Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
DE402D - Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte.
Aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Bono deporte.
Así mesmo, por medio desta orde procédese á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo de adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos interesados
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do Bono deporte o pai ou nai, titor/a ou persoa que teña en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos a un menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos no momento da solicitude, federado ou inscrito no programa XOGADE, e que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras.
Cada menor xerará dereito a un único bono deporte. Sen prexuízo de que o menor sexa titular de varias licenzas deportivas, dunha licenza e dun identificador XOGADE, ou que simultanee distintas actividades deportivas, cada persoa beneficiaria disporá dun único bono deporte por menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos que se establecen na presente orde.
O identificador XOGADE ou o número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos deberá estar emitida durante o 2023, e o menor deberá continuar no programa XOGADE ou ter licenza deportiva federada no momento da descarga do bono.
2. As axudas entenderanse preconcedidas coa descarga dos bonos polas persoas beneficiarias.
Requisitos dos establecementos adheridos ao programa:
Poderán adherirse ao programa Bono deporte os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos que cumpran os seguintes requisitos:
a) No caso dos establecementos comerciais e dos prestatarios de servizos, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
No caso das entidades deportivas, que estean inscritas no Rexistro de Entidades deportivas de Galicia .
b) Que en ambos supostos estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Rúa Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996344/ 881996360
Email: bonodeporte@xunta.gal
Secretaría Xeral para O Deporte
Orde do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos (DOG nº 233 do 11 de decembro de 2023).
Extracto da Orde do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos (DOG nº 233 do 11 de decembro de 2023).
Orde do 30 de xaneiro de 2024 pola que se abre un novo prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos ao Bono deporte, e se modifica o anexo I da Orde do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivo (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
12/12/2023 00:00 - 02/01/2024 23:59
03/02/2024 00:00 - 19/02/2024 23:59
De conformidade coa Orde do 30 de xaneiro de 2024 (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2024), ábrese un novo prazo para adherirse ao programa que será de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Data de descarga dos bonos:
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro dese ano. Non obstante, se antes do 29 de febreiro de 2024 se esgotase o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento finalizaría o prazo de descarga.
Alta e requisitos dos establecementos adheridos ao programa :
1. Os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos que desexen adherirse ao programa Bono deporte deberán rexistrarse na web www.bonodeporte.gal indicando a seguinte información:
• Nome e apelidos ou razón social.
• Establecemento comercial en Galicia.
• NIF.
• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
• Nome comercial.
• Enderezo do establecemento comercial.
• Número de teléfono móbil.
• Correo electrónico.
• IAE (incluído no anexo I).
• IBAN da conta bancaria.
• Páxina web do establecemento comercial.
2. O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de decembro de 2023, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. Poderán adherirse ao programa Bono deporte os establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos que cumpran os seguintes requisitos:
a) No caso dos establecementos comerciais e dos prestatarios de servizos, que desenvolvan a súa actividade en Galicia e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
No caso das entidades deportivas, que estean inscritas no Rexistro de Entidades deportivas de Galicia .
b) Que en ambos supostos estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.
4. A alta e o uso da aplicación polos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestatarios de servizos, suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da que serán informadas convenientemente.
5. Na alta para a adhesión ao programa, as persoas e entidades interesadas poderán outorgar a súa autorización para recibir información das axudas, actuacións e programas que poña en marcha a Secretaría Xeral para o Deporte.
6. Os representantes dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos, deberán asinar dixitalmente a declaración responsable, manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados, sen prexuízo de cantas outras formalidades estean obrigadas a cumprir. A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte poderá comprobar ou, se é o caso, solicitar en calquera momento os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
7. Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nesta orde.
8. O nome comercial e a localización dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos adheridos ao programa Bono deporte farase pública na web www.bonodeporte.gal.
9. Os establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento, agás no suposto previsto no artigo 20 destas bases reguladoras.
Comprobación de datos dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos adheridos .
1.- Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante
e) Imposto de Actividades Económicas (IAE): epígrafes até un máximo de 10 do Imposto de Actividades Económicas, nos que se encontra matriculado (de alta ou de baixa) un contribuínte ou titular na data actual
2.- No caso de que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta deberán indicalo e achegar os correspondentes documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar la consulta.
3.- Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación da solicitude dos bonos:
1. Para a obtención dos bonos, cada persoa beneficiaria deberá darse de alta na web www.bonodeporte.gal indicando a seguinte información:
a) Nome e apelidos do pai/nai, titor ou persoa que teña en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos ao menor con idade comprendida entre os 6 e 16 anos.
b) Maioría de idade.
c) DNI/NIE.
d) Localidade de residencia (código postal).
e) Número de teléfono móbil.
f) Correo electrónico.
g) Nome e apelidos do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
h) Data de nacemento do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
i) No seu caso, DNI do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos.
j) Identificador XOGADE ou número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos estabecidos no artigo 9 da presente orde.
k) En caso de ser licenza deportiva federada, federación emisora.
2. O uso da páxina web e a solicitude do Bono deporte supón a aceptación das condicións para o tratamento de datos persoais conforme o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Secretaría Xeral para o Deporte poderá verificar os datos persoais que obran no seu poder así como aqueles outros relativos á licenza deportiva federada xestionados polas federacións deportivas galegas no exercicio das funcións públicas delegadas que lles atribúe a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
3. As persoas beneficiarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
4. Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán declarar responsablemente que están ao día do cumprimento das obrigas coa Facenda Pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social, e que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
5. Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar presencialmente na Secretaría Xeral para o Deporte e nos servizos de Deporte das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
As persoas interesadas, ou os/as seus/súas representantes, poderán autorizar expresamente aos/ás empregados/as para a solicitude e a obtención dos bonos en formato papel. Neste suposto deberase acreditar a representación expresa por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna ou mediante declaración responsable en comparecencia persoal da persoa interesada ante o/a funcionario/a da Administración.
Sistema de funcionamento dos bonos .
1. A descarga dos bonos polas persoas beneficiarias realizarase na web www.bonodeporte.gal, e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).
2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas beneficiarias, os establecementos adheridos terán que descargar no seu móbil a APP bonos deporte.
3. No momento da compravenda ou da prestación do servicio, os establecementos adheridos terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda ou da prestación do servizo, aparecendo automaticamente o importe que se vai cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas beneficiarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Premios Deporte Galego.
Subvencións a clubs para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado.
Subvencións a concellos para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.
Subvencións a federacións deportivas, clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19
Subvencións a federacións deportivas de Galicia, para o desenvolvemento do plan corresponsables a través da realización de actividades de animación socio deportiva.
Selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do bono deporte.