Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
DE401B
Subvencións a clubs para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado.
1. Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras os clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade.
A data límite de contabilización das licenzas será a da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
2. Estas entidades, ademais dos requisitos xerais establecidos na normativa de subvencións, deberán figurar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia na data de publicación da convocatoria anual de subvencións.
3. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) - 15781 Santiago
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881-996361
Email: subdireccion-plans-programas.pr@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar
R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) - 15781 Santiago
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881-996362
Email: subdireccion-plans-programas.pr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
27/04/2023 00:00 - 26/05/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o rexistro electrónico de cada Administración ou organismo rexerase, para efectos de cómputo dos prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar de modo accesible e visible.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, segundo o disposto na base 9ª, a seguinte documentación:
a) Certificación emitida polo/a secretario/a da entidade deportiva solicitante ou persoa que teña atribuída a potestade para certificar, segundo o modelo do anexo III, na cal se faga constar o acordo do órgano colexiado competente da entidade deportiva polo cal se solicita a subvención para as actuacións que se pretenden executar ao abeiro desta orde.
b) Memoria deportiva e xustificativa da necesidade dos equipamentos para os cales solicitan subvención, asinada polo/a representante da entidade deportiva (anexo IV).
c) Acreditación da representación, de ser o caso (anexo IX).
d) Aceptación da cesión de datos entre as administracións implicadas, segundo o modelo do anexo X (dispoñible en https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/de401b-subvencions-clubs-para-adquisicion-de-equipamentos-deportivos-para-deporte-adaptado).
e) Declaración responsable relativa ao compromiso do cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, segundo o modelo do anexo XI (dispoñible en https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/de401b-subvencions-clubs-para-adquisicion-de-equipamentos-deportivos-para-deporte-adaptado).
2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Atriga.
g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo II)
- Fase de solicitude
- Aceptación da cesión de datos entre as Administracións implicadas (Anexo X)
- Acreditación da representación (Anexo IX)
- Memoria deportiva (Anexo IV)
- Certificación do acordo do órgano colexiado competente da entidade deportiva (Anexo III)
- Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR (Anexo XI)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2023).
-
Extracto da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2023).
-
Corrección de erros. Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 84 do 3 de maio de 2023).
-
Resolución do 8 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, de solicitudes inadmitidas e de solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2023).
-
Orde do 8 de agosto de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido na base 25ª do anexo I da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/23 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2023).
-
Resolución do 11 de agosto de 2023 pola que se publica a relación definitiva das solicitudes beneficiarias, as desestimadas e as inadmitidas, ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 159 do 23 de agosto de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de entidades deportivas
Aberto todo o ano