Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED322A
Axudas complementarias no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2017/18.
Alumnado de ensinanzas artísticas superiores de centros públicos.
Obrigas das persoas beneficiarias.
A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
a) Informar o órgano que concede a bolsa da obtención doutras subvencións ou axudas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
b) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das subvencións, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Acreditar, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.
d) Realizar as actividades previstas nos programas de mobilidade e cumprir os obxectivos destes con aproveitamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente
San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546511
Fax: 981546550
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Praza Luís Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184701
Fax: 981184629
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294297
Fax: 982294238
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Rúa do Concello, 11
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386082
Fax: 988386079
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805188
Fax: 986805937
Prazo de presentación: PECHADO
24/03/2018 00:00 - 23/04/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
a) Ser cidadán da Unión Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español. Non obstante, o alumnado con nacionalidade distinta á española non poderá realizar a mobilidade no seu país de orixe.
b) Estar matriculado no curso 2017/18 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
c) Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2017/18.
d) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Documento acreditativo de ter concedida unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2017/18.
Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar por medio de representante.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.
c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As solicitudes serán subscritas electronicamente pola persoa interesada ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/18 (DOG nº 59 do 23 de marzo de 2018).
-
Extracto da Orde do 8 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/18 (DOG nº 59 do 23 de marzo de 2018).
-
Resolución do 11 de xullo de 2018 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 8 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2017/18 (DOG nº 138 do 19 de xullo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.
Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
Axudas ao alumnado das universidades públicas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán.
Prazo pechado: 04/02/2025 00:00 - 03/03/2025 23:59