Guía de procedementos e servizos

IN607A

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i - GRC.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 13/06/2023 00:00 - 12/07/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no artigo 4 e no número 2 do anexo I.

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos institutos de Investigación Sanitaria IDIS, INIBIC, IISGS e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Área de Xestión

R/ Airas Nunes s/n

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541096

Email: xestion.gain@xunta.gal

http://gain.xunta.gal

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Prazo de presentación: PECHADO

13/06/2023 00:00 - 12/07/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

    a)  O grupo de investigación deberá estar integrado, durante toda a vixencia da axuda, polo menos por cinco (5) investigadores/as e, no caso das universidades do SUG, deberá constar inscrito como tal nos rexistros da súa entidade antes do 30 de xuño de 2022.

Cando se produza calquera variación que afecte á composición mínima do grupo, ou á persoa que exerce a función de coordinador/a, deberá ser notificada no prazo máximo dun mes.

b) Cumprir, como mínimo, un dos seguintes requisitos:

b.1) Ter polo menos tres (3) proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000€ cada un, ou ter polo menos un (1) proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000€, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.

b.2) Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000€ (ou superior a 80.000€ cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.

b.3) Ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas na convocatoria do ano 2019.

    c) Cumprir, polo menos, dous dos seguintes criterios de produción científica no período do 1 de xaneiro de 2020 ao 31 de decembro de 2022:

c.1) Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos dez (10) publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

c.2) Libros publicados: polo menos tres (3) (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de tres (3) autores/as).

c.3) Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos tres (3) teses para os grupos do SUG e polo menos dúas (2) para o resto de entidades alleas ao SUG.

c.4) Patentes en explotación en que a entidade solicitante sexa titular: polo menos unha (1) patente (ou catro (4) rexistros de propiedade intelectual de software ou catro (4) rexistros de variedades vexetais).

c.5) Acordos de explotación ou empresas (EBTs) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos un (1) acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2020, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

c.6) Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos un (1) liderado de proxecto.

Solicitude segundo o Anexo VI (bis).

Certificado emitido pola entidade solicitante a que pertence o grupo, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo I da orde de convocatoria.

Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.

Certificado da composición do grupo emitido pola entidade solicitante, indicando o código e/ou denominación do grupo. A composición será a completa do grupo na data de publicación da orde especificando o persoal investigador de centros periféricos da entidade solicitante localizados nas provincias de Lugo ou Ourense, así como na comarca de Ferrolterra

Certificado de ingresos de I+D competitivos, computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, onde deben figurar tanto o importe total dos proxectos como o desagregado das anualidades que se certifican.

Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os ditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de maio de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2023).

    • Extracto da Orde do 30 de maio de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2023).

    • Resolución do 7 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se conceden as axudas da Orde do 30 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 215 do 13 de novembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN603A

Rexistro de instalacións con equipos de presión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN605A

Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN605B

Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano