Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR302B
Axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas que, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, vai conceder a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (en adiante Agacal) para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, ou acollidos á produción ecolóxica, así como efectuar a convocatoria para o ano 2021.
Convocatoria.
Convócanse para o exercicio orzamentario 2021 as axudas reguladas por esta resolución. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serán os establecidos con carácter xeral nos artigos anteriores. Para seren subvencionables, os gastos deberán terse realizado entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021.
Actividades subvencionables.
Serán subvencionables:
a) As actuacións realizadas, directa ou indirectamente, polos consellos reguladores, encamiñadas a garantir a calidade e a orixe dos produtos da correspondente denominación, de acordo co sinalado nas letras a), b) e c) do artigo 4. Estas actuacións inclúen auditorías, inspeccións, tomas de mostras, análises e ensaios para comprobar o cumprimento das especificacións do produto amparado pola denominación.
b) As actuacións en estudos, investigacións e desenvolvemento de programas encamiñados á mellora da calidade dos produtos obxecto de protección.
c) Os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador no cumprimento da norma UNE-EN ISO/IEC 17065, aplicables a entidades que certifican produto, así como os das auditorías necesarias para o mantemento da acreditación. Tamén serán subvencionables os gastos para a acreditación na norma UNE-EN ISO/IEC 17025, e o mantemento desta, en que incorran os consellos reguladores que conten con laboratorio propio.
Gastos subvencionables.
Consideraranse subvencionables:
a) Os gastos operativos e retributivos orixinados pola participación do persoal propio do consello regulador no desenvolvemento e execución dos programas de calidade. Estes gastos incluirán as nóminas do persoal que realice tarefas directamente relacionadas co control ou a certificación do produto acollido á denominación, así como os gastos de desprazamento, manutención e aloxamento relacionados coa actividade deste persoal.
b) A adquisición de bens de equipamento e materiais, incluídos os equipos e aplicacións informáticas, que se empreguen na execución dos programas de control. Tamén será subvencionable o aluguer e o leasing deste equipamento.
c) Os gastos derivados da realización de análises de laboratorio e outros ensaios relacionados coa certificación do produto.
d) Os gastos de consultoría externa en que incorra o consello regulador para a preparación da documentación necesaria para acadar a acreditación e os das auditorías a que se vexa sometido tanto para a acreditación nas normas UNE-EN ISO/IEC 17065 ou UNE-EN ISO/IEC 17025 como para o seu mantemento.
e) Os gastos en estudos realizados por terceiros cuxo obxecto sexa a mellora da calidade do produto ou a mellora dos sistemas para o seu control.
Poderán ser beneficiarios destas axudas os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentarias existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Calidade Alimentaria
Departamento de Promoción da Calidade Agroalimentaria
Avenida do Camiño Francés, 10
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540062
Fax: 981540018
Prazo de presentación: PECHADO
17/03/2021 00:00 - 16/04/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que figura como anexo I desta resolución.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. Como documentación complementaria ao formulario de solicitude presentarase a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa en que se recollan detalladamente todos os gastos que se pretende que sexan subvencionados, especificando o cronograma de execución e cales deles están directamente vinculados coa consecución da acreditación ou co seu mantemento.
b) Orzamento pormenorizado dos gastos previstos.
c) Facturas pro forma ou documentación equivalente dos gastos previstos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Economía e Facenda) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar após a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase xustificación
- Modelo de declaración para o pagamento de axudas (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2021 (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2021 (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).
-
Resolución do 15 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, e se convocan para o ano 2021. (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano