Guía de procedementos e servizos

IN407D

Rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Sobre o procedemento

Regular e dar publicidade ao modelo de solicitude do procedemento de rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión, conforme o indicado na ITC-BT-04 «Documentación e posta en servizo das instalacións», aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, procedemento IN407D, que se recolle no anexo I desta resolución.

Este procedemento está dirixido ás empresas distribuidoras de enerxía eléctrica titulares de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión.

Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O procedemento IN407D é un procedemento administrativo de prazo aberto e pódese empregar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución.

  • Inscrición no rexistro de instalacións eléctricas de Alta Tensión e de liñas eléctricas de Baixa tensión ( 32.19.15)
  • Baixa nos rexistros de instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial ( 32.19.80)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

As persoas interesadas presentarán as devanditas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado do anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta as ditas solicitudes presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Especificidades do procedemento IN407D

a) O procedemento IN407D regula a solicitude de rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión que deberán empregar as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica que sexan titulares destas instalacións, anexo I: IN407D.

b) O procedemento IN407D de rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión é un procedemento electrónico de prazo aberto. A solicitude de rexistro dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, a Xefatura Territorial) onde se atopen implantadas as instalacións.

c) Estas instalacións deberán ser rexistradas polas empresas distribuidoras de enerxía eléctrica titulares destas. Poderán presentarse en proxectos conxuntos, agrupadas por concellos ou provincias, e presentados periodicamente en función do seu volume (mínimo unha vez por ano).

d) As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

• Proxecto técnico das instalacións (visado ou con declaración responsable).

• Certificado de dirección de obra (visado ou con declaración responsable).

• Certificado da instalación.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requiririda para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

e) Durante o primeiro trimestre de cada ano as empresas distribuidoras deberán achegar como documentación separada un ficheiro shape cos datos de toda a súa rede de baixa tensión en funcionamento .

f) Comprobación de datos.

Para a tramitación do procedemento IN407D consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

• NIF da persoa xurídica solicitante.

• DNI ou NIE da persoa representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

g) Unha vez presentada a solicitude, o rexistro devolverá automaticamente un xustificante de recepción das instalacións rexistradas. A xefatura territorial correspondente poderá requirir emenda da documentación presentada se o considera necesario. As citadas notificacións practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

h) O formulario de solicitude ten as opcións de inscrición/modificación/baixa/emenda/corrección erros.

i) As taxa administrativa aplicable para as opcións de inscrición e modificación é a 32.19.15 e para opción de baixa é a 32.19.80. Para as opcións de emenda ou corrección de erros non se aplica ningunha taxa.

Trámites posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación do procedemento IN407D deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión (código de procedemento IN407D). (DOG nº 142 do 17 de xullo de 2020)

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE nº 224 do 18 de setembro de 2002).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano