Guía de procedementos e servizos

MR302B

Axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 16/02/2019 00:00 - 15/03/2019 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas que, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, vai conceder a Consellería do Medio Rural para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, ou acollidos á produción ecolóxica, así como efectuar a convocatoria para o ano 2019.

Actividades subvencionables.

Serán subvencionables:

a) As actuacións realizadas, directa ou indirectamente, polos consellos reguladores, encamiñadas a garantir a calidade e a orixe dos produtos da correspondente denominación, de acordo co sinalado nas letras a), b) e c) do artigo 4. Estas actuacións inclúen auditorías, inspeccións, tomas de mostras, análises e ensaios para comprobar o cumprimento das especificacións do produto amparado pola denominación.

b) As actuacións en estudos, investigacións e desenvolvemento de programas encamiñados á mellora da calidade dos produtos obxecto de protección.

c) Os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador no cumprimento da norma ISO 17065, aplicables a entidades que certifican produto, así como os das auditorías necesarias para o mantemento da acreditación. Tamén serán subvencionables os gastos para a acreditación na norma ISO 17025, e o mantemento desta, en que incorran os consellos reguladores que conten con laboratorio propio.

Gastos subvencionables.

Consideraranse subvencionables:

a) Os gastos operativos e retributivos orixinados pola participación do persoal propio do consello regulador no desenvolvemento e execución dos programas de calidade. Estes gastos incluirán as nóminas do persoal que realice tarefas directamente relacionadas co control ou a certificación do produto acollido á denominación, así como os gastos de desprazamento, manutención e aloxamento relacionados coa actividade deste persoal.

b) A adquisición de bens de equipamento e materiais, incluídos os equipamentos e aplicacións informáticas, que se empreguen na execución dos programas de control. Tamén serán subvencionables o alugamento e o leasing deste equipamento.

c) Os gastos derivados da realización de análises de laboratorio e outros ensaios relacionados coa certificación do produto.

d) Os gastos de consultoría externa en que incorra o consello regulador para a preparación da documentación necesaria para acadar a acreditación e os das auditorías a que se vexa sometido tanto para a acreditación nas normas ISO 17065 ou ISO 17025 como para o seu mantemento.

e) Os gastos en estudos realizados por terceiros cuxo obxecto sexa a mellora da calidade do produto ou a mellora dos sistemas para o seu control.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Área de Calidade Alimentaria

Departamento de Promoción da Calidade Agroalimentaria

Avenida do Camiño Francés, 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540062

Fax: 981540018

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña

Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184530

Fax: 981184651

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294517

Fax: 982294452

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386547

Fax: 988386566

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra

Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805460

Fax: 986805485

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

16/02/2019 00:00 - 15/03/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

  • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que figura como anexo I desta resolución.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Como documentación complementaria ao formulario de solicitude presentarase a seguinte documentación:

  • a) Memoria explicativa en que se recollan detalladamente todos os gastos que se pretende que sexan subvencionados, especificando o cronograma de execución e cales deles están directamente vinculados coa consecución da acreditación ou co seu mantemento.

  • b) Orzamento pormenorizado dos gastos previstos.

  • c) Facturas pro forma ou documentación equivalente dos gastos previstos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

  • b) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

  • c) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Economía e Facenda) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 28 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2019 (DOG nº 33 do 15 de febreiro de 2019).

    • Extracto da Resolución do 28 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2019 (DOG nº 33 do 15 de febreiro de 2019).

    • Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de xullo de 2019, polo que se autoriza a esta Axencia para a concesión de subvencións aos consellos reguladores das denominacións de calidade para gastos de funcionamento (DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano