Guía de procedementos e servizos

IF310B

Probas dirixidas á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorias perigosas por estrada e por ferrocarril.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 23/07/2025 00:00 - 22/08/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Renovar o certificado de conselleiros de seguridade.

Aquelas persoas que xa sexan titulares do certificado e precisen renovalo de conformidade coa normativa vixente; en concreto, o dito certificado estará en vigor e dentro do seu último ano de validez o día da realización das probas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Inspección do Transporte

Servizo de Inspección

Edifilcio Administrativo San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544554/ 981544573

Email: control-transportes@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobil

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/07/2025 00:00 - 22/08/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A proba que deben superar as persoas aspirantes na modalidade de renovación do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas consistirá en responder 50 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das cales só unha é correcta.

Cada resposta acertada valorarase con 2 puntos e será preciso acadar un mínimo de 50 puntos para superar a proba. As respostas erróneas ou en branco non terán penalización.

As persoas aspirantes non poderán consultar textos normativos nin empregar máquina calculadora para realizar esta proba e disporán para facelo de, como máximo, 60 minutos.

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes.

1. As solicitudes para tomar parte nas probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade axustaranse ao modelo normalizado que se recolle como anexo III desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310B.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. A non presentación da solicitude e o non pagamento da taxa en tempo e forma suporá a exclusión da persoa aspirante; igualmente, a consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación presentada polas persoas aspirantes dará lugar á súa exclusión, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, no procedemento IF310B, a seguinte documentación:

– Xustificante de pagamento da taxa (código 31.01.20), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede electrónica; neste caso non é preciso achegar o dito xustificante.

– Certificado de discapacidade emitido por outra Administración distinta da Xunta de Galicia, se é o caso.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

 Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento IF310B consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

b) Estar inscrito como demandante de emprego en data concreta.

c) Importes da prestación de desemprego percibidos en data actual.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 Dereitos de exame

1. De conformidade coa Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, para acceder a estas probas deberá aboarse, en concepto de taxas por dereitos de exame, a cantidade de vinte e sete con trinta e un euros (27,31 €), por cada unha das modalidades de proba e especialidades a que a persoa solicitante se presente. 

2. O ingreso da/s taxa/s efectuarase en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia (https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/formas-de-pago/autoliquidacions-e-liquidacions-notificadas-pola-administracion/entidades-colaboradoras); para tal fin, as persoas aspirantes terán que empregar os impresos de autoliquidación oficiais, que se poderán obter nos servizos centrais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía ou nas Oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía dos departamentos territoriais da Consellería.

Os impresos de autoliquidación cubriranse indicando os seguintes códigos:

– Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: código 04.

– Delegación de Servizos Centrais: código 13.

– Servizo de Mobilidade: código 26.

– Denominación: inscrición nas probas para a cualificación como conselleiro de seguridade: código 31 01 20.

3. Así mesmo, o ingreso da/das taxa/s poderá facerse en liña, a través da Oficina Virtual Tributaria dispoñible na web da Consellería de Facenda (https://ovt.atriga.gal/), e indicaranse para o efecto os mesmos códigos sinalados no punto anterior.

4. De conformidade co disposto no artigo 30.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, quedan exentos do aboamento de taxas por dereitos de exame as persoas que figuren como demandantes de emprego desde polo menos seis meses antes da data de convocatoria das probas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Despois de presentar

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 10 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (DOG nº 139 do 22 de xullo de 2025).

    • Resolución do 15 de setembro de 2025 do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se acorda a relación definitiva de persoas admitidas na modalidade de renovación.

    • Resolución do 15 de setembro de 2025 do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se acorda a relación definitiva de persoas excluídas na modalidade de renovación.

    • Resolución do 17 de setembro de 2025, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á renovación do certificado (DOG nº 187 do 29 de setembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano