Guía de procedementos e servizos

IF303A

Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 25/11/2022 00:00 - 16/10/2023 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo eco.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2023 (código de procedemento IF303A). Os prazos serán diferentes para as distintas liñas:

a) Para as liñas de taxi de cero emisións e eco, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 15 de xullo de 2022 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2023). Porén, esta data límite do 31 de outubro para xustificar só será de aplicación a aqueles interesados que reciban a notificación de concesión con posterioridade ao 31 de agosto de 2023, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.

b) Para a liña Eurotaxi, poderán ser obxecto de subvención os seguintes vehículos:

– Os vehículos que xa fosen adquiridos, en calquera momento, e estean adscritos ou non a unha autorización no momento de presentación da solicitude, sempre que manteñan o compromiso de manter a titularidade do vehículo e o seu destino efectivo á actividade de taxi durante, polo menos, cinco (5) anos desde a data da presentación da solicitude da axuda ou, no suposto de non estaren adscritos a unha autorización nese momento, desde a data da súa adscrición.

– Os vehículos novos que se adquiran con posterioridade á presentación da solicitude e á data límite establecida na orde para xustificar a axuda.

A data límite será o 31 de outubro de 2023, pero só para aqueles interesados que reciban a notificación da resolución de concesión con posterioridade ao 31 de agosto de 2023, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.

Os solicitantes non poderán ter sido beneficiarios dunha axuda análoga da Xunta de Galicia para o mesmo vehículo nos termos indicados no artigo 4.2.c).

3. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Actuacións subvencionables.

1. Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de novos vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), que reúnan as seguintes condicións:

a) Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos prazos fixados na orde.

c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, nin os adquiridos a través dun contrato de renting.

2. Tamén serán subvencionables con cargo a esta orde os novos vehículos taxi de tipo cero emisións e eco que reúnan as seguintes condicións:

a) Deberán estar clasificados oficialmente nestas categorías pola Dirección Xeral de Tráfico de acordo co disposto na Orde PCI/810/2018, do 27 de xullo, pola que se modifican os anexos II, XI e XVIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos prazos fixados na orde.

c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, pois o solicitante terá que ser o seu titular na súa primeira matriculación, nin os adquiridos a través dun contrato de renting.

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981995053/ 881995077

Email: axudas.mobilidade@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: PECHADO

25/11/2022 00:00 - 16/10/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2023, de acordo coas seguintes previsións:

1. As solicitudes presentadas desde a data de inicio do prazo e durante os dous primeiros meses de presentación de solicitudes serán valoradas dentro de cada liña por orde de entrada, ata o momento do esgotamento do crédito asignado inicialmente a cada unha das liñas, de se producir este antes da finalización do dito prazo.

Se o crédito dispoñible se esgota antes desa data, anunciarase esta circunstancia a través da páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na epígrafe Mobilidade, de acordo co establecido no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En tal caso, as solicitudes que se reciban despois do esgotamento do crédito quedarán en reserva, e poderán, se é o caso, ser subvencionadas, ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia por parte das persoas beneficiarias ou ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas, sen prexuízo do disposto na alínea seguinte para o posible crédito sobrante nas outras liñas de axudas establecidas nesta orde.

2. Transcorridos os dous primeiros meses, desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes, o crédito resultante no conxunto das tres liñas unificarase e continuarán valorándose as solicitudes, para calquera das tres liñas, atendendo exclusivamente á orde de entrada, para o cal se deberán ter en conta tanto as solicitudes presentadas dentro do prazo anterior e que non puideron ser atendidas por insuficiencia do crédito inicial para esa liña como aquelas que se presenten posteriormente e ata a finalización do prazo o 14 de outubro de 2023.

Se o novo crédito resultante dispoñible se esgota antes desa data, anunciarase esta circunstancia na mesma forma establecida na alínea anterior e, en tal caso, as solicitudes que se reciban despois do esgotamento do crédito e ata o 14 de outubro de 2023 quedarán en reserva, e poderán, se é o caso, ser subvencionadas, ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia por parte das persoas beneficiarias ou ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas.

Para xeraren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberanse axustar ás seguintes regras:

a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.

b) Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.

c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante, agás no suposto de que para a mesma autorización a persoa interesada acadase a condición de beneficiario/a con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Xunta de Galicia para esta mesma finalidade.

Solicitudes.

1. Ao abeiro do disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a solicitude e tramitación deste procedemento farase por medios exclusivamente electrónicos, ao seren autónomos as persoas destinatarias.

En consecuencia, para poder ser beneficiario das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo I a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF303A.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do réxime contido nesta orde.

A solicitude irá acompañada, ademais, da documentación a que se fai referencia no artigo 6, que necesariamente se deberá anexar en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp).

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Na solicitude de axuda incorporarase unha declaración responsable referente aos seguintes aspectos:

a) Axudas solicitadas e/ou concedidas por outras administracións públicas para o mesmo proxecto, con indicación das contías ou, de ser o caso, indicación de que non recibiu ningunha.

b) Axudas de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, suxeitas ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, ou a outros regulamentos de minimis (artigo 6.1 do Regulamento de minimis).

c) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse ás axudas reguladas nestas bases, así como das obrigas e compromisos que nelas se establecen.

d) Autenticidade dos datos facilitados.

e) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta administración considere oportunas e realice tanto mediante os seus propios medios como mediante a colaboración de servizos externos.

f) Non estar incurso/a en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Autenticidade e coincidencia cos orixinais da documentación anexada coa solicitude, e posta á disposición da Administración dos ditos orixinais en caso de que se lle requira.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1.1. Para as solicitudes de axudas de taxi adaptado (Eurotaxi).

a) Copia da factura pro forma, que deberá incluir os seguintes datos:

– Data de emisión.

– Identificación do provedor: nome comercial, NIF, enderezo.

– Identificación do comprador: nome comercial, NIF, enderezo.

– Descrición da operación: concepto, orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.

– Base impoñible.

– Cota do IVE.

– Prezo total.

– Tipo de adaptación que se vai realizar no vehículo.

No caso de realizar algún cambio posterior, en relación cos datos que figuran na factura pro forma, será o vehículo finalmente adquirido o que terá que cumprir os requisitos exixidos na orde para poder ter dereito ás axudas.

b) No caso de actuar por medio de representante, débese achegar a documentación acreditativa da representación.

c) No caso de que o vehículo fose adquirido con antelación á publicación desta orde, poderá achegar simultaneamente coa solicitude a factura de compra do vehículo subvencionado e o xustificante de ter pagado polo menos 10.000 euros para esta finalidade mediante unha ou varias transferencias bancarias, domiciliación bancaria da débeda, cheque bancario nominativo, tarxeta de crédito/débito, pagamento das cotas do préstamo no caso de financiamento da compra ou o método de pagamento electrónico empregado (PayPal, Google Pay, Apple Pay...), sempre que quede constancia do pagamento realizado e dos suxeitos participantes na transacción.

1.2. Para as solicitudes de axudas de taxi de cero emisións e eco:

a) Copia da factura pro forma e orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.

– Data de emisión.

– Identificación do provedor: nome comercial, NIF, enderezo.

– Identificación do destinatario: nome comercial, NIF, enderezo.

– Descrición da operación: concepto, orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.

– Base impoñible.

– Cota do IVE.

– Prezo total.

No caso de realizar algún cambio posterior, en relación cos datos que figuran na factura pro forma, será o vehículo finalmente adquirido o que terá que cumprir os requisitos exixidos na orde para poder ter dereito ás axudas.

b) No caso de actuar por medio de representante, débese achegar a documentación acreditativa da representación.

c) No caso de que o vehículo fose adquirido con antelación á publicación desta orde, poderá achegar simultaneamente coa solicitude a factura de compra do vehículo subvencionado e o xustificante de ter pagado polo menos 6.000 euros para esta finalidade, no caso de vehículos de cero emisións, e 4.000 euros para esta finalidade, no caso de vehículos eco, mediante unha ou varias transferencias bancarias, domiciliación bancaria da débeda, cheque bancario nominativo, tarxeta de crédito/débito, pagamento das cotas do préstamo no caso de financiamento da compra ou o método de pagamento electrónico empregado (Paypal, Google Pay, Apple Pay...), sempre que quede constancia do pagamento realizado e dos suxeitos participantes na transacción. Neste caso, para os efectos de acreditar a correspondente categoría de clasificación do vehículo, presentarase tamén algún dos seguintes documentos, con carácter alternativo:

– Copia do distintivo oficial da Dirección Xeral de Tráfico onde figure a clasificación do vehículo en función da súa eficiencia enerxética, tendo en conta o impacto ambiental.

– Certificación expedida por concesionario oficial, acreditativa da clasificación do vehículo en función da súa eficiencia enerxética, tendo en conta o impacto ambiental.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/axuda/necesita-axuda/axuda-tecnica/requisitos).

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE en vigor da persoa solicitante.

b) DNI/NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.

c) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores que presenten de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación desta solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Estatal
    • Orde do 14 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2023 (tramitación anticipada) (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2022).

    • Extracto da Orde do 14 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2023 (tramitación anticipada) (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2022).

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de setembro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 14 de novembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio de 2023 (tramitación anticipada (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2023).

    • Resolución do 10 de xaneiro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 14 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2023, mediante tramitación anticipada (DOG nº 14 do 19 de xaneiro de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano