Guía de procedementos e servizos

ED322A

Axudas complementarias no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 12/04/2017 00:00 - 11/05/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2016/17.

O alumnado de ensinanzas artísticas superiores de centros públicos.

Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das subvencións, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade, das previstas no artigo 3.1 de Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546511

Fax: 981546550

Email: dxefpie@edu.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805188

Fax: 986805937

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Rúa do Concello, 11

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386082

Fax: 988386079

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Praza Luís Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184701

Fax: 981184629

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294297

Fax: 982294238

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

12/04/2017 00:00 - 11/05/2017 23:59

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

a) Ser cidadán da Unión Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.

b) Estar matriculado no curso 2016/17 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.

c) Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2016/17.

d) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

  • A solicitude do anexo I (modelo normalizado ED322A) presentarase xunta coa seguinte documentación:

    • Documento acreditativo de ter concedida unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2016/17.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (ED322A), https://sede.xunta.gal.

  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2016/17 (DOG nº 71 do 11 de abril de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED321A

Certificación persoal na manipulación de gases fluorados

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA655B

Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED415A

Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59

ED416A

Axudas ao alumnado das universidades públicas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/02/2025 00:00 - 03/03/2025 23:59