Guía de procedementos e servizos

IN408B

Informe de seguimento ambiental polos titulares de parques eólicos e liñas elétricas de alta tensión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Presentación dos informes de seguimento ambiental de parques eólicos e liñas eléctricas  polos  titulares dos parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión  dos que sexa órgano substantivo a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Os titulares dos parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Servizo de Coordinación Adminsitrativa

Edificio Administrativo San Caetano, Edificio 5, Andar 4

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995499

Email: soc.industria@xunta.gal

https://economia.xunta.gal/portada

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O procedemento configúrase como un procedemento administrativo de prazo aberto, que os titulares dos parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión poden empregar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os titulares das instalacións disporán dun prazo máximo de tres (3) meses para achegar os informes desde a data de peche do período que abranguen (período de referencia).

(Para más información consultar  os períodos de referencia no  punto 3 da Resolución e,  o punto 12 relativo á adaptación dos informes de seguimento ambiental presentados no ano 2023).

Forma e lugar de presentación das comunicacións.

A comunicación á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado do anexo I, accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. A entidade comunicante deberá achegar coa comunicación, segundo o tipo e o estado da instalación (obra/funcionamento), a documentación que proceda da seguinte:

– Informe da avaliación de contaminación acústica. Xunto coa:

• Acreditación da entidade que realiza a avaliación de contaminación acústica como organismo de control ou inspección acústica expedida pola ENAC.

• No caso de que a entidade non cumpra co indicado no punto anterior, a avaliación da contaminación acústica deberá incorporar:

◦ Anexo en que se xustifique a adecuación dos métodos de medición e cálculos empregados.

◦ Certificado de calibración e/ou verificación vixente dos equipamentos de medición.

◦ Acreditación de que a persoa responsable do estudo dispón dun sistema de xestión de calidade de acordo cos requisitos da norma ISO 17025, e realizou un ensaio interlaboratorio, mediante unha entidade acreditada pola ENAC.

– Na fase de obras:

• Cronograma de obras actualizado en que se inclúan todas as actividades e a porcentaxe de execución respecto do total.

• Informe de avance de obra que inclúa reportaxe fotográfica e plano de planta que reflicta a situación real das obras.

• Informe de fin de obra co contido establecido na DIA.

• Outros informes e/ou documentación que exixa a DIA.

– Na fase de funcionamento:

• Interpretación dos resultados con valoración e conclusións finais, asinado polo equipo técnico (nome e titulación das persoas que interveñen nos controis de seguimento ambiental).

• Informes dos controis específicos da instalación.

• Cartografía.

• Reportaxe fotográfica.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

• NIF da persoa xurídica titular da instalación.

• DNI ou NIE da persoa representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada en realizar a consulta.

Trámites posteriores.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (DOG nº 252 do 29 de decembro de 2009).

    • Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 18 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se establece e se habilita na sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento de presentación, por parte dos titulares dos parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión, dos informes de seguimento ambiental destas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1367/2007, del 19 de octubre, por el que se desarrolla la Ley 37/2003, del 17 de noviembre, del Ruido, em lo referente a la zonificación acústica, objetivos de calidad y emisiones acústicas (BOE nº 254, de 23 de outubro de 2007).

    • Real Decreto 1432/2008, de 29 de agosto, por el que se establecen medidas para la protección de la avifauna contra la colisión y la electrocución en líneas eléctricas de alta tensión (BOE nº 222, de 13 de setembro de 2008).

    • Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras (BOE nº 185 del 3 de agosto de 2013).

    • Ley 21/2013, de 9 de diciembre, de Evaluación ambiental (BOE nº 296 de 11 de decembro de 2013)

    • Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico (BOE nº 310 de 27 de decembro de 2013).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA005A

Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.

Prazo aberto: 01/03/2026 00:00 - 30/04/2026 23:59

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano