Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR239K
Solicitude de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas (SIXPAC).
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Establecer o procedemento para a xestión das alegacións e solicitudes de modificación sobre a base de datos do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas SIXPAC como referencia para a solicitude de axudas da PAC baseadas na superficie agraria.
Agricultores e outras persoas propietarias ou titulares de parcelas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Agrícolas da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2021 00:00 - 02/11/2021 23:59
O prazo de presentación, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas coa solicitude única do ano 2021 iniciarase na data de comezo do prazo para a presentación da solicitude única e rematará co fin do prazo de modificación da solicitude única (de 01/02/2021 ata 31/05/2021).
Non obstante, aquelas persoas solicitantes que non presentasen unha solicitude única no ano 2021 disporán dun período adicional ata o 31 de outubro incluído.
Solicitude normalizada segundo o formulario electrónico accesible no enderezo http://sgapac.xunta.es
Xeral:
Copia do DNI/NIE do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulda dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Acreditativa da alegación ou solicitude de modificación proposta:
Delimitación gráfica da líña de declaración das superficies da solicitude única ou a saída gráfica obtida a través do Visor SIXPAC. Delimitando por medio de bosquexo acoutado ou en formato electrónico WKT ou shape o cambio proposto sobre o recinto afectado.
Acreditación de que os cambios alegados figuran actualmente na Oficina Virtual de Catastro.
Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente.
Saída gráfica do Catastro de Urbana coa parcela catastral obxecto da alegación.
Memoria descritiva que xustifique a necesidade da modificación ou eliminación do elemento estrutural.
Para os tipos 9 e 14, así como para os cambios do uso FO aos usos PS, PA ou PR, e os cambios dos usos PA e PR ao uso PS, un mínimo de dúas fotografías datadas e xeorreferenciadas, indicando sobre a saída gráfica do visor o punto onde se tomaron e orientación. As mesmas serán voluntarias en calquera outra alegación como xustificación do cambio proposto.
Outra documentación xustificativa das alegacións ao Sixpac presentadas que se considere convinte.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).
-
Extracto da Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (submedida 13.1) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG nº 42 do 2 de marzo de 2022).
-
Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2021 e as resolucións pendentes da campaña 2017 (DOG nº 65 do 4 de abril de 2022).
-
Resolución do 19 de maio de 2022 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se poñen á disposición as resolucións das solicitudes reguladas ao abeiro da Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG nº 106 do 3 de xuño de 2022).
-
Resolución do 18 de xullo de 2022 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas ás asignacións e denegacións complementarias de dereitos de pagamento básico da reserva nacional das campañas 2019 e 2021 (DOG nº 147 do 3 de agosto de 2022).
-
Resolución do 15 de febreiro de 2023 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría, reguladas na Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2023).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).
-
Real decreto 41/2021, de 26 de xaneiro, polo que se establecen as disposicións específicas para a aplicación nos anos 2021 e 2022 dos Reais decretos 1075/2014, 1076/2014, 1077/2014 e 1078/2014, todos eles de 19 de decembro, ditados para a aplicación en España da Política Agrícola Común (BOE nº 23 do 27 de xaneiro de 2021).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.
-
Regulamento (UE) 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de decembro de 2020 polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os Regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta a os seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e a distribución da dita axuda nos anños 2021 e 2022 (DOUE núm. L/437 de 28 de decembro de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano