Guía de procedementos e servizos

IN407C

Resposta da distribuidora á solicitude de autoconsumo en baixa tensión e potencia menor 100kw.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Procedemento de contestación das empresas distribuidoras, en resposta ás solicitudes feitas polo consumidores para a inscrición das súas instalacións no Rexistro de Autoconsumo do Ministerio de Transición Ecolóxica, segundo o aprobado polo Real decreto 244/2019, do 5 de abril. Procedemento IN407C que se recolle no anexo II desta resolución.

Todas as distribuidoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

San Lázaro

Teléfono: 981545575

Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Forma de presentación das comunicacións

As persoas interesadas, incluídas as persoas físicas que non sexan autónomas tal como establece o artigo 19.1 do Real decreto 244/2019, do 5 de abril, presentarán as devanditas comunicacións obrigatoriamente por medios electrónicos, a través dos formularios normalizados, anexo I ou anexo II, segundo o caso, accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta as ditas comunicacións presencialmente requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O procedemento IN407C de contestación das distribuidoras é un procedemento electrónico, o procedemento atoparase na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as distribuidoras, por ser de prazo aberto, para dar resposta ás notificacións remitidas polas xefaturas territoriais dentro do IN407B. A comunicación das distribuidoras realizarase a través do anexo II desta resolución e dirixirase á xefatura territorial onde se atope implantada a instalación de autoconsumo, no prazo de 5 días hábiles. En caso de non contestar considerarase que non existen obxeccións e continuarase co procedemento IN407B comunicando os datos ao Rexistro Administrativo de Autoconsumo do Ministerio dentro do mes en curso e comunicando este feito á persoa interesada.

Trámites posteriores.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos (IN407B e IN407C) deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadá da persoa interesada accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 18 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de comunicación de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor a 100 kW, así como o procedemento de contestación das empresas distribuidoras (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2020).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00