Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
DE401A
Premios Deporte Galego.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto da presente orde é convocar os Premios Deporte Galego do período 2019 a 2022 (código de procedemento DE401A).
Convocatoria e categorías.
Convócanse os Premios Deporte Galego do período 2019 a 2022, que serán concedidos nas seguintes categorías:
1. Premio á mellor deportista feminina.
2. Premio á mellor deportista feminina con discapacidade.
3. Premio ao mellor deportista masculino.
4. Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade.
5. Premio deportista revelación.
6. Premio ao mellor equipo feminino.
7. Premio ao mellor equipo masculino.
8. Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade.
9. Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base.
10. Premio ao/á mellor adestrador/a.
11. Premio ao/á mellor árbitro/a xuíz/a.
12. Premio ao mellor labor informativo.
13. Premio ao mellor evento deportivo.
14. Premio ao patrocinio deportivo.
15. Premio xogo limpo.
16. Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
17. Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
18. Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
Xunto a estas categorías, por proposta e por resolución do xurado, poderán outorgarse mencións especiais.
As entidades deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os concellos galegos, así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada radicados na Comunidade Autónoma, os membros do xurado e as persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego, empregando o anexo que se xunta a esta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar
Rúa Madrid, nº 2-4, 2º (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996369
Fax: 881996346
Email: subdireccion-plans-programas.pr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/02/2023 00:00 - 20/02/2023 23:59
O prazo para a presentación de candidaturas rematará aos dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta orde.
A presentación de candidaturas implica a total aceptación desta orde ou do resultado do xurado.
Presentación de candidaturas.
1. Os propoñentes poderán presentar unha candidatura por categoría.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, que se inclúe como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa propoñente.
b) NIF da entidade propoñente.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de febreiro de 2023 pola que se convocan os Premios Deporte Galego do período 2019 a 2022 (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2023).
-
Resolución do 8 de marzo de 2023 pola que se fan públicos os Premios Deporte Galego do período 2019 a 2022 (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación ou baixa no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Aberto todo o ano
Comunicación para a inscrición no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Aberto todo o ano
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano