Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR239K
Solicitude de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas (SIXPAC).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Establecer o procedemento para a xestión das alegacións e solicitudes de modificación sobre a base de datos do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas SIXPAC como referencia para a solicitude de axudas da PAC baseadas na superficie agraria.
Agricultores e outras persoas propietarias ou titulares de parcelas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Agrícolas da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
Para que as solicitudes teñan efectos sobre as superficies validadas das solicitudes de axudas tramitadas coa solicitude única no ano 2019, o prazo Iníciase o 1 de febreiro e finaliza o 31 de maio de 2019, agás no caso das solicitudes vinculadas a solicitudes únicas que inclúan réximes de axuda suxeitos a controis mediante monitorización para as que o prazo finaliza o 31 de agosto de 2019.
As solicitudes presentadas con posterioridade ao 31 de maio e/ou no caso de solicitudes vinculadas a solicitudes únicas suxeitas a controis mediante monitorización, as presentadas con posterioridade ao 31 de agosto, terán efecto sobre as superficies validadas das solicitudes de axudas tramitadas coa solicitude única do ano seguinte.
Solicitude normalizada segundo o formulario electrónico accesible no enderezo http://sgapac.xunta.es
Xeral:
Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Acreditativa da alegación ou solicitude de modificación proposta:
Delimitación gráfica da líña de declaración das superficies da solicitude única ou a saída gráfica obtida a través do Visor SIXPAC. Delimitando por medio de bosquexo acoutado ou en formato electrónico WKT ou shape o cambio proposto sobre o recinto afectado.
Acreditación de que os cambios alegados figuran actualmente na Oficina Virtual de Catastro.
Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente.
Saída gráfica do Catastro de Urbana coa parcela catastral obxecto da alegación.
Memoria descritiva que xustifique a necesidade da modificación ou eliminación do elemento estrutural.
Outra documentación xustificativa das Alegacións ao SIXPAC presentadas que se considere convinte (p.ex. Fotografías datadas, indicando sobre a saída gráfica o punto onde se tomaron e a dirección).
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2019).
-
Resolución do 12 de novembro de 2019 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2019 (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2019).
-
Resolución do 14 de maio de 2020 pola que se dá publicidade da relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) solicitadas ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2019. (DOG nº 101 do 27 de maio de 2020).
-
Resolución do 11 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2019.(DOG núm. 18 do 28 de xaneiro de 2021).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).
-
Real Decreto 1172/2015, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, o Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común, e o Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícola (BOE nº 312, do 30 de decembro de 2015).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano