Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR465A
Axuda de compensación por destrución de planta afectada por praga de corentena.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Compensar as perdas causadas aos propietarios, derivadas da aplicación de medidas fitosanitarias para a prevención e erradicación de pragas fitosanitarias.
Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos vexetais ou produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2023-2027 e no Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184548
Fax: 981182115
Email: sea.medio-rural.coruna@xunta.gal
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=MR465A
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294808
Fax: 982294808
Email: explotacionsagrarias.cmr.lugo@xunta.gal
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=MR465A
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Rúa de Florentino López Cuevillas, nº 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386571
Fax: 988386482
Email: sea.cmrm.ourense@xunta.gal
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=MR465A
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Avda. Fernández Ladreda, nº 43 - 2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206581
Fax: 986805406
Email: explotacionsagrarias.cmr.pontevedra@xunta.gal
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=MR465A
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540060
Email: sspv.cmrm@xunta.gal
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=MR465A
Prazo de presentación: PECHADO
04/11/2023 00:00 - 04/12/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación será dun mes (1) contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das causas previstas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como aquelas que fosen sancionadas por infraccións tipificadas como graves ou moi graves polos artigos 55 e 56 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, nos dous anos anteriores á solicitude. Tampouco poderían ser persoas beneficiarias se persistisen as causas ou estivesen pendentes de cobramento procedementos por infraccións graves ou moi graves anteriores aos dous anos da data de solicitude.
2. Os propietarios dos vexetais ou produtos vexetais que incumprisen a normativa vixente e, especialmente, o determinado no Real decreto 739/2021, do 24 de agosto, polo que se ditan disposicións para a aplicación en España da normativa da Unión Europea relativa ás medidas de protección contra as pragas dos vexetais e os controis e outras actividades oficiais na dita materia e no Real decreto 197/2017, non poderán obter a condición de persoas beneficiarias.
3. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais; non será posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non se cumpre este trámite.
4. Non poderán ser beneficiarias as empresas en crise en virtude do artigo 1.5.c) do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro, segundo a definición destas establecida no artigo 2.59 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por motivo dos danos ou perdas causados polas pragas vexetais declaradas.
5. Tampouco poderán ter a condición de beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.4.a) do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas físicas que sexan traballadoras autónomas, e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) A persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude, de ser o caso, as facturas dos traballos realizados por empresas alleas durante a erradicación cando, polas especiais características do foco, sexa preciso a contratación de maquinaria ou persoal alleo á explotación, ou material de desinfección distinto do habitual.
b) No caso das indemnizacións de pataca de semente ou de consumo en almacéns comercializadores, semente de vexetais sensibles a ToBRFV, ou comercializadores de plantas de viveiro de vide, a persoa interesada deberá achegar xunto coa solicitude as facturas xustificativas da compra.
c) No caso de representación da persoa solicitante, deberá presentar documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.
b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (de ser o caso).
c) Consulta do NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.
d) Consulta do NIF da entidade representante para as persoas xurídicas (de ser o caso).
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).
g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
h) Concesións de subvencións e axudas.
i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2023).
-
Extracto da Orde do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano