Fax: 988386482

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA 43, 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986806554

Fax: 986805406

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

16/10/2019 00:00 - 15/11/2019 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

- Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das causas previstas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como aquelas que fosen sancionadas por infraccións tipificadas como graves ou moi graves polos artigos 55 e 56 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, nos dous anos anteriores á solicitude. Tampouco poderían ser persoas beneficiarias se persistisen as causas ou estivesen pendentes de cobramento procedementos por infraccións graves ou moi graves anteriores aos dous anos da data de solicitude.

- Os propietarios dos vexetais ou produtos vexetais que incumprisen a normativa vixente e, especialmente, o determinado no Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros, e no Real decreto 197/2017, non poderán obter a condición de persoas beneficiarias.

- No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, e non será posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumprise este trámite.

- Non poderán ser beneficiarias as empresas en crise en virtude do artigo 1.6.b).ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por motivo dos danos ou perdas causados polas pragas vexetais declaradas.

- Tampouco poderán ter a condición de beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

    • a) Cada solicitude inclúe unha declaración responsable de titularidade de conta bancaria. Nela, a persoa solicitante anotará os datos bancarios que corresponderán ao titular da explotación, para os efectos de pagamento das indemnizacións e, así mesmo, declarará a súa veracidade.

    • b) A persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude, de ser o caso, as facturas dos traballos realizados por empresas alleas durante a erradicación cando, polas especiais características do foco, sexa precisa a contratación de maquinaria ou persoal alleo á explotación, ou material de desinfección distinto do habitual.

    • c) No caso das indemnizacións de pataca de semente ou de consumo en almacéns comercializadores, a persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude as facturas xustificativas da compra.

    • d) No caso de representación da persoa solicitante deberá presentar documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos en poder das administracións públicas:

  • a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

  • b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

  • c) Consulta do NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.

  • d) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • e) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

  • f) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Segundo o establecido no artigo 50.d) da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, referente á simplificación do cumprimento das obrigas co Administración pública da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado e a Seguridade Social, a obriga de presentar a certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso das axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 196 do 15 de outubro de 2019).

    • Extracto da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 196 do 15 de outubro de 2019).

    • Resolución do 2 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2019).

    • Corrección de erros. Resolución do 2 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca. (DOG nº 2 de 3 de xaneiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano