Guía de procedementos e servizos

IF303A

Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 02/01/2019 00:00 - 14/10/2019 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (eurotaxi).

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2019 (código de procedemento IF303A).

3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 16 de outubro de 2018 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda.

4. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Actuacións subvencionables.

1. Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida que reúnan as seguintes condicións:

a) Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos prazos fixados na orde.

c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man.

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos Servizos de Mobilidade competentes.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. As persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde asumen as obrigas recollidas con carácter xeral na normativa de subvencións e, especificamente, as seguintes:

a) Obriga de reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Obriga de permitir que a Dirección Xeral de Mobilidade realice as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como de facer o seguimento e control das axudas concedidas.

c) Obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

d) Obriga de destinar o novo vehículo a prestar o servizo de taxi no municipio da Comunidade Autónoma de Galicia en que estea domiciliada a autorización VT-N do solicitante, e adscribir o vehículo a esta.

Non obstante o anterior, o beneficiario poderá substituír o vehículo subvencionado por outro de características semellantes, sempre que concorran circunstancias que así o xustifiquen e a dita substitución sexa expresamente autorizada pola Dirección Xeral de Mobilidade e polo concello.

e) Obriga de incorporar nun lugar visible do/s vehículo/s adquirido/s unha referencia expresa a que a adquisición do vehículo foi subvencionada pola Xunta de Galicia (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade). Esta información debe levar o logotipo oficial da Xunta de Galicia previsto no manual de identidade corporativa (http://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual).

f) Obriga de manter a titularidade do vehículo e o seu destino efectivo á actividade de taxi durante, ao menos, cinco (5) anos, agás no suposto de que, logo de autorización, se substitúa por outro de condicións análogas.

g) Obriga de conservar en bo estado o vehículo adquirido.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981995053 / 881995077

Fax: 981544351

Email: civ.mobilidade@xunta.gal

http://www.civ.xunta.gal

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: PECHADO

02/01/2019 00:00 - 14/10/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2019 e finalizará o día 13 de outubro de 2019.

Non obstante, se o crédito dispoñible se esgotar antes desa data, anunciarase esta circunstancia a través da páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na epígrafe de Mobilidade, de acordo co establecido no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En tal caso, as solicitudes que se reciban despois deste anuncio e ata o 13 de outubro de 2019 quedarán en reserva, e poderán, se é o caso, ser subvencionadas ben co crédito que quede libre, de se producir algunha renuncia por parte das persoas beneficiarias, ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas.

a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.

b) Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.

c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante, agás no suposto de que para a mesma autorización a persoa interesada acadase a condición de beneficiario/a con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para esta mesma finalidade.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Copia compulsada da factura pro forma e orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.

    • b) No caso de actuar por medio de representante, debe achegarse a documentación acreditativa da representación.

    • c) No caso de que o vehículo fose adquirido con antelación á publicación desta orde, factura de compra do vehículo subvencionado e xustificante de ter pagado polo menos 10.000 euros para esta finalidade mediante unha ou varias transferencias bancarias.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE en vigor da persoa solicitante.

  • b) DNI ou NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.

  • c) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

  • d) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

  • e) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Na solicitude de axuda incorporarase unha declaración responsable referente aos seguintes aspectos:

    • a) Axudas solicitadas e/ou concedidas por outras administracións públicas para o mesmo proxecto, con indicación das contías ou, de ser o caso, indicación de que non recibiu ningunha.

    • b) Axudas de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso suxeitas ao Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, ou a outros regulamentos de minimis (artigo 6.1 do Regulamento de minimis).

    • c) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse ás axudas reguladas nestas bases, así como das obrigas e compromisos que nelas se establecen.

    • d) Autenticidade dos datos facilitados.

    • e) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta Administración considere oportunas e realice tanto mediante os seus propios medios como mediante a colaboración de servizos externos.

    • f) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    • g) Autenticidade e coincidencia cos orixinais da documentación anexada coa solicitude, e posta á disposición da Administración dos ditos orixinais en caso de que se lle requira.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/requirimentos-tecnicos).

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2019 (tramitación anticipada) (DOG nº 239 do 17 de decembro de 2018).

    • Extracto da Orde do 26 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2019 (tramitación anticipada) (DOG nº 239 do 17 de decembro de 2018).

    • Resolución do 4 de febreiro de 2020 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), e se convocan para o exercicio 2019. (DOG nº 40 do 28 de febreiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano