Guía de procedementos e servizos

IN407E

Axudas para a modificación de liñas eléctricas aéreas existentes con condutores espidos que poidan causar mortalidade da avifauna en zonas de protección, con cargo ao PRTR - Financiado pola Unión Europea - Next Generation EU.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 21/01/2023 00:00 - 20/02/2023 23:59

1. Mediante esta orde realízase a convocatoria para o ano 2023 da concesión das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna.

2. As bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, en réxime de concorrencia competitiva, para a adaptación das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, son as aprobadas pola Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para os anos 2022-2023 e convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E), que se publicou no DOG núm. 127, do 5 de xullo de 2022.

3. En todo o non disposto expresamente nesta orde, para os efectos do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, observarase o disposto na Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para os anos 2022-2023 e convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

Entidade pública ou privada.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

San Caetano s/n, edificio 5, planta 4ª

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957265

Email: subdireccion.enerxia@xunta.gal

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: PECHADO

21/01/2023 00:00 - 20/02/2023 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais, contados desde o día seguinte á data de publicación no DOG (Diario Oficial de Galicia) desta convocatoria.

Poderá ter a condición de beneficiaria calquera entidade, pública ou privada, que teña a titularidade dalgunha ou varias liñas eléctricas existentes de alta tensión con condutores espidos localizadas total ou parcialmente nas zonas de protección da avifauna establecidas pola Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, nas cales serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

Forma e lugar  de presentación de solicitudes e da documentación

1. Para poder ser entidade beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo de formulario normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, dirixirase á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 12 das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude modelo do anexo II a seguinte documentación:

1.1. Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito, se procede.

1.2. Memoria técnica descritiva das actuacións obxecto de solicitude para a adaptación e/ou modificación da liña eléctrica correspondente, onde se especifiquen e se describan as medidas que se van tomar co obxectivo de dar cumprimento ao Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto. O contido mínimo da memoria será o seguinte:

a) Descrición do trazado con plano a escala mínima 1:10.000 en formato .pdf e dixital (.shp, .dxf ou similar) onde se identifiquen e localicen as liñas e apoios.

b) Planos de localización e detalle, onde se identifiquen a localización das liñas e apoios con respecto ás zonas de protección para a avifauna.

c) Tipos de apoios e armados instalados ou para instalar.

d) Características dos sistemas de illamento para cada apoio, con certificación da súa homologación cando menos para a tensión dos tendidos que vaian ser corrixidos.

e) Descrición das instalacións de seccionamento, transformación e interruptores con corte en intemperie.

f) Características dos dispositivos anticolisións que se van instalar e a localización destes, así como as medidas anticolisión e as medidas antinidificación nas liñas.

g) Xustificación técnica, asinada por técnico competente, de que as medidas propostas dan cumprimento ao establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto.

h) Xustificación do cumprimento do principio DNSH.

i) Obxectivos ambientais aos cales contribuirá a actuación, segundo o que establece o Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecido no marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

j) Orzamento detallado co IVE desagregado.

k) Prazo de execución e calendario, tendo en conta que as actividades subvencionables descritas nas presentes bases reguladoras deben rematar antes do 31 de outubro de 2023.

1.3. Arquivo en formato compatible con SIX (.shp, .dxf ou similar) onde se identifiquen e localicen as liñas e apoios, diferenciando aqueles en que se realizarán actuacións dos que non.

1.4. Tres ofertas de diferentes persoas que teñan a condición de provedoras, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, no caso en que o gasto subvencionable supere os 40.000 €, no caso de obras, ou 15.000 €, no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor do mercado.

b) As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.

c) En ningún caso poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a contía deste e eludir o cumprimento dos requisitos de contratación e subcontratación establecidos nestas bases.

d) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

e) Non poderán proceder de empresas vencelladas entre elas nin coa solicitante, nos termos establecidos pola lexislación de contratos do sector público.

f) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

g) Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

h) Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables dos cales, polas súas características especiais, non exista no mercado suficiente número de entidades que o ofrezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

i) Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados no presente artigo.

1.5. De ser o caso, documentación xustificativa que acredite o cumprimento dos criterios de avaliación 1, 2 e 3 das solicitudes establecidos no artigo 9 das bases reguladoras; documentación xustificativa que acredite a mortalidade de avifauna de cada un dos exemplares tidos en conta nos criterios de valoración.

1.6. Se é o caso, acreditación de dispor de todas as licenzas e autorizacións necesarias para o exercicio da actividade ou de estar en trámite de conseguilas.

1.7. Anexo III debidamente cuberto (memoria resumo das actuacións).

1.8. Se é o caso, a declaración responsable (anexo VII) en que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes do 1 de xaneiro de 2023.

1.9. Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, incluíndo o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH) (anexo VIII), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, en todas as fases de deseño e execución das actuacións.

1.10. Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR (anexo IX).

1.11. No caso de que as beneficiarias desenvolvan actividades económicas, acreditarán a súa inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolvida na data de solicitude da axuda, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

1.12. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.

1.13. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais poderá requirir motivadamente, consonte prevé o artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, calquera documentación aclaratoria necesaria en relación coas subvencións que se van outorgar que considere conveniente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para este efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non puideran obter os citados documentos, poderáselle solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Comprobación de datos

Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante, de ser o caso.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

No caso de que as interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas (DOG nº 89 do 9 de maio de 2007).

    • Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e se actualiza o dito catálogo (DOG nº 155 do 12 de agosto de 2011).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Real Decreto 139/2011, de 4 de febreiro, para o desenvolvemento do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Ameazadas (BOE nº 46 de 23 de febreiro de 2011).

    • Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2015).

    • Corrección de erros. Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 25 do 8 de febreiro de 2016).

    • Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).

    • Corrección de erros. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).

    • Resolución do 15 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se determinan as liñas eléctricas aéreas de alta tensión que non se axustan ás prescricións técnicas establecidas no Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión (DOG nº 208 do 31 de outubro de 2019).

    • Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nas que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión (DOG nº 208 do 28 de outubro de 2021).

    • Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se realiza a convocatoria, para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2023).

    • Extracto da Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se realiza a convocatoria, para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2023).

    • Orde do 21 de abril de 2023 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se realiza a convocatoria, para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 83 do 2 de maio de 2023).

    • Resolución do 26 de xullo de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 152 do 10 de agosto de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).

    • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 de 25 de xullo de 2006).

    • Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 270 do 11 de novembro de 2006).

    • Real Decreto 1432/2008, de 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión (BOE nº 222 de 13 de setembro de 2008).

    • Corrección de erros do Real Decreto 139/2011, de 4 de febreiro, para o desenvolvemento do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Ameazadas (BOE nº 76 de 30 de marzo de 2011).

    • Real Decreto-lei 36/2020, de 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a ejecución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE 341 de 31 de decembro de 2020).

    • Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, polo que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 234 do 30 de setembro de 2021).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento 2020/2221 do Parlamento Europeo e o Consello, do 23 de decembro de 2020 polo que se modifica o Regulamento (UE) n.º1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e as disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT UE) (DOUE nº L 437/30 de 28 de decembro de 2020)

    • Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00