Guía de procedementos e servizos

DE402A

Subvencións a federacións deportivas, clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 24/09/2021 00:00 - 25/10/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

1. O obxecto destas bases é establecer o réxime das axudas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19.

2. O réxime xurídico das subvencións contidas na presente norma está constituído pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e as bases aprobadas pola presente resolución. No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).

3. As subvencións concedidas conforme as presentes bases outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.

Poderán ser beneficiarias das presentes subvencións:

a) Das axudas da liña I (axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional) os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas polas respectivas federacións deportivas da súa respectiva modalidade deportiva, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou 2021.

b) Das axudas da liña II (axudas para a compensación de minoración de ingresos), os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas pola federación deportiva española da súa respectiva modalidade deportiva, así como os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas ou seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais nas categorías absolutas previas á estatal, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou en 2021.

c) Das axudas da liña III (axudas ás federacións deportivas galegas), as federacións deportivas galegas que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e que, co fin de facilitar a celebración de competicións na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos, 2020 ou 2021, segundo a modalidade de competición da respectiva federación, minoranse as cotas de inscrición (cota de inscrición de cada club e, se é o caso, dos respectivos equipos) nas súas competicións oficiais.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Madrid, 2º Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881-996365

Email: subdireccion-plans-programas.pr@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Deporte da Coruña

Praza de Agustín Díaz, 1 (Complexo deportivo Elviña)

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881-960772

Email: deportes.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Deporte de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982-294559

Email: deportes.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Deporte de Ourense

Avda. da Habana, 79

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988-386044

Email: deportes.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-9º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986-803926

Email: deportes.pontevedra@xunta.gal

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: PECHADO

24/09/2021 00:00 - 25/10/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:

– Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).

– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

2.  Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

a) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia nos que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que foran sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.

c) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen as persoas deportistas por razón de xénero.

d) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no momento da solicitude.

e) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan actualizados os datos da súa xunta directiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, no momento da solicitude.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se inclúe como anexo I, dirixida aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da provincia onde teñan o seu domicilio.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Todas as solicitudes deberán de presentar:

– Poder de representación, no caso de que non sexa a persoa presidenta da entidade quen actúe como persoa representante na tramitación deste procedemento.

b) Para a liña de actuación I:

– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a da entidade, no que conste o número total de deportistas con licenza federativa que participen nas competicións oficiais de ámbito autonómico na tempada 2019/2020, 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, e/ou certificado no que conste o número total de deportistas con licenza federativa que participen nas competicións oficiais de ámbito estatal non profesional na temporada 2019/2020, 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, segundo se establece no anexo II.

c) Para a liña de actuación II:

– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a da entidade, no que conste a minoración de ingresos derivados de billetaría e aboados na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021 segundo se establece no anexo III.

d) Para a liña de actuación III:

– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a, na que se exprese as minoracións aplicadas ás cotas de inscrición na competición oficial autonómica na temporada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, segundo se establece no anexo IV.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Unha vez recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte co obxecto de comprobar que se atopan debidamente cubertas e suficientemente documentadas. Xunto con esta análise, comprobarase se o solicitante acredita o cumprimento dos requisitos establecido no artigo 2.

6. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se lle terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Este requirimento realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015. Esta lista tamén será publicada nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte e dos servizos provinciais de deportes, así como na páxina web http://deporte.xunta.gal/. Poderá tamén requirirse ao solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, en calquera fase del.

Nesta publicación, e con efectos unicamente de publicidade, relacionaranse tamén as solicitudes admitidas que non están suxeitas a emenda e as inadmitidas.

Segundo o disposto no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo de emenda poderase reducir a cinco días hábiles aplicando o procedemento de urxencia, cando razóns de interese público o aconsellen para os efectos da tramitación, resolución e pagamento da convocatoria no exercicio corrente.

 Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e coa Administración tributaria de Galicia.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 184 del 23 de setembro de 2021).

    • Extracto da Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 184 del 23 de setembro de 2021).

    • Resolución do 9 de novembro de 2021, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 220 do 16 de novembro de 2021).

    • Resolución do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a convocatoria para o ano 2021 regulada na Resolución do 14 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 238 do 14 de decembro de 2021).

    • Resolución do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 14 de setembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 240 do 16 de decembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946A

Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano